Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 22

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36

A Coruña[editar a fonte]

Boas, quería tentar ampliar e mellorar un pouco o artigo da Coruña, polo que me gustaría propoñer varias cousas:

1. O apartado do topónimo é un pouco curto en comparación con outras wikis, o certo é que vendo a wiki en castelán vin que hai (alo menos segundo os editores da mesma) unha chea de hipóteses (algunhas delas referenciadas). Este apartado tamén aparece máis completo na wiki en inglés. Non sei moito do tema, estas hipóteses existen en realidade? Poderíase incluír algo dalgunha destas wikis?

2. Non sei que opinades das enormes listas que aparecen sobre museos, praias, cines, etc. Persoalmente non estou moi a favor deso, prefiro que aparezan os principais redactados e se é o caso facer unha páxina coa lista de lugares de interese da cidade ou algo así.

3. Tamén sobre o apartado de símbolos estaría ben incluír algo da bandeira (na miña opinión), falando da bandeira da provincia marítima e da bandeira da cidade. Sobre esta última teño unha dúbida: a que aparece na caixa de información é fiable? refírome a se aparece reflexado que sexa así nalgún documento oficial, se é así procederei a incluir esa información se ninguén ten ningún problema.

4. Universidade dentro de cultura ou crearemos un apartado de educación? Cértamente non lle vexo sentido a que apareza a Universidade xunto cos espectáculos de música, danza e teatro, mais non hai (ou alo menos non vin en ningún artigo) unha sección adicada á educación. Dentro da sección de cultura poderíanse meter os museos?

5. Cértamente hai contidos do apartado de xeografía da wiki en castelán que parecen interesantes que tratan as catástrofes que tiveron lugar na cidade ou que lle afectaron (Aegean Sea, vertedoiro de Bens, Prestige) Onde se poderían meter estes contidos? en xeografía, nunha sección específica...?

6. Polo que respecta á área metropolitana: eu persoalmente non teño constancia de que exista, de feito o único que me soa son os buses do Transporte Metropolitano de Galicia que comunican a cidade con outros concellos cercanos, non inclúo nada porque neste caso (ao igual que no da bandeira) descoñezo se é ou non.

Pregunto todo esto porque non sei se a comunidade concorda moito co traspaso masivo de contidos doutra wiki á Galipedia. Un saúdo, Piquitoconvesra 12:16, 16 de xaneiro de 2012

Sobre estas cuestións, comento:
1. Hai moitas historias respecto á toponimia, algunhas desas historias sónanme pero non teño a man as referencias e as que aparecen en es:wiki non son moi completas. Habería que atopar máis información referenciada sobre o tema.
2. Estou dacordo en que eses apartados deben estar redactados explicando un pouco os lugares máis importantes e logo ter outro artigo para tratar iso de forma máis detallada. Un bó exemplo deste traballo é o artigo Lugo, que para iso é de calidade :). (Por certo, non ven ó caso toda a información dos concellos limítrofes!)
3. Non atopei información oficial sobre os símbolos da cidade, posiblemente non estén aínda presentados na Xunta de Galicia coma moitos outros. Na web do concello tampouco atopei nada.
4. Sobre os apartados dos artigos de localidades temos o Wikipedia:Modelo de concellos, que se queremos pode debatirse máis para melloralo.
5. A información sobre os "Desastres ecolóxicos" ocorridos na cidade non debería faltar, tes razón. Según o modelo que comentei enriba, quizáis estaría ben engadir esa información nun subapartado da sección "Patrimonio natural".
6. Oficialmente creo que aínda non hai ningunha área metropolitana en Galicia, polo menos que esté agora mesmo en funcionamento. Creo que o único oficial que hai é a comarca da Coruña.
Sobre o traspaso de contidos doutras wikis, coma todo, hai que facelo con xeito. Os contidos que non teñan referencias terán que revisarse e no caso de que ofrezan dúbidas haberá que prescindir deles, e os contidos que teñan referencias haberá que comprobalos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:16, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
Concordo contigo no das fontes sobre o topónimo... o certo é que non teño nin idea do tema (por eso preguntaba, por se alguén con máis idea se animaba a incluílo con coñecemento de causa) nin teño fontes que podan ser fiables (o certo é que non sei nin onde mirar). Sobre o punto 2 tratarei de traballar nelo, xa que tal como está é un desastriño e o dos concellos limítrofes opino o mesmo que ti (se o artigo é da Coruña non é de Oleiros nin de Sada). Sobre o da educación, o proporei no modelo de concellos, porque a verdade é que están conectados pero non lles acabo de ver tanta conexión como para que estean no mesmo. Tratarei de crear nun futuro espero que non moi lonxano o apartado dos desastres naturais, xa que forman parte da historia da cidade e coido que sería un erro non incluír. Se non hai nada oficial sobre a área urbana deberíanse eliminar tódalas referencias á mesma no artigo (museos, praias, cines...), porque ademáis están de máis. Piquitoconversa 20:15, 16 de xaneiro de 2012

Revogacións/Usuario:Sobreira[editar a fonte]

Abriuse unha votación sobre a revogación dos permisos de administrador de Sobreira en: Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Sobreira. --. HombreDHojalata.conversa 17:50, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

Creación dun programa de titoría[editar a fonte]

Veño desta volta a propoñer que na Galipedia fagamos un programa de titoría a semellanza do que hai na wiki en castelán ou en inglés e outras wikis máis. A idea do proxecto é facilitar ó máximo posible a adaptación de novos editores ás políticas, ferramentas, libro de estilo e costumes da Galipedia. A base desta proposta é que usuarios experimentados se ofrezan voluntariamente nesta páxina para facer de titores e axudar ós novatos que o soliciten prestándolles axuda directa continua e facéndolles un seguimento especial, mentres o precisen, para tentar que a súa integración na Galipedia sexa o máis positiva posible. Penso que esta é unha forma moito máis amable de introducirse no proxecto, un titor que segue os teus pasos, ó que lle podes preguntar sen reparos e que terá bastante experiencia coa Galipedia penso que pode axudar a integrar de forma máis rápida e moito máis doada ós novos editores.

Realmente non hai moito que facer, só unhas páxinas para organizar o tinglado, engadir ligazóns nas páxinas de axuda e de recursos, e conseguir usuarios que estean dispostos a ter a carga extra das titorías. Se estades dacordo en montar isto eu ofrézome para ir facendo esas páxinas adaptando para aquí as da wiki en castelán e inglés. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:01, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Paréceme boa idea e ... a mandar, Elisardo, que pa iso estamos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:05, 26 de xaneiro de 2012 (UTC)
A ver se se anima alguén máis porque se estamos só ti e máis eu a cousa ía ser un pouco pobre... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:26, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

E logo que?, que vos parece este conto?, vale ou non vale?. Gustaríame saber se hai comentarios en contra, ou máis a favor e comentarios de mellora, porque facer propostas para unha parede non é moi agradabe... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:51, 30 de xaneiro de 2012 (UTC)

Eu dou o meu apoio para calquera cousa relacionada con isto, se necesitades axuda. Pero non me podo comprometer a ser o titor de ninguén. En calquera caso, sempre é bo que os novos teñan estas facilidades, que os inicios sempre son máis complicados. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:22, 30 de xaneiro de 2012 (UTC)
A idea non me acaba de convencer, por dous motivos. Por unha banda, penso que non é necesario, porque co ritmo de chegada de usuari@s nov@s, apañámonos tal e como se fixo ata agora sen programa de titorización. A min fóronseme explicando as cousas entre varias persoas, o cal está relacionado co outro motivo.
Unha persoa soa non é capaz de axudar ás persoas novas en todos os aspectos. Cando alguén me pregunta unha dúbida, en ocasións son capaz de resolvela, pero noutros casos derívoa a outros usuarios con máis coñecementos en campos concretos (licenzas de imaxes, categorizacións, uso de modelos...). E sería un lío crear un programa de seguimento de usuari@s nov@s no que unha persoa teña que facer de centralita, poñendo en contacto a varias persoas.
Porén, vexo que pode ser útil á hora de crear unha folla de ruta para guiar a aprendizaxe, se ben esta non debe ser totalmente impulsada por usuari@s veteran@s, senón feita de forma intuitiva pola xente nova. Non obstante iso, seguirei pendente das edicións d@s nov@s colaborador@s e intentando axudar na medida do posible, claro. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:02, 30 de xaneiro de 2012 (UTC)
Na proposta anterior faltoume comentar un detalle, faltoume dicir que vexo ese proxecto como unha base para o outro proxecto que está medio proposto na sección de novas: chegar ós 100.000 artigos para o décimo aniversario da Galipedia tentando manter o nivel de calidade. Nesa proposta, que aínda ten que madurar un chisco, a idea é aproveitar a chegada destes dous fitos para facer publicidade do proxecto e tentar achegar máis colaboradores á Galipedia. Se este proxecto saíse ben, deberíamos conseguir algúns novos usuarios que penso que debemos tentar facilitar todo o posible o seu achegamento á wiki para conseguir que o menor número posible abandonen antes de implicarse un pouco dentro dela.
Desde o meu punto de vista comezar a introducirse na wiki non é tan doado como debería, escribir algo que non se sabe como vai quedar, ter que aprender a comunicarse nas conversas, e outros detalles máis, se todas esas cousas llas imos contando en directo ós que o precisen que fará que o seu achegamento á Galipedia sexa máis sinxelo e por tanto será máis probable que queden máis.
Sobre o de que unha persoa soa non pode resolver tódalas dúbidas é ben certo, pero tampouco é o que pretende este proxecto, a titoría é para axudar ós novos a comezar a afacerse coas ferramentas, usos e costumes habituais da Galipedia, despois diso xa terán que voar sós e votarse polas páxinas de axuda e conversa adiante :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:59, 1 de febreiro de 2012 (UTC)
De acordo con Estevo. En todo caso, grazas Elisardo por estares aí, ao pé do canón, propondo novas vías para mellorar o desenvolvemento da enciclopedia. Temos demasiadas frontes abertas como para enlearnos cun programa de titorías, ao cal non acabo de lle ver a utilidade real. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:55, 1 de febreiro de 2012 (UTC)

Brigantium[editar a fonte]

Ola, acabo de procurar o artigo sobre Brigantium e, para o meu asombro rediríxeme cara o artigo A Coruña. Segundo teño entendido as fontes son moi contradictorias e a tal Brigantium podería ter estado en multitude de sitios, entre eles o da Coruña, cousa que me choca, xa que o lóxico é que se os habitantes de Betanzos son chamados brigantinos, ao meter Brigantia se redirixira cara Betanzos e non cara á Coruña como ocorre na Galipedia. Penso que o mellor sería eliminar esa redirección e crear un artigo correspondente a Brigantium no que se falara dos emprazamentos posibles da cidade e do que se puidera falar, que a verdade é que non sei moito do tema nin teño bibliografía, mais se alguén se animara a creala... Tampouco sei se a tal Brigantium ten relación con Brigantia. Que opinades do tema? Saúdos, Piquitoconversa 16:16, 26 de xaneiro de 2012

Concordo, tamén penso que esite o material para un artigo Brigantium, cando traballei un pouco sobre as calzadas romanas en Galicia para a wiki en francés, habiaseme occurido para Galipedia, pero sempre atraco co problema da lingua. Na wiki en inglés teñen w:en:Brigantium en páxina de homonimía e w:en:Brigantia (goddess) para cidade de Galicia; na wiki en francés w:fr:Brigantium esta en #REDIRECCIÓN[[Bregenz]], e logo cada lingua ten cousas mais ou menos diferentes, e nalguns casos que non corresponden entre si. A ver si, co tempo e seria pola segunda metade do mes de febreiro, metome con alghuna fonte acreditada, si non se puxo outro, e nise caso, permitireime Piquito de irche pedir de revisar o artigo para amañar polomenos o galego. Estaria ben de ter o artigo para retirar a #REDIRECCIÓN[[]] cara A Coruña que non ten mais fondamento que si fose cara Betanzos, e nas dúas cidades podese por a ligazón interna. --Elvira (fálame) 00:22, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)
Fixen un artigo con contido semellante ao da GEG. Agora teño que marchar... seguimos a falar--. HombreDHojalata.conversa 09:00, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)
Agora habería que crear un que sexa algo así como Brigantium (cidade) ou algo así. Eu non teño ningunha fonte fiable nin sei ónde podo mirar que sexa realmente fiable, se Elvira se anima a facela eu non terei ningún problema para mirar aspectos de lingua cando o teña rematado. Un saúdo, Piquitoconversa 12:56, 31 de xaneiro de 2012
Finalmente deixo:
Para mín vai ven o que fixo HombreDHojalata, tamén é posible que, por demais sexa útil Brigantium (cidade), nise caso engadese na páxina de homonimos. Teño que repasar as fontes segundarias que teño, pero vai mui ben ter tamén os artigos que propóñes HombreDHojalata. Voume botar con pracer, xa que conto coa axuda de Piquito, pero non pode ser illico presto.--Elvira (fálame) 01:11, 2 de febreiro de 2012 (UTC)
Feito! Artigos enviados por correo--. HombreDHojalata.conversa 23:01, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

E Brigantia? Recóllese independentemente ou en Brigantium (homónimos)?
Entendo que Brigantium é o noso (descoñecido) Brigantium. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 00:17, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Brigantium e Brigantia, toponimos latinizados do celta son o mesmo que sexa no norte da peninsula iberica ou noutras partes do imperio romanano. Logo Brigantia tamén refirese a diosa. Logo poderase faczer outra páxina de homonimia para Brigantia que leve o toponimo e a diosa. A diferencia que se debe facer, recollina, en primeiro, no dicionario de Wencelas Kruta. --Elvira (fálame) 08:11, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Proposta para chegar aos 100 000 no 2012. Reproposta: os 100 000 artigos para o décimo aniversario[editar a fonte]

Moi boas, non sei se é a euforia do momento ou deformación profesional, o caso é que estiven facendo algúns números coa fin de facer unha folla de rota que nos permita chegar aos 100 000 artigos no ano que vai comezar (a cousa é doada pois o ano é bisesto, temos un día máis!). Explícome, como andar comprobando día a día se estamos cumprindo o obxectivo é un pouco tedioso, é mellor poñer fitos no camiño, digamos, cada 2000 artigos. Dividimos o ano en dez partes, o que nos dá 36,6 días para facer 2000 artigos, digamos cada 36 días. Deste xeito, esta sería a folla de ruta:

  1. 82 000 artigos o 5 de febreiro.
  2. 84 000 artigos o 12 de marzo.
  3. 86 000 artigos o 17 de abril.
  4. 88 000 artigos o 23 de maio.
  5. 90 000 artigos o 28 de xuño.
  6. 92 000 artigos o 3 de agosto.
  7. 94 000 artigos o 8 de setembro.
  8. 96 000 artigos o 14 de outubro.
  9. 98 000 artigos o 19 de novembro.
  10. 100 000 artigos o 25 de decembro. E inda nos sobran 6 días!

Que? Apuntádesvos? Ou pensades que estou soñando? Se vos parece moi ambicioso, podemos rebaixar a cifra, mais iso sempre se pode arranxar segundo vaia a cousa. Xa me contaredes,--Xosé Antonio (fálame sempre) 16:52, 31 de decembro de 2011 (UTC)

Soñar non custa nada! Este ano fixemos 14 000 artigos novos, aumentar o ritmo para conseguir 6000 máis supón ter que crear uns 16 ou 17 artigos máis ao día. A medida que o proxecto medra e chegan novas incorporacións de novos usuarios é posible, por que non? E sempre podemos facer algunha maratón durante o ano! :P --Toliño Fala aquí comigo 18:40, 31 de decembro de 2011 (UTC)
Eu véxoo posible, realista. E quizais sexa bo marcarnos eses fitos parciais para motivarnos máis. Unha pega: que non nos vai quedar tempo para repasar e corrixir, que tamén é necesario. Pero somos cojonudos e poderemos facer as dúas cousas para seguir medrando en cantidade e calidade. ¡A por eles! (e Feliz Ano). Pedro --Lameiro (conversa) 19:31, 31 de decembro de 2011 (UTC)
Eu non o vexo posible en absoluto, e iso que son dos que fai artigos novos con moitísimo gusto. Ademais, non me parece boa idea se non vai da man da corrección. De feito, reparade en que a media de edicións por páxina baixou en cousa dunha semana de 13,17 a 13,15 cando nun ritmo equilibrado de crecemento esa media sempre debe de ir a máis e nunca a menos, ou dito doutra forma, fixemos demasiados artigos para a atención que lles prestamos no coidado posterior. En todo caso, se o vedes viable, adiante. Por suposto, se o conseguimos sería a bomba lironda. Eu, pola parte que me toca, tratarei de este ano estar un pouco a todo. Como di Toliño: todo vai depender das novas incorporacións. Duro coa redacción! --Atobar (conversa comigo) 19:47, 31 de decembro de 2011 (UTC)
  • Ben, a tarefa é complicada mais non imposíbel. De acordo en que os administradores non podedes esquecer o labor da corrección, iso é primordial se queremos ter artigos de calidade. Pero tamén é certo que o crecemento no mes de decembro foi espectacular con máis de 2 200 artigos feitos. Como levo pouco tempo, non sei se ese aumento ocorre en todos os decembros. Non é necesario chegar a esa cifra, con facer 1600-1700 artigos mensuais, lonxe dos acadados en decembro, pódese lograr o obxectivo. Hai que ser optimista, de feito onte e hoxe redactáronse máis dos artigos diarios necesarios. Pois nada, xa me poño a elo!--Xosé Antonio (fálame sempre) 22:35, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
Exemplo dun posible cartel de promoción, poden facerse outros polo estilo.
Xosé, a labor de corrección faise entre todos, dende amañar un erro ortográfico ata axeitar un artigo ó libro de estilo, tódalas aportacións que axuden ó artigo fan que pouco a pouco aumente a súa calidade e tamén a media de edicións. A verdade é que a idea de chegar ós 100 000 xa a levaba tempo na cabeza e ti adiantáchesme, alédome de que penses o mesmo ca min :).
O que pasa é que eu tiña unha proposta un pouco diferente. Para o ano que ven a Galipedia cumple 10 anos, o 8 de marzo do 2013, e poderíamos xuntar as dúas cousas para ter un pouco máis de publicidade. E ademais así teríamos un pouco máis de tempo. O que tiña pensado era algo parecido ó que dixo Xosé de facer unha folla de ruta, pero con algo máis. Podemos calcular os artigos que debemos ter a final de cada mes, así que unha boa opción sería a final de mes revisar se se chegou a esa cifra e no caso de que non convocar durante unha semana, ata que se alcance o obxectivo, un maratón de creación de artigos (cun aviso no comezo das páxinas como fixemos para os 80 000). Con isto iríamos controlando mes a mes o avance e axustando a creación dos artigos.
Pero despois do que dixo Atobar tamén me decatei de que isto non o podemos facer a calquera prezo, debemos, e podemos, seguir mantendo o noso nivel de calidade. ¿E como o podemos facer?. Do mesmo xeito que controlamos o número de artigos podemos controlar tamén mensualmente a media de edicións e se un mes a media baixa dunha cifra, por exemplo do 13,5, entón na maratón tamén habería que facer revisións para aumentar ese número. A folla de ruta que propoño sería de facer 1430 artigos ó mes mantendo a media de edicións:
  1. 81 430 artigos o 8 de febreiro.
  2. 82 860 artigos o 8 de marzo.
  3. 84 290 artigos o 8 de abril.
  4. 85 720 artigos o 8 de maio.
  5. 87 150 artigos o 8 de xuño.
  6. 88 580 artigos o 8 de xullo.
  7. 90 010 artigos o 8 de agosto.
  8. 91 440 artigos o 8 de setembro.
  9. 92 870 artigos o 8 de outubro.
  10. 94 300 artigos o 8 de novembro.
  11. 95 730 artigos o 8 de decembro.
  12. 97 160 artigos o 8 de xaneiro de 2013.
  13. 98 590 artigos o 8 de febreiro de 2013.
  14. 100 020 artigos o 8 de marzo de 2013, sobran 20 artigos e fanse os 10 anos da Galipedia!
A maiores disto o que me gustaría propor era que se fixeran algunhas actividades (tanto na wiki coma fora dela) durante este ano aproveitando este "reto" e o tirón do décimo aniversario para tentar conseguir máis editores. A única forma de medrar sen que a calidade se resinta é que máis xente participe,.
Podiamos ir pensando xa, e preparando, algunha cousa para o vindeiro aniversario do día 8 de marzo no que o proxecto fará nove anos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:09, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
Paréceme moi boa idea a de facer coincidir o 10º aniversario coa chegada aos 100 000 artigos por todas as razóns que expón Elisardo. Ademais, ao termos máis tempo, a cousa é máis doada de acadar. Polo tanto, retiro a miña proposta e apoio incondicionalmenta a de Elisardo. O cartel tamén está moi logrado! Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 01:35, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

Preparación do noveno aniversario[editar a fonte]

O 8 de marzo que ven será o noveno aniversario da Galipedia, estaría ben ir pensando algunha cousa para facer ese día. Se organizamos o tinglado con tempo podemos facer un pouco de publicidade e mandar avisos a xente que poda estar interesada para tentar que algúns se vaian achegando ó proxecto. ¿Algunha idea do que se pode facer?. O ano pasado fixemos un reto para conseguir superar as 5.000 edicións nun día e outro para superar os 500 artigos novos nun día, ¿cal será novo reto?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:56, 3 de febreiro de 2012 (UTC)

Baleirar isto? --. HombreDHojalata.conversa 21:29, 5 de febreiro de 2012 (UTC)
Moi boa idea. --Atobar (conversa comigo) 22:07, 5 de febreiro de 2012 (UTC)
É unha boa idea pero eu pensaba en algo máis sinxelo para tentar achegar xente que non esté na Galipedia, e comezar a facer artigos, moitos deles de 0 é unha tarefa para usuarios avanzados. Unha tarefa moi sinxela quizais podería ser revisar os erros ortográficos desta lista, pero habería que buscar unha forma de cuantificalo para que poda facerse algo máis visual que anime á xente... É coma nos outros retos, 5.000 edicións, 500 artigos novos, son obxectivos moi claros de entender e que a xente pode seguir e ver cómo evolucionan e con iso xenérase, penso, máis interés... E con iso tamén aumentaríamos un pouco a profundidade da Galipedia que nos últimos meses está un pouco amouchada.
Ocórreseme agora que podiamos facer unha sublista desa, seleccionando os erros ortográficos máis claros e sinxelos de correxir e presentar ese día coma o día de correxir a Galipedia. Podemos facer unha estimación das palabras con erros que hai nesa lista e tentar amañalos todos nese día. As estatísticas para que saisen no cabeceira dos artigos teríamos que facelas a man pero non será moito choio e pode quedar unha cousa bastante bonita. En canto poda fago unha páxina de exemplo, ide pensando o que vos parece a cousa, isto podería difundirse nos institutos e noutras asociacións e ó mellor vaise animando a xente.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:06, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Fixen a páxina do I día da Galipedia limpa!!, a ver o que vos parece. Esa é a idea básica, que seguro que podemos pulir entre todos (canto máis afinemos as buscas, usando o buscador avanzado de Google, máis doado será para os usuarios noveis que participen e mellores resultados conseguiremos para a Galipedia), e logo habería que aumentar esa lista con máis erros similares ata chegar a ter un total de..., o que queirades, se queredes poñemos 5.000 coma o ano pasado, ou se queredes poñemos 5.555 para subir un pouco máis o nivel... ;) Pero a idea é que aproveitemos esta ocasión para darlle un pouco de bombo ó proxecto nos medios de comunicación e tamén noutras comunidades que poderían achegar os seus coñecementos á Galipedia, sobre todo pensando nos centros de ensino. Xa sei que moitas destas substitucións poderían facerse con bots pero as que estean nese caso non as poñemos na lista, só poñemos as que sexan máis complicadas de amañar de forma automática (de tódolos xeitos tampouco hai moitos bots que se adiquen a estas tarefas así que...). Comentade o que vexades, eu vou tentar facer un carteliño para isto, tódalas suxestións son benvidas, para o carteliño, para o nome do reto, para as listas, para todo!! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:24, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Ocórrenseme outros nomes para este tinglado: I limpeza ortográfica da Galipedia ou I Mantén limpa a Galipedia! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:20, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Outra cousa que se me ocorreu foi que se facemos este reto e o organizamos un pouco, poderíamos tentar picar alto. Explícome, poderíamos mandar correos, a parte dos medios de comunicación para que difundan o reto, a institucións relacionadas co galego para pedir o seu apoio, soporte, axuda na difusión, etc. Estou falando da RAG, e o Consello da Cultura Galega, por exemplo, ou outros organismos que se nos ocorran. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:26, 7 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Pódense facer varios retos distintos, que tamén é outra. A min persoalmente o de limpar de erros a Galipedia como reto non me chama, mentres que a proposta de crear artigos solicitados si. Canto ao formato do reto, eu non o complicaría (porque é probable que finalmente esteamos os de sempre) e limitaría a cousa ás canles habituais, sen facer chamametos á RAG, Consello da Cultura e demais. --Atobar (conversa comigo) 18:23, 16 de febreiro de 2012 (UTC)
Teño outra proposta ;). Non sei que vos parecerá pero vai aí: que tal organizar un evento de a Galipedia retrata a un concello?. A idea é decidir entre todos un concello que nos pareza ben e todos os que podan van alí e fan fotos de todo o que se mova de forma organizada. Aproveitaríamos tamén para facer unha xuntanza e falar das cousas que se nos ocorran. Se nos poñemos dacordo a tempo podemos contactar coa xente do concello para tentar que nos faciliten o acceso ós museos, igrexas e lugares interesantes do sitio... Isto tamén podería achegar a xente interesada á fotografía que sempre ven ben. Pero señores, pasen e voten ou comenten que o tempo xa vai chegando :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:03, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
Unha proposta de póster para o evento, pódese enviar o ficheiro ós centros cos que se contacte para que o den a coñecer. Habería que facer unha páxina de seguimento do evento similar a esta, e se queremos podemos axeitar máis o texto.

A proposta de facer o reto da limpeza ortográfica ten varias razóns principais: unha, aumentar a calidade da Galipedia amañando eses detalles que falta fai, dúas, organizar unha actividade sinxela de facer para calquera nivel de wikipedista, e tres, aproveitar para tentar achegar o proxecto a novos usuarios (por iso ten que ser unha actividade sinxela de facer). É ben certo o que di Atobar de que é unha actividade que non atrae moito, pero hai que facela e se ó facela así conseguimos un pouco de axuda, pois mellor que mellor, non?. Hoxe ocorréuseme outra idea, a ver o que vos parece. Podemos contactar cos departamentos de normalización linguística dos Institutos e comentarlles a actividade por si queren promocionala nos seus centros. Pode ser interesante para eles, perfeccionamento do galego, uso de novas ferramentas, etc. Eu ata me ofrecería a ir dar algún obradoiro de edición nalgún instituto que me quedara perto e que quixera apuntarse á iniciativa, e se alguén máis se anima poderíamos facer unha pequena rede de obradoiros para este reto.

A actividade proposta por HombreDHojalata podemos facela tamén, pero plantexándoa coma un reto interno da Galipedia, un reto para nós, e organizala o seguinte fin de semana, por exemplo. Pois iso, vós decidides, un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:37, 18 de febreiro de 2012 (UTC)

Hai que irse decidindo xente, comentade as propostas e/ou votade o que vos pareza mellor, canto antes demos a coñecer o evento máis seguimento terá. Fixen un póster para anunciar o I Día de limpeza da Galipedia que pode retocarse co que vexades :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:15, 22 de febreiro de 2012 (UTC)
Como contribución ao noveno aniversario da Galipedia o xoves 8 de marzo tentarei crear 100 artigos de lugares dun concello de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:49, 3 de marzo de 2012 (UTC)
Eu tirarei pola proposta de HombreDHojalata, a de crear os artigos solicitados. --Atobar (conversa comigo) 00:19, 4 de marzo de 2012 (UTC)

Vaise publicar un logo co gallo da conmemoración dos 9 nove anos? Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:54, 6 de marzo de 2012 (UTC)

  • Carguei unha modificación do logo co gallo do aniversario co único propósito de colocalo durante unha semana na miña páxina de conversa. Como o ficheiro do logo non é unha imaxe coa que se deban facer probas nin experimentos non quero facer nada que non sexa apropiado. Só lle coloquei unha lenda nunha data tan sinalada. Se a carga transmite a idea de que se poden facer no logo as modificacións que se queiran por favor que un administrador borre o ficheiro de inmediato. No caso de quedar como é un logo Wikimedia que ten copyright e a mudanza non ten nada salientable prefiriría que se bórrase ao cabo dunha semana. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:43, 7 de marzo de 2012 (UTC)

Banda deseñada[editar a fonte]

Recupero unha mensaxe de outubro de 2009 en Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Arte e Cultura:

Aínda que fun eu quen andou desenvolvendo as categorías da rama Cómic neste momento penso que me trabuquei na elección do nome e deberían moverse a Banda deseñada. Se estades de acordo podo poñer o bot a movelas.

En outubro de 2010 na conversa da categoría cómic tamén falaron diso na mesma liña. Reitero a proposta de mover todas as categorías que inclúan a palabra cómic a banda deseñada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:00, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Adiante! grazas. --. HombreDHojalata.conversa 23:16, 9 de marzo de 2012 (UTC)
De acordo. --Xas (conversa) 23:22, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Perfecto, boa idea!!. --Piquitoconversa 17:17, 10 de marzo de 2012
  • Feito. Categoría Cómic trasladada a Banda deseñada por acordo de catro colaboradores nesta páxina, dous na conversa da antiga categoría Cómic e un na conversa da antiga categoría Personaxes do cómic. Ninguén en contra. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:33, 16 de marzo de 2012 (UTC)

Novo campo no modelo Parroquia[editar a fonte]

Revisando as mudanzas dun usuario nas imaxes da caixa de información que se insire nas parroquias co modelo {{Parroquia}} semella necesario incluír un novo campo (condicional para que só apareza cando se dispoña dos dous ficheiros: fotografía e mapa) para o mapa de situación. Así poden mostrarse os dous ficheiros do mesmo xeito que en {{Concello}}, coa diferenza de que en Concello temos todos os mapas de situación e xa se insire por omisión sen necesidade de escribilo. Propoño que se aprobe a devandita modificación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:52, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Volvo repetir a proposta porque ao mesmo tempo que se insire o campo ano no modelo {{Parroquia}} igual que se fai en {{Lugar}} (para clasificar automaticamente na categoría oculta Nome_concello poboación ano) pódese aproveitar para facer este cambio. Facelo á vez evita duplicar o traballo. Agradecería algunha intervención a favor ou en contra para saber se se pode comezar coa mudanza ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:44, 18 de marzo de 2012 (UTC)
Eu estou dacordo, unha imaxe no modelo sempre queda ben, e se tamén temos un mapa de situación penso tamén debe ir no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:51, 18 de marzo de 2012 (UTC)
De acordo. Saúdos --Xas (conversa) 22:05, 18 de marzo de 2012 (UTC)
Feito. O campo chámase mapa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:59, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Novas políticas[editar a fonte]

Gustaríame pedir a participación da comunidade nas conversas dos seguintes proxectos de políticas: Wikipedia:Política de protección e Wikipedia:Conflito de intereses. Toda achega é benvida antes de pasar á votación para facelas oficiais. Coido que debemos ir con máis tino coa segunda, de modo que cantas máis opinións haxa, mellor poderemos consensuar o texto final. Saúdos e grazas! --Toliño Fala aquí comigo 15:02, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Moitas grazas Toliño polo traballo de preparación. --Elvira (fálame) 21:01, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Abríronse as votacións para a aprobación ou rexeitamento destas dúas políticas. Os usuarios que cumprar os requisitos poden exercer os seus votos.

Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:41, 1 de xuño de 2012 (UTC)

Ligazóns ó Galizionario[editar a fonte]

Boas. A ver se a alguén lle interesa esta tarefa. Existen na Galipedia moitas ligazóns rotas cara o Galizionario, a maioría debidas a unha maiúscula: desde hai 6 anos os wiktionaries distinguen as iniciais maiúsculas das minúsculas no título dos artigos. Supoño que naquel momento non se correxiron as ligazóns con maiúscula da Galipedia que levaban a artigos con minúscula do Galizionario, e o tema quedou mal ata hoxe (p.ex.: en Silleda, Silledense). Outros artigos conteñen ligazóns frustradas (p.ex. Rodeiro). E outras ligan con artigos inexistentes (p.ex.: en Ames, Amiense).
Un bot seguramente aforrase moito traballo de corrección. Quizá sexa preciso tamén modificar os modelos {{Concello info}}, {{Concello galegofalante info}} / {{Concellos galegofalantes info}}. Quen se anima? [ Furagaitas * ] 21:42, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Pola miña parte cando edite nunha páxina que teña unha ligazón ao Galizionario tentarei lembrar esa corrección. No caso dos concellos probei a facelo desde o propio modelo pero non funcionou. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:06, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Corrixidas as ligazóns ó Galizionario. Algúns dos artigos que levan o modelo {{Concello}} teñen ligazóns baleiras, do tipo wikt:. Non é posible non poñerlles xentilicio, xa que a correspondente variable é requerida sempre. Habería que borrar as ligazóns wikt:, modificar o modelo para que non amose o parámetro baleiro, e xa de paso, fusionar os diferentes modelos de concello existentes. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 14:13, 12 de xuño de 2012 (UTC)

Modelo xeral[editar a fonte]

Estou a ver en diferentes wikis, especialmente aquelas con máis artigos, que empregan un modelo como base para a creación do resto de modelos que se empregan na wiki (exemplo na wiki castelá). Acho que isto permite ter aos modelos un aspecto unificado e facilita a creación de novos modelos coa simple tradución dun doutra wiki. Entendo que é unha tarefa pouco agradábel, pero tamén entendo que antes o despois teremos que facer o mesmo nós. Como o vedes? --Norrin_strange (Fala-me) 16:56, 16 de marzo de 2012 (UTC) PD: E xa que estamos, gustaría de sacar outro tema: o emprego do "Modelo:Concello de Galicia" fronte a un modelo xeral para calquera municipio de calquera país. Penso que non ten moita lóxica nunha enciclopedia que aspira a ser global. --Norrin_strange (Fala-me) 16:58, 16 de marzo de 2012 (UTC)

Estou dacordo en que sería boa idea ter un modelo xeral e usalo para crear modelos futuros, o que non teño tan claro é que pague a pena cambiar os modelos que xa están en uso, a non ser que os cambie un bot... Sobre o modelo de Concello de Galicia non atopei ningún con ese nome, atopei o Modelo:Concello, o Modelo:Concello info que é unha redirección ó anterior, o [[Modelo:Concello info1]] que só se usa nunha subpáxina de usuario, o Modelo:Concello galegofalante info e o Modelo:Concellos galegofalantes info que está proposto para fusionar co anterior. Supoño que te refires a estes dous últimos modelos. Eu voto para que tódolos concellos, sexan de onde sexan, leven o Modelo:Concello, se fai falta engadirlle algo penso que non haberá problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:03, 17 de marzo de 2012 (UTC)

Personalidades da ópera[editar a fonte]

Boas, quería propoñer a posibilidades de eliminar a categoría personalidades da ópera da propia categoría ópera para facilitar o acceso a categorías como cantantes ou compositores (ás cales se chegaría directamente dende a categoría principal). Noutras wikis grandes faise deste xeito, aínda que esta categoría é moi pequena polo momento espero que pouco a pouco vaia medrando, e na miña opinión é máis sinxelo ir diréctamente ao que buscas dende a categoría principal. Con esto non quero dicir que se elimine a categoría, penso que estaría mellor en personalidades da música. Que opinades? Saúdos, Piquitoconversa 18:06, 20 de marzo de 2012

Cando se deseñou o sistema de categorías tentouse facer un esquema que funcionase no conxunto das categorías que non se limitara a unha organización funcional coas categorías que foran nacendo unha a unha (nalgunhas categorías raíz conseguíuse). Con ese punto de partida a clasificación en Personalidades daquela pensouse como un sistema coherente e unitario, de xeito que segue o mesmo esquema en todas as categorías raíz (excepto nos casos en que haxa erros). Un cambio na clasificación nunha das ramas afecta ao resto da clasificación de Personalidades. Por outra banda, na rama Música non fomos quen de aplicar ese concepto e non puidemos acordar un esquema para a categoría, quizais por ese motivo para chegar á categoría Ópera hai que seguir, na miña opinión, demasiados pasos. Paréceme que aínda que leve tempo sería interesante tentar repensar as pólas desta categoría antes que modificar Personalidades. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:19, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Non considero que o problema sexan as personalidades ou que esta categoría deba desaparecer, o que propoño é que dentro da Categoría:Ópera os compositores e os intérpretes aparezan en categorías independentes e non na Categoría:Personalidades da ópera (que eu incluiría dentro da Categoría:Personalidades da música). O que eu vexo clarísimo é que hai que reorganizar por completo, ou case, a categoría música, xa que neste caso o único xeito de chegar a ópera é dende musicoloxía, pasando por teoría musical, xéneros musicais, música clásica e finalmente ópera... moitos pasos con relacións moi forzadas ao meu parecer. Neste caso o que se debate é o caso das personalidades da ópera... o caso da recategorización en música o podemos tratar (e deberiamos facelo), contade comigo para posibles modelos de clasificación. Un saúdo. --Piquito (conversa) 22:18, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Non sei se teño claro cal é a proposta. Consiste en que por exemplo Categoría:Cantantes de ópera‎ estea clasificada en Categoría:Ópera e Categoría:Personalidades da ópera á vez, e esta última colgue de Categoría:Personalidades da música? Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:37, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Se cadra gráficamente me explico mellor. A proposta afecta a dúas categorías:
Vamos, que o que dicía Prevert... me liei eu só. Saúdos. --Piquito (conversa) 22:51, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Concordo coa proposta. Polo que vexo abonda con engadirlle a categoría Categoría:Ópera a Categoría:Cantantes de ópera e semellantes. Crear as que faltan e procurar a categoría apropiada para os artigos que estean soltos. E pasar Categoría:Personalidades da ópera a Categoría:Personalidades da música. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:59, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Pois ben, deixarei uns días para que a comunidade opine sobre o tema, se non hai ninguén que estea en contra ou se non hai máis opinións que a de Prevert (favorable), procederei a suprimir a categoría Personalidades da ópera da categoría Ópera para deixala únicamente en Personalidades da música, quedando na categoría Ópera as categorías independentes de compositores, cantantes e libretistas. Moitas grazas. --Piquito (conversa) 00:14, 21 de marzo de 2012 (UTC)

A proposta que presenta Piquito paréceme moito máis cómoda que a que existe na actualidade, así que pola miña parte adiante co cambio. Un saúdo. --Beninho (conversa) 08:32, 21 de marzo de 2012 (UTC)7

Feito! Feito! --Piquito (conversa) 22:29, 24 de abril de 2012 (UTC)