Wikipedia:Artigo Destacado/Propostas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Votacións
Artigos e imaxes destacadas

Artigo Destacado (Propor·Votar)
Artigo Sobre Galicia (Propor·Votar)
Imaxe da Semana (Propor·Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

[editar] Como engadir unha candidatura a Artigo Destacado

O Artigo Destacado é un artigo que se considera excelente e que se destaca na Portada, polo de agora, cunha periodicidade mensual. Por regra xeral son artigos redactados expresamente para a wikipedia en galego, non traducións, por colaboradores habituais deste wiki. Para propor un artigo como Artigo Destacado este non debe ser necesariamente longo, pero si ser completo, estar ben redactado, sen grallas ortográficas e incluír imaxes, ligazóns externas e bibliografia, se é o caso.

Nota: A secuencia temporal dos artigos está relacionada co resto dos contidos destacados. Por ese motivo, en ocasións concretas pode ser preciso substituír un dos artigos seleccionados por outro.

A continuación siga estes pasos:

I.

Crear proposta

Copie o nome do artigo tras o texto presente na caixa:


II.

Inserir ligazón na páxina de propostas

Inclúa manualmente unha ligazón na cima de Wikipedia:Artigo Destacado/Votacións: Prema aquí e deseguido engada esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Artigo Destacado/Propostas/TÍTULO_DO_ARTIGO}} substituíndo TÍTULO_DO_ARTIGO polo artigo proposto.

III.

Votación

Para realizar o seu voto pode usar algún destes modelos:
  • Concordo. Se está de acordo coa proposta engada {{Concordo}}.
  • Discordo. Se non está de acordo ou en oposición insira {{Discordo}}.
  • Neutro. Se non está en acordo ou desacordo escriba {{Neutro}}.

Ademais diso, tamén pode usar:

  • Comentario ({{Comentario}}).
  • Info: ({{Info}}).
  • Pregunta: ({{Pregunta}}).

Por favor trate de argumentar a súa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o seu acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando se opoña. Teña en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos e non esqueza asinar (con ~~~~).

A votación será aprobada cos 2/3 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 15 días.


[editar] Propostas de artigos

Votacións
Artigos e imaxes destacadas

Artigo Destacado (Propor·Votar)
Artigo Sobre Galicia (Propor·Votar)
Imaxe da Semana (Propor·Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Arquivo de votacións


[editar] Ovo (alimento)

  • Info: Proposto por Prevert. Artigo creado en 2005 que variou substancialmente ata a versión actual na que traballou Lameiro. Completo, documentado con abondosos datos, gráficos e imaxes, referenciado. Inclúe ademais un epigrafe sobre o ovo na cultura popular galega que remite a un artigo propio. --Prevertgl 18:35, 26 abril 2008 (UTC)
  1. Concordo --Prevertgl 18:35, 26 abril 2008 (UTC)
  2. Concordo ainda que no meu gusto iste artigo esquecese da dimension historica (ágas a imaxe !) e da dimension universalista do conocemento. Todo non pode ser perfecto e con todo ten moitas calidades para ir a portada da Galipedia ElviraConversa comigo 16:05, 29 abril 2008 (UTC)
  3. Concordo Moi bo artigo, moi instrutivo. AlberteSi, digame? 12:20, 1 maio 2008 (UTC)
  4. Concordo - Máis só unha suxerencia. No apartado "A avicultura en España", as táboas esas, non sei, lles falta algo de estética. Polo demais, o artigo está perfecto. --Norrin_strange (Talk) 14:52, 2 maio 2008 (UTC)
Ferramentas persoais