Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36

Para a resolución do conflito coñecido como "Agosto de 2007", a discusión pasou a Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007.


Segunda parte[editar a fonte]

Antecedentes

Nomes por decidir

                      En inglés
NS_TALK           => 'Talk'
NS_USER           => 'User'
NS_USER_TALK      => 'User_talk'
NS_PROJECT_TALK   => '$1_talk'
NS_TEMPLATE       => 'Template'
NS_TEMPLATE_TALK  => 'Template_talk'

Opinións razoadas[editar a fonte]

Recoméndase revisar as opinións expresadas anteriormente.

Discusión sobre Talk
  • Estou indeciso entre Discusión, que funcionou até agora, ainda que fose na versión en inglés, e Comentarios, que reflexa ben o contido desas páxinas. Non me gustan as propostas con verbos porque non se adecuan ben á formación de expresións derivadas. --Xosé (✉) 20:49, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Prefiro discusión no sentido de debate. Alma (fálame eiquí) 20:59, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Para iso creo que é mellor debate, e creo que vai ser pola que vote eu após pensalo mellor.---- FryantTralarí Tralará 15:09, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Conversa, coma antes. AlberteSi, digame? 21:47, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Eu tamén opto por Conversa coma ao comezo. Conversar tampouco me parece mal, pero o de empregar os infinitivos non me acaba de convencer --BaNjO tell me 20:02, 28 outubro 2007 (UTC)
  • Conversa pareceme ben Elvire 23:14, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Unha conversa pode ter moitas finalidades e as finalidades das actuais páxinas de discusión é a de debater sobre os contidos dun artigo para perfilalo, melloralo, contrastalo ou o que sexa, non para conversar sobre el sen finalidade ou coa finalidade de conversar sobre como será este artigo dentro de 3 anos ou se é moi interesante e eu tiña un curmán que... Pola maior concreción e porque evita o sentido peiorativo que pode conlevar discusión se é malinterpretada voto por debate. Lansbricae (Ti dirás) 23:24, 29 outubro 2007 (UTC)
  • "conversa" pareceme mais suave que "debate", e eu como teño tendencia a ser un pouco apaixonada, pero corrixome. Logo case todas as outras linguas latinas poñen discussion. Podemos cambiar un pouco e ser orixinais. Bo que se faga polo mellor, eu téñolle prefrencia á "conversa" porque tratase de discutir entre nós pa entendernos e chegar a un acordo, non se trata de sacar os coñecementos das nosas charlas.Elvire 16:54, 3 novembro 2007 (UTC)
Discusión sobre User
  • Penso que prefiro Usuario porque é un concepto moi común, pero non desboto editor polo que se argumentou na discusión que precede esta sección. --Xosé (✉) 20:49, 21 outubro 2007 (UTC). Usuario: a tradución non é só para a Wikipedia, senón que é como vai aparecer en todas as instalacións de MediaWiki, que non teñen por que ser enciclopedias nen nada parecido e nelas pode non ter sentido o concepto de "editor". -- (✉) 21:58, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Manteño que prefiro Usuario pola conta de Usuario. Alma (fálame eiquí) 20:59, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Prefiro Editor, porque o entendín do mesmo xeito que Xabier Cid. Ademais non vexo problema na "Conta do Editor".AlberteSi, digame? 21:47, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Eu prefiro usuario. Cada persoa que se rexistre na Galipedia ou noutros usos de Mediawiki é un usuario, non ten porque ser editor, mais no entanto, segue a ter dispoñíbel a ceración dunha páxina que o identifique.---- FryantTralarí Tralará 15:09, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Para mín Usuario, comparto a opinión de Fryant. --BaNjO tell me 20:02, 28 outubro 2007 (UTC)
  • O Editor edita, é estou editando ! Poño unha reserva porque non entendo ben a consecuencia que lle vé Xosé Elvire 23:14, 29 outubro 2007 (UTC)
    • O software pode-se empregar para calquer proxecto distinto dunha enciclopedia. Un exemplo: unha empresa ten un manual de instrucións que redactan os técnicos (editores) e que poden consultar os traballadores pero non modificar. Como é algo privado, a empresa non permite que ninguén alleo consulte o manual, polo que os traballadores teñen-se que rexistrar. Estes últimos son usuarios (lectores) mais non editores. Non teria sentido que se rexistrasen como editores. --Xosé (✉) 15:44, 1 novembro 2007 (UTC)
A ver, usuarios da Wikipedia son todos os que a consultan. Os editores son os que escriben nela. Se creas unha páxina de editor estás editando, non unicamente usando. É un problema de tradución. Normalmente tradúcese user por usuario porque a) é un vocabulario da xiria dos informáticos, e b) porque as outras opcións semellantes en galego presentan outros problemas en inglés. Pero tendo en conta que usuario é un concepto mooooi vago e moi inespecífico, creo que unha tradución galega máis concreta e axustada é Editor (que é o labor que fai ese tipo concreto de usuario). Pero, vaia, sen máis... Creo que deberiamos pechar canto antes estes debates, ;) --Xabier Cid 15:54, 1 novembro 2007 (UTC)
  • O usuario usa, e logo pode editar. Testimonio en favor de editar : cando empezei confundia "La enciclopedia libre" coa "A enciclopedia libre", no me fixaba na l, logo dabame conta porque os galegos ainda andabamos co ingles ... Elvire 19:18, 5 novembro 2007 (UTC)
Discusión sobre Template
  • Modelo é confuso porque non permite distinguir dos modelos de estrutura de artigos, a non ser que a estes se lles mudase o nome. Caixa, Caixa-modelo e ficha non valen porque os template utilízanse para moitas outras cousas (ver discusión anterior para varios exemplos).--Xosé (✉) 20:49, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Eu entendo o modelo como un exemplo que se ten que seguir para conseguir un resultado, e nese sentido prefiro modelo, os outros non me serven. Alma (fálame eiquí) 20:59, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Cambio a modelo para acadar consenso, a pesares de ter votado anteriormente por caixa. AlberteSi, digame? 21:47, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Tendo en conta que o que realmente estamos a tentar nomearson elementos repetitivos e que non varían dunha páxina na que estea incluída a outra, nin caixa nin ficha me parecen axeitados, pois sólo nomean dous tipos de "este algo", e o mesmo pasa con caixa-modelo, que deixa fóra un dos usos que ten, o de ficha de información. Por iso inclínome por modelo. Sobre o que dí Xosé de que se pode confudir cos modelos de estruturas, se che fixas, tanto estes modelos como os de estruturas teñen a mesma finalidade: repetir un certo parámtetro, xa sexa información ou estrutura, nun certo número de artigos. É normal que se teñen unha mesam finalidade, coincidan no nome. Para iso, creo que é mellor ampliar o seu nome a Modelos de Información (agora Templates) e Modelos de Estrutura (agora Modelos). Eu creo, e supongo que ninguén o dubidará, o máis usado van se-los templates, por iso prefiro que Modelo quede para o máis usado, pero que fique Modelo de Estrutura para distinguilo do outro. Agardo que me entenderades, que acho que me liei un pouco. ---- FryantTralarí Tralará 15:09, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Template: Buscando e rebuscando, atopei molde, que ademais do significado normal (un oco de forma determinada onde se verte algo), é tamén (segun dicionario): modelo pelo qual se talha alguma coisa;padrão;exemplo; norma;. Tamén concordaría ben manter template ou poñer modelo.---- Maañónoo (o que ho?) 14:46, 28 outubro 2007 (UTC)
  • Aquí estou indeciso. Modelo creo que estaría ben, pero coma coincide co dos modelos de artigos non me acabo de decidir. O de molde tampouco está mal... Non sei, haberá que pensalo --BaNjO tell me 20:02, 28 outubro 2007 (UTC)
Outras

Porque non facemos o cambio de todo xa duha vez? Poderiamos pedi-la inclusión do espazo de nomes "Wikiproxecto" e a mudanza dende o espazo de nomes "Wikipedia" a "Galipedia".---- FryantTralarí Tralará 15:17, 23 outubro 2007 (UTC)

  • Nota:votei direta & definitivamente xa na táboa de baixo(escirbino como usuario 4bot, pero debe interpretarse como maañón)---- Maañónoo (o que ho?) 21:53, 4 novembro 2007 (UTC)

Opinións agrupadas[editar a fonte]

Non é unha votación, é para velo máis claro e preparar así a votación.

Talk User Template
  • Conversa
    • Alberte
    • Xabier Cid
    • Banjo
    • Elvira
    • Toliño
  • Parola
  • Comentario
    • Xosé
  • Discusión
    • Alma
    • Xosé
  • Opinión
  • Debater
  • Conversar
  • Debate
    • Fryant
    • Lansbricae
    • Alma
    • Maañón
  • Editor
    • Alberte
    • Xabier Cid
    • Elvira
  • Usuario
    • Alma
    • Xosé
    • Fryant
    • Lansbricae
    • Banjo
    • Maañón
    • Toliño
  • Modelo
    • Alma
    • Alberte
    • Fryant
    • Xabier Cid
    • Lansbricae
    • Banjo
    • Elvira
    • Maañón
    • Toliño
  • Caixa
  • Caixa-modelo
  • Ficha
  • Molde
    • Maañón (tamen me vale modelo,m pero é moi xenerico)

Nova proposta[editar a fonte]

Véxase Wikipedia:Votacións/Elección de administradores. É importante que se opine e vote --Lmbuga Commons - Galipedia 18:03, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Considerei adecuado que todo o relacionado coa elección de administradores estivese na mesma páxina. Por ese motivo, creei directamente a votación, coa intención de indicar que se se crreaba unha votación sobre calquera dos apartados ou conceptos da mesma, a votación principal quedaría suspendida ata que se resolvese a secundaria. Non é o habitual, pero creo que é o preferible para que unha discusión de importancia estea ben organizada.
  • Onte, por problemas que me xurdiron no momento en que incorporei a proposta, non puiden facer o engadido á mesma que fixen hoxe e presentar que é posible crear votacións secundarias, que paralizan a evoución da principal. No momento en que se realice unha votación secundaria, haberá 15 días para que esta remate e retomarase a votación principal variando ou non a proposta (voverá a haber 15 días para a votación principal, se vos parece ben). --Lmbuga Commons - Galipedia 11:33, 3 outubro 2007 (UTC)
  • Se alguén desexa recificar o seu voto, debe facer o seguinte: Escribir antes do seu voto anterior <s>, escribir despois do mesmo </s> (isto tachará (tachará) o voto anterior), e despois volver votar--Lmbuga Commons - Galipedia 11:42, 3 outubro 2007 (UTC)

Bot traducción automática (idiomas próximos)[editar a fonte]

Bos días a tod@s:

Gustaríame propoñer a creación dun Bot de traducción automática que colla artigos da wikipedia en español (ou en portugués, ou ambas) que non existen actualmente na wikipedia galega, os traduza (con {http://www.opentrad.org Opentrad} ) e os garde na wikipedia galega cunha marca ou categoría especial que permita logo revisalos manualmente.

Coñezo as reticencias da comunidade wikipedista sobre as traduccións automáticas... pero a traducción automática entre idiomas próximos como español-galego ou portugués-galego é moito máis aceptable do que estamos acostumados (pe. inglés-español) e creo que o proxecto ten suficiente interés para descartalo inmediatamente.

Eu contactei pola miña banda con Jose Ramom Pichel (jramompichel@imaxin.com), que está directamente implicado no proxecto do Opentrad español-galego e está moi disposto a colaborar con este posible bot. É unha persoa moi aberta e agradable así que suxiro se contácte con el para coordinar o tema se se decide abordar este bot.

Jose Ramón suxeríame que en lugar de utilizar o traductor español-galego se utilizase o portugués-galego (que próximamente vai tamén saír á luz) xa que estes dous últimos idiomas están máis "próximos" entre sí sintácticamente.

Por favor, pensádeo, valorádeo... votádeo se é necesario.

Saúdos de novo a tod@s.

Diego Souto


O proxecto é moi interesante, de feito eu fago algo parecido con macros, pero sempre con dúas condicións:

  • Que un editor lea antes o artigo a traducir e vexa que non ten problemas (mirar a páxina de discusión e ler o artigo, tampouco e tanto)
  • que ese ou outro editor se comprometa a revisar os artigos (eu propoñome voluntario)

ainda que pareza engorroso, se hai suficientes editors comprometidos iriase mais rápido, pois se aparece un artigo mal feito sempre é difícil pórse e moitas veces compensa borralo e comezar de novo, o que e difícil (coller un artigo de 500 palabras e deixalo nun esbozo de 100 non se ve moi ben). Se o artigo ten problemas por exemplo de W:NPOV os partidarios da versión reflectida no artigo non quererán que cambie e enlearáse o asunto.

O proceso podería ser algo asi: abrese unha lista e a xente vai solicitando traducións, que un operador do bot executa e pasa os artigos a unha categoría automática (p.e. corrixidos por bot) asi como as artigos desaparezan desta categoría vanse traducindo mais. --Emilio juanatey 13:24, 5 outubro 2007 (UTC)


Discordo A Galipedia debe ter unha personalidade propia. Que as traducións doutras wikipedias se fagan a bot convertiranos nunha sinxela sucursal destas. Tranformaranos nunha wikipedia ó estilo Volapuk ou cebuano. Que o bot faga unha tradución dun artigo faría ademais que a estrutura dese artigo sexa unha copia e polo tanto haxa menos posibilidades de ter un artigo orixinal cunha estrutura mellor ou diferente. Eu non quero ese modelo para a Galipedia. AlberteSi, digame? 13:29, 5 outubro 2007 (UTC)


Simplemente gustaríame dicir, Alberte, que entendo e respeto o teu punto de vista; non obstante, o afán de orixinalidade non debera privar a todos os lectores de poder ler unha completa enciclopedia na súa lingua, non? Unha enciclopedia, ademáis, non é precisamente unha obra literaría dada á orixinalidade... tén unha función e un estilo de redacción determinado condicionado pola súa función. Unha enciclopedia con máis de dous millóns de completos artigos como a inglesa é algo que merece a pena envexar. Persoalmente, sintiríame satisfeito se tivésemos unha enciclopedia que fora un plaxio da wikipedia inglesa na nosa lingua.

En efecto... a personalidade e a orixinalidade propias do galego son importantes e hai miles de termos que son propios da cultura galega e que non é unha gran idea tentar traducir... pero o que aquí se plantexa non é isto... o que se plantexa é simplemente un atallo para ter un volume de termos sustancialmente superior ó actual e para ALIVIAR de traballo... MOITO TRABALLO... ás persoas que escriben aquí.

Saúdos outra vez. Diego Souto

  • Isto non é un traballo, penso eu que é un divertimento para a xente que edita. Non comprendería que houbera xente colaborando aquí de mala gana. A creación de artigos con robot só valería para desvirtuar o esforzo empregado en levar adiante a Galipedia. Creo que é mellor o mérito de ir medrando co noso esforzo que ter 100.000 artigos traducidos automaticamente. AlberteSi, digame? 16:45, 5 outubro 2007 (UTC)

Diego, supoño que vos tamén teredes un interese nisto, ou é "filantrópico"? se tedes un interese nisto, o cal é completamente lexítimo, deberíase combinar co interese da Galipedia. Para chegar a un punto de interese común, eu (opinión particular) coido que se debe mitigar os riscos da tradución automatica, a saber (haberá máis, pero deberíades ser vos tamén quen os expuxera, antes de vendernos a moto):

  1. mala tradución: para mitigalo deberíades de ter a alguén que faga a revision de TODOS os artigos traducidos, e que algún usuario confirme, a posteriori, un a un, a validez, ANTES DE "COLGALOS" NA WIKIPEDIA GALEGA.
  2. mala escolla: os artigos poderían ser mal escollidos, traducindo aqueles que presentan problemas de xustificacións, copyrights, etc. A mitigación anterior valería tamén.

Enfin, que tería que ser artigo por artigo, non cun bot. Supoño que aínda así vos podería interesar, aínda que o digo sin coñecer exactamente o voso interese (imaxe, publicidade de uso, etc), que talvez deberíades indicar. Isto é a miña opinión, que non ten por que representar á maioritaria. Unha vez chegado a un punto de encontro, habería que facer unha votación e resultar aprobada a proposta.---- Maañón (boura, boura) 16:48, 5 outubro 2007 (UTC)

Discordo De que vale un artigo na Galipedia sobre unha provincia de Mongolia se se pode ler, igualmente, en castelán ou portugués? Se o interese da Galipedia é conseguir superar o lombardo ou o cebuano en número final de artigos, pois estupendo, pero creo que ese non debería ser o propósito. Todos traducimos artigos puntualmente, pero tamén todos (ou iso espero) revisamos a tradución, dámoslle un enfoque galego, corriximos erros das wikipedias fonte e completamos ou actualizamos informacións mirando outras fontes (entre elas, outras wikipedias).

Traducir cun bot significa replicar erros automaticamente, cunha diferenza importante sobre a tradución puntual que facemos agora: o número de usuarios actual permite manter o nivel de erros o máis baixo que se pode, quedando bastante lonxe da corrección nalgúns casos. Se todos os días hai 4000 artigos pra corrixir e expurgarlles os erros isto non haberá quen o amañe. A Galipedia non é a tradución da wikipedia española (ou tuga, vaia, que tanto me dá). E se o é, que avisen, que me baixo. :) --Xabier Cid 18:21, 5 outubro 2007 (UTC)

Discordo Ademáis das razóns expostas por Xabier Cid, ao que non lle vexo sentido é ao uso dun bot para isto. Un bot é preciso para facer tarefas repetitivas, e non é o caso. Non vexo que teña sentido engadir de forma automática nunha enciclopedia unha chea de artigos, sin revisar a súa fiabilidade, corrección, orixe das fontes, etc. O que queira traer un artigo destas wikis ninguén lle impide facelo. Colle o artigo, o lee, o pasa polo traductor, revisa a traducción, lee o artigo noutras linguas, completa a información, corrixe erros, e amplia as fontes. E cando remate pasa a outro. Facendoo manualmente asegurámonos de que os artigos están revisados e son correctos.

Por tanto, resumindo, a traducción automática serve, si se fai por un editor que controla o tema, e revisa o que acaba de traducir, e consecuentemente, non é un proceso repetitivo automático, co cal non vexo onde entra o bot Miguel.lima 22:30, 5 outubro 2007 (UTC)

  • Eu non lle vexo tanto problema, sempre que non se traballe de xeito automático. Creo que a visión de Emilio aproximase ao que eu tamén buscaría. Por exemplo: eu pídolle que me traduza o artigo da wiki pt "Castro de Sanfíns", póñenmo cun marcador, eu traballo nel con artigos doutras wikis e outras fontes escritas, audiovisuais... Concreto un artigo e lle quito o marcador de traducido automáticamente. Creo que non danaría a ninguén e sempre estaría controlado. Podería marcarse que se a adaptación do artigo non se fai en x tempo sería borrada como se fai cos artigos que algúns cargan para traducir desde outro idioma. Non estou a favor de que un bot faga traducións a mansalva pola súa conta, pero se fai só traducións a petición (incluso con un límite establecido de peticións por usuario) e os editores empregan ben ese material axudaría a facer o traballo máis doado, polo menos no meu caso no que o bot ten mellor galego co meu, e non digamos portugués. Polo tanto a mín paréceme unha proposta moi interesante a avaliar e concretar os seus límites. Lansbricae (Ti dirás) 16:06, 6 outubro 2007 (UTC)
    • Vale, entón pra que queres un bot? Co tradutor automático de Apertium valería xa pró castelán... Cando queres úsalo e cando non, non... --Xabier Cid 17:36, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Perdón por insistir, pero coido que unha postura construtiva, en vez de centrarnos no dos bots, podía ser buscar un punto de interese comun (entre wikipedia galega e empresa oferente), da forma que indiquei mais enriba : se os que ofrecen o bot o que lles interesa é publicidade/imaxe, pode haber un punto comun, pero sempre evitando os ricos coñecidos de mala tradución e mala escolla (ver os detalles que comentei mais enriba, Resume: a empresa debería adicar xente súa a revisar&correxir as traducións artigo por artigo, e non insertalas automaticamete cun bot sin revisar, a cambio de imaxe/publicidade).---- Maañón (boura, boura) 17:52, 6 outubro 2007 (UTC)
    • Home xa, eu para o castelán non é que o necesite moito para o portugués xa non digo o mesmo, e cuestión de capacidades persoais, non todo o mundo domina linguas e para o que o quero xa o dixen, para en vez de coller eu o artigo, copiar, quitarlle algúns símbolos que ao apertium se lle atragantan, pegar no apertium, copiar e pegar nunha páxina da Galipedia, pois para que o bot o faga por min e eu en canto uso ese tempo para buscar máis fontes e contrastar contidos. Lansbricae (Ti dirás) 17:54, 6 outubro 2007 (UTC)
      • Entendo que o bot ao que te referes é no sentido dunha ferramenta que lle pides traducir un artigo (individual) e cho deixa insertado cunha marca de {{traduccion por revisar}}. Nese caso concordo 100% contigo. Concordo tamén é que para o portugués, bótase moito de menos un tradutor automático, dou fe do temo que leva aínda facendo macros para os cambios sinxelos. ---- Maañón (boura, boura) 18:02, 6 outubro 2007 (UTC)


  • Maañón, le Wikipedia:Cousas que non se deben facer#Non faga publicidade, está terminantemente prohibido utilizar a Galipedia para promocionarse. Respecto ó do portugués non hai problem, porque semella que van sacar o tradutor para ese idoma tamén. AlberteSi, digame? 17:59, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Alberte, obviamente non me refiro a poñer publicidade "beba cocacola". Hai formas menos burdas, ainda que a ti non se che ocurrisen agora. Por exemplo, pden crear un usuario co nome da empresa e colgar articulos traducidos. Enfin, que non propoño "beba cocacola" nin tampouco fun eu quen propuxo crucificar a Xesucristo (é broma). ---- Maañón (boura, boura) 18:06, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Eu estou a favor das traducións sempre que se revisen. Realmente é un comezo, e se somos realistas, cantas traducións hai nas diferentes wikipedias? Na galega, na española, na portuguesa... tiran moitos datos da wiki en inglés. Non digo que sexa o ideal, pero se hai bos artigos noutras wikis, por que non usalos? O ideal tamén non sería facer unha tradución literal, senón revisalo e darlle un enfoque galego nas alíneas que se puidesen. Por suposto, se creamos artigos orixinais sen partir doutras wikis, mellor aínda porque estes artigos danlle un toque de calidade e orixinalidade. En resumo, traducións si e con engadidos (se é posíbel) e comparanzas; e artigos orixinais aínda mellor. Desde logo, non estou a favor de que teñamos unha Galipedia cun 90% de traducións (e aínda menos que fosen literais), mais tampouco digo un non redondo a elas. Busquemos un punto de encontro. --Xoán Carlos Fraga 18:25, 6 outubro 2007 (UTC)
A calidade importa máis que a cantidade
  • Déixovos unha imaxe que atopei perdida por ahí en commons, creo que resume a miña opinión sobre este tema (e creo que a de algún máis tamén) --Banjo tell me 18:48, 6 outubro 2007 (UTC)
    • Ademais diso que di BanJo (no que leva moita razón), tamén entra en xogo o mérito que tivemos en facer esta enciclopedia. Se isto entrara en marcha, nun futuro seguro que se podería dicir:

-Mira, a galipedia chegou ós 100.000 artigos.
-Si, a metade deles cun bot, o que reflicte a irrealidade destes datos, quitándolle mérito ós editores. AlberteSi, digame? 18:54, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Está moi feo iso de non ler atentamente as palabras dos compañeiros, creo que queda ben claro que nadie quere un bot que traduza automáticamente artigos. Insistir no posicionamento de que todos os que vexamos interesante analizar a proposta feita aquí avogamos por máis cantidade fronte á calidade é non querer respetar as opinións dos demais. Insisto, non vin en todo o que se leva escrito aquí que alguén aceptase que un bot comece a traducir artigos a esgalla polo que non se debe insistir nese tema que xa é obxecto de concordia entre todos os que participaron no debate. O seguinte sería analizar se podemos obter unha productividade a esa proposta ou non. E pedir que sempre respetemos a proposta xa que a persoa que a fixo é porque se ten interesado, do xeito que sexa (creo que é interesante nese aspecto as preguntas de Mañón), na Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 19:26, 6 outubro 2007 (UTC)

Bos días a todos:

Acepto obviamente a decisión da maioría. Entendo aínda que non comparto as razóns. O único que me gustaría deixar claro ante as insinuacións que se fixeron aquí... é que NON teño ningún interese comercial de ningún tipo neste tema. O meu interese é absolutamente persoal... por ter unha wikipedia en galego mellor e máis completa. Dito isto... non quero meter máis ferro no asunto nin argumentar máis. Está claro que non queredes os bots para as traduccións.

Saúdos. Diego Souto


Bos días a todos

Son José Ramom Pichel de imaxin software, empresa integrada no Consorcio OpenTrad. Este consorcio formado por empresas e universidades do Estado Español nomeadamente galegas, bascas, catalanas e valencianas, pretende gerar motores de tradución automática para linguas distantes e linguas emparelladas.

Queria agradecer publicamente ao Diego Souto polo interese no noso traballo. E vou ao asunto. Todos sabemos que a tradución automática é unha axuda á tradución e nunca unha versión final, mesmo para linguas próximas. Por tanto seria preciso unha revisión humana e tamén adaptar culturalmente os contidos, sexa a partir do par español-galego (cos dicionarios da Voz de Galicia) como do par portugués-galego que sairá en breve a lume.

Persoalmente penso que o sentido portugués-galego é a mellor hipótese, porque a distancia entre o portugués e o galego é mínima. Mais non significa isto que acabe aqui o traballo, senón que comeza. As vantaxes para min son que se podería xerar moita produción en galego na wikipedia e por outro lado os editores terían mais tempo para revisar o estilo de redacción e adaptar culturalmente as entradas (tarefa moi importante).

Simplemente quería dicir iso.

Moitas grazas polo voso traballo. Un saúdo, José Ramom Pichel


  • Concordo Eu estou a favor en que se faga unha proba con artigos seleccionados por nós e destacados noutras wikis, é dicir que xa pasaron unha proba de calidade por parte doutras comunidades de editores e que se clasificaran cun marcador dentro de pendentes, para ver si temos xente disposta a colaborar en incorporar esas traducións automáticas en artigos propios da Gali.

Outra boa opción podería ser pedir artigos dos marcados como en progreso, e dentro deles os máis curtos, e despois pedir a súa fusión.

E dicir, traballar cun máximo de artigos traducidos automáticamente e non traducir automáticamente máis ata que fosen incorporados, artigos demandados polos editores, ou polas propias carencias da gali como os máis demandados...

Se traballasemos nestas vías creo que podería ser moi útil, sería como ter un latinista un tanto mecánico na Biblioteca Nacional, aumentaría a posbilidade de fontes para editores coma min (eu colliame unhas traducións dos castros portugueses e traballaba neles como un pepe) e teriamos controlado o risco de converternos en copias.

Sendo realistas todos sabemos que moita cantidade de artigos entran por vía da tradución e co agravante que moitos deles non cumpren a licenza ao non mencionar a procedencia, creo que deberiamos desvotar darlle só un caracter negativo as traducións e pasar a valoralas sempre que evolucionen os contidos (referencias a especificidade galega...)na súa incorporación. Eu non me atrevín pero quizais estaría ben que na nova portada houbese un Artigo traducido da semana. Ter acceso ao xerado por outras wikis sería moi interesante, non todas só traducen, en cada unha delas tamén hai artigos únicos. E n fin que creo que é cuestión de seleccionar o que queremos e a cantidade a asimilar como base de traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:36, 9 outubro 2007 (UTC) Comezaría pedindo a tradución do artigo destacado da portuguesa: pt:Alexander von Humboldt, por exemplo. E fuchicaría nel con gran pracer. Outro xeito de colaborar, por probar como dixo o outro que non quede. Lansbricae (Ti dirás) 11:24, 9 outubro 2007 (UTC)

    • Concordo Eu tamén estou a favor en que se faga unha proba con artigos seleccionados por nós e destacados noutras wikis, así como da outra opción de artigos dos marcados como en progreso, e dentro deles os máis curtos, e despois fusiar.
    • ¿que hai de malo en facer unha proba??---- Maañón (boura, boura) 20:16, 10 outubro 2007 (UTC)

Pero é que as probas xa se poden facer. O tradutor español-galego está funcionando, e úsase (usámolo) pra traducir artigos. Non debemos confundir a discusión: non se lle está negando valor aos tradutores automáticos, senón falando sobre se é axeitado ou prexudicial o uso de bots de tradución automática. A "proba" dun tradutor é traducir, e wai, facémola sempre que podemos, e estou seguro de que en canto se desenvolva o tradutor automático neerlandés-galego os editores da wikipedia serán dos primeiros en usalo... Pero a "proba" dun bot ten moito peor remedio...--Xabier Cid 22:26, 24 outubro 2007 (UTC)

Bot de artigos con categorias e subcats das mesmas cats[editar a fonte]

Despois de 1 hora facéndoo a man, penso que talvez algun experto en bots poderia facer un bot coa mision de borrar dos artigos unha categoria cando no mesmo artigo se atopa unha categoria desa categoria (e sucesivamente non so para cats fillas, tamen para netas, biznetas, etc). Este bot executariase de cando en vez, pois esta limpeza e cada vez mais necesaria cantas mais categorias van xurdindo. Ademais asi evitariase un travballo adicional humano de ter que ir revisando a árbore de categorias para evitar isto ao engadir unha nova categoria.---- Maañón (boura, boura) 18:38, 7 outubro 2007 (UTC)

Nova proposta (outra máis)[editar a fonte]

Propúxen unha nova votación: Wikipedia:Votacións/Sinaturas dos usuarios. Non é algo de primeira necesidade, pero botádelle un ollo, e o seu talk tamén :D --Banjo tell me 19:16, 7 outubro 2007 (UTC)

Fíxenlle un cambio mínimo na redacción como suxeríu Xosé no talk da votación, espero que os que xa votasteis non teñades problemas có cambio, de todas formas botadelle un ollo --Banjo tell me 19:39, 7 outubro 2007 (UTC)

Portal da comunidade[editar a fonte]

O traballo na portada nova vai bastante avanzado, pois ainda falta máis de mes e medio para a data prevista. Comentou-se várias veces a conveniencia de redeseñar o portal da comunidade, especialmente para distinguir os contidos xerais que deben ir na portada e os máis específicos de mantemento e relación que supoñen os do portal da comunidade. Se vos parece podemos redeseñar este portal con vistas a presentar os dous simultaneamente. Realmente neste último non hai que facer tantas modificacións e será máis doado. Se aceptades podemos comezar a traballar nel creando Wikipedia:Portal da comunidade/Experimental partindo do xa existente. --Xosé (✉) 19:50, 10 outubro 2007 (UTC)

Unha idea dende a wikipedia en Eusquera[editar a fonte]

Remato de atopalo, e pode ser unha boa idea para plantexalo o próximo ano.--Agremon(contacto) 05:45, 19 outubro 2007 (UTC)

  • Si é unha gran idea, mais para levala adiante necesítase apoio institucional (véxase a compra de computadores). Na catalá tamén houbo unha boa iniciativa por parte do goberno catalán (véxase aquí). Alí cando menos amosan interese, aquí a cousa está complicada). AlberteSi, digame? 18:20, 19 outubro 2007 (UTC)

Transliteración (Proposta 1)[editar a fonte]

  • Proposta de consenso para a transliteracion do ruso:
Esta proposta, ainda que pareza moi específica, pode servir de base de cara á futura definicion para outras linguas, marcando un patrón e evitando que sexa unha discusion recorrente
  1. utilizar a transliteracion BGN/PCGN (ver táboa en en:BGN/PCGN romanization of Russian), complementada coas regras de simplificacion usuais seguintes:
    1. non se poñen os apostrofes para ъ e ь
    2. ë ->yo
    3. as terminacions que resultarian -iy e -yy simplifícanse en -y
    4. transliterar e->e en vez de e->ye.
    5. simplificar chye->che e chyo->cho (e.g. Gorbachov en vez de Gorbachyov)
    6. En caso de dubida xurdida polas simplificacións anteriores, utilizarase aquela transliteracion mais comunmente usada (consultando via Google, etc).
  2. unha vez aprobado (isto ou o que sexa) poñelo nunha paxina de axuda

Saludos.---- Maañónoo (o que ho?) 13:29, 22 outubro 2007 (UTC)

  • Nos casos en que propós y eu substituiria por i: Катя -> Katia e non Katya, Николай -> Nicolai e non Nicolay, Третьяков -> Tretiakov e non Tretyakov, Фёдор -> Fiodor e non Fyodor.
Outra cousa: na redacción final non utilizar o infinitivo, senón "Utilízase a transliteración...", "as terminacións que resulten...", etc.
Se se aproba esta proposta, Boris Ieltsin terá que pasar a Boris Eltsin. --Xosé (✉) 15:22, 22 outubro 2007 (UTC)
    • OK, parécenme ben os teus comentarios, daránlle un aire +galego á transliteracion, a ver a seguinte (nela elimino algunhas excepcións, agora xa sería Ieltsin):---- Maañónoo (o que ho?) 21:10, 22 outubro 2007 (UTC)


Transliteración (Proposta 2)[editar a fonte]

  1. utilizar a transliteracion BGN/PCGN, complementada coas simplificacións seguintes:
    1. a transliteración das letras ъ e ь é nula (é dicir, non se sustituen polos apóstrofes recomendados)
    2. onde en transliteracion BGN/PCGN se inclúe un "y" na transliteración, utilizar "i". Excepción: mantense a transliteración "Ы" -> "y"
    3. "ë" ->"io"
    4. non se utilizan aquelas regras que se indican en BGN/PCGN como opcionais (onde di "The use of this digraph is optional")
    5. En caso de dúbida xurdida polas simplificacións anteriores, utilízase aquela transliteración máis comunmente usada (consultando vía Google, etc).
    6. Nos títulos dos artigos nunca se utilizarán os acentos. Nas transliteracións dentro dun artigo é opcional.

Exemplos: "Менделеев" -> "Mendeleiev", "Подъёмный" -> "Podiomnyi", "галисийско-португальский язык" -> "galisiisko-portugalskii iazyk", "Горбачёв" -> "Gorbachiov"

Saudos .---- Maañónoo (o que ho?) 21:10, 22 outubro 2007 (UTC)

  • Segundo o criterio anterior teremos Gorbachov e Ieltsin e segundo este Gorbachiov e Ieltsin (Горбачёв e Е́льцин). Conforme. É de notar que na wikipedia en inglés ainda teñen problemas con isto. Aparecen, por exemplo, moitos Gorvachov que, sorprendentemente, non ligan para Gorvachev, que é a forma recomendada. Porén, no artigo sobre Gorvachev dise, na primeira liña, que estaría mellor Gorvachyov (concordante co noso). A ver se lles gañamos nisto :-D! Tamén está ben a observación sobre os acentos.
Penso que non vai haber máis intervencións sobre este tema. Como non hai oposición sobre nengún dos aspectos eu consideraría que o tema está suficientemente consensuado e pasaríao a recomendación oficial. De momento iria nunha páxina como Wikipedia:Romanización e ali iriamos metendo as distintas romanizacións até que se faga preciso subdividir. Fai-no cando podas. --Xosé (✉) 14:18, 24 outubro 2007 (UTC)
    • Como agora sí hai opininons, se che parece agardamos para que haxa +consenso ou ben levamos a discusion a esa nova paxina?---- Maañónoo (o que ho?) 09:54, 27 outubro 2007 (UTC)
  • Eu pola miña parte deixovos a decisión a vós, que sodes os expertos. :)--FryantTralarí Tralará 14:20, 24 outubro 2007 (UTC)

Desculpade por levar uns días apartado e por facer esta intervención cando se cadra é tarde demais.

  • Creo que non debemos romper demasiado a cabeza coas transliteracións: a wikipedia non é unha fonte primaria, e neste caso tampouco. Cando as entidades que normalizan as formas da lingua se poñan de acordo con respecto ás romanizacións, a wikipedia deberá adoptar esa decisión, e o que puidésemos consensuar antes non ten demasiada relevancia.
  • No caso das romanizacións (xermanizacións?), o primeiro que hai que facer é optar por unha decisión xeral: preferimos unha romanización galega ou queremos unha romanización europea/inglesa? Se queremos unha romanización galega temos que ser conscientes de que non imos usar k, nin y, e que iso pode levarnos a solucións sorprendentes (Chaicovsqui). Se non queremos solucións galegas, copiemos o que fan os ingleses e non nos rompamos a cabeza dándolle voltas. Pero o que non creo que teña sentido é corrixir algo a proposta inglesa pra que pareza galega... sen chegar a selo e cometendo todo tipo de incoherencias, como manter dígrafos 'kh' e semellantes.
  • Se optamos pola forma galega, pois claro que haberá que poñer acentos nos títulos, e haberá que decidir, entre outras cousas, como transcribimos a aspiración Х: eu propoño que por 'gh', posto que é o son galego equivalente. --Xabier Cid 22:42, 24 outubro 2007 (UTC)
    • A continuacion resposto a cada unha das criticas (non resposto en xeral, pois semellan criticas discordantes: :
    • "a wikipedia non é unha fonte primaria" Non me parece que intentar harmonizar os criterios de transliteracion sexa romper ningunha norma wikipedica, ningun piar, senon intentar que haxa coherencia e evitar que haxa ligazons erroneas (como pon Xose no exemplo da wiki.en co caso de Gorvachov/Gorbachev/Gorbachyov). Coido que non se entendeu o que estamos propoñendo: non se trata de inventar unha transliteracion, senon de harmonizar a que de facto xa se fai, e que implicitamente esta baseada no estandar que propoñemos. Insisto: non hai invencion: incluso as excepcions mencionadas son un uso comun, non son inventadas. Se se revisa a paxina talvez se entenda mellor. Por outra banda, non entendo como se se considera unha rotura dos 5 piares logo se entra a saco: "pois claro que haberá que poñer acentos nos títulos, e haberá que decidir...".
    • "pois claro que haberá que poñer acentos nos títulos": pareceme erroneo, se se lle bota un vistazo ás paxinas en ruso, verase que tampouco o poñen no titulo das paxinas. A transliteracion trata de refrexar a escrita de partida, non é fonolóxica como Xose explicaba.
    • "cometendo todo tipo de incoherencias, como manter dígrafos 'kh' e semellantes" Non sei que é "cometer todo tipo de incoherencias". En canto ao digrafo "kh": se se elixe este é por 2 razons: 1) para respectar o maximo posible (sempre que non cause problema) o estandar proposto, e 2) para distinguir o caso "kh" (pronuncia estilo j española) do caso "gh" (pronuncia estilo gheada galega, na maioria das zonas diferente da "j" española), non entro en mais explicacion para non aburrir, pero creo que o "gh" mais adiante sí que será necesario para a transcricion doutros casos como o cirilico ucraíno). Enfin, a proposta deste estandar foi por 2 razons ao meu entender fundamentais: 1) porque é bastante coherente coa pronuncia galega, e evita o uso do "j" que sempre é propenso a ser mal lido. 2) porque na practica é o maioritariamente usado, e precisamente por iso que non ibamos a reinventar a roda (ou romper un dos famosos 5 piares -piar no sentido de "pilar", quero dicir-). A unica adaptacion que se propon, do "y"-> "i", é porque así se fai usualmente nas transliteracions en galego e en portugues, non se está inventando nada.
    • "Creo que non debemos romper demasiado a cabeza coas transliteracións" : non nos estamos rompendo a cabeza. Ainda que respecto todas as opinions, paréceme ilusionante levarlle a dianteira en algo á wikipedia inglesa, como apuntaba Xosé. ---- Maañónoo (o que ho?) 09:47, 27 outubro 2007 (UTC)
  • Igual interesa esta ligazón: [1] No artigo do prolífico Jairo Dorado Cadilla hai unha proposta. Se alguén conta coa revista pode ser importante. Sei tamén que hai unha proposta de Luz Méndez nas Actas do II ou III terceiro simposio internacional sobre galicia (teño que buscar a referencia). Iso significaría aplicar normas externas e polo tanto non primarias. Se hai sorte, en nadal-xaneiro sairá unha proposta para o árabe en Cadernos da Lingua, que por ser a revista da RAG, será revisada por ela e contará polo menos coa súa revisión (non beneplácito nin aprobación, que eu saiba de momento, pois hai xa dúas propostas existentes, aínda que non podo desvelar nada por que son xuíz e parte). -- Sobreira (parlez) 23:28, 25 outubro 2007 (UTC)
    • Sobreira: grazas polos comentarios. Eu polo menos non coñezo a proposta que mencionas de Jairo Dorado, seria bon coñecela para ver se encaixa mellor. En calquer caso creo que a proposta que fixemos, ao basearse nun estandar (en "o" estandar de facto), non trata de ser "fonte primaria", co cal non fai falla "agarrarse a un cravo ardendo" (se for o caso).---- Maañónoo (o que ho?) 09:47, 27 outubro 2007 (UTC)
  • Tentei ler esa proposta de Jairo pero a ligazón é errónea. --Xosé (✉) 19:03, 28 outubro 2007 (UTC)

Deixeivos fai uns días unha proposta para recategorizar os artigos relacionados coa Fórmula 1 aquí. Se podedes botarlle unha ollada sería xenial. Un saúdo. ---- FryantTralarí Tralará 15:12, 23 outubro 2007 (UTC)

Portada na Portada[editar a fonte]

Falouse na páxina de discusión da Portada sobre quitar o texto "Portada" da nosa páxina principal. O administrador que estas liñas escribe síntese avergonzado por asumir que a falta de resposta dende hai tres (3) semanas significaba que ninguén estaba en contra e que o único impedimento era técnico. Unha vez conseguido, un usuario advertiu de que ese non era o procedemento, con toda a razón. É por iso que traio este tema a Taberna:Propostas para buscar un consenso e evitar calquera tipo de malentendidos. Solicito á comunidade someter esta proposta á súa votación. Eu, polo de pronto, como parte, abstéñome. -- Sobreira (parlez) 20:25, 29 outubro 2007 (UTC)

  • Vexo bastante absurdo unha votación sobre este particular. Hai alguén en contra? Ou é unha cuestión de procedemento e de xogo co sistema? --Xabier Cid 20:29, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Primeiro gustaríame recordarlle a algún usuario a norma básica: Presuma a boa fe e os cinco piares que hoxe xa deu mostras dabondo de faltar ás mesmas, en segundo lugar, aínda podendo estar dacordo coa supresión do texto Portada, penso que o tema estaba en que algúns ususarios suxeriran que aproveitando o de eliminar o encabezado Portada, non tiña moito sentido manter todo o tema de benvido a Galipedia, a wikipedia en galego, etc... que ocupaba moito espacio, etc... penso que isto se falou no talk da portada experimental, recordar do que se falou cando outros estaban ausentes non creo que dane a ninguén nin o proxecto nin sexa ningún xogo.

Dito isto, dou a miña opinión, se se trata de eliminar algo que non teñen os outros wikis, eu concordo con eliminar todo o texto introdutorio e non só a frase Portada. Saúdos e empaticemos máis. Alma (fálame eiquí) 20:40, 29 outubro 2007 (UTC)

  • Home, outra, calma digo eu Non se alporizar. Para min o consenso mentres non se estableza unha norma específica é o concepto por todos coñecido. Dito consenso ben pode ser activo afirmando ou ben pasivo non levando a contraria, polo que eu no caso concreto de Portada entendín que o consenso estaba obtido polo que o comentario de levar a votación o tema por parte de Sobreira ea só un pouco de sarcasmo (prexuizo meu desculpas), e por iso lle contestei especificando que a primeira vía era o consenso, e debería ter aclarado que si consideraba que a proposta de Alberte non recibira a suficiente publicidade debería propoñel a consenso antes que a votación. Máis nada que iso, e moi alonxado de querer xogar co sistema ese, sexa o sistema que sexa. Agora vir a darme a razón cando non fixen aseveración nengunha e falar por outra parte de xogar co sistema non o entendo. Do mesmo xeito que aproveitando a taberna non entendín os comentarios de Alberte en varias propostas que aparquei porque foran obxecto de crítica non do contido senón da intencionalidade da proposta de materia a consensuar, intencionalidade que se se me quere acusar de excesivamente formalista atenta contra a obrigada presunción de boa fe. Mais nada. Un saúdo e espero que se esclarecese o que pretendía decir. Lansbricae (Ti dirás) 20:42, 29 outubro 2007 (UTC)

P.D. Eu o choio de quitar algo máis xunto co da portada entendín que xa se discutía para a nova portada, por eso non entrou no meu pensamento. Lansbricae (Ti dirás) 20:49, 29 outubro 2007 (UTC)

  • Concordo con eliminar o título. De feito xa o intentara infrutuosamente. AlberteSi, digame? 22:10, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo xa que vos poñedes a votar o invotable. --Xabier Cid 22:34, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Copio do talk da Portada: Deixando polémicas a un lado, eu prefiro que non leve o título, e alén diso, se se lle pode eliminar o "Na Galipedia, a wikipedia en galego", aínda mellor.--FryantTralarí Tralará 22:57, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo --emilio juanatey(talk) 19:45, 5 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo --Toliño Fala aquí comigo 20:15, 5 novembro 2007 (UTC)

Semella que ó final hai consenso. Procedo entón a retirar o texto Portada. Por certo, se non quitei o outro foi porque non sei, xa o quitarei cando averigüe como. Se alguén máis intelixente ca min, sen privilexios de administrador, descobre como, que se poña en contacto con calquera que o sexa. -- Sobreira (parlez) 20:07, 10 novembro 2007 (UTC)

Títulos nos Himnos[editar a fonte]

  • Ben, navegando pola Gali, caín na conta que o tema dos Himnos o temos un tanto deslavazado. Algúns (coma o eslovaco) o temos co seu título (Nad Tatrou sa blýska). Outros (coma o galego) o temos coa fórmula Himno de xxxx (Himno de Galicia). Creo que habería que homoxeneizar. No meu gusto, eu prefiro a primeira forma (La Marseillase, Os Pinos, Els Segadors...), redirixindo Himno de xxxx a ese título. No caso de o himno non ter nome utilizaríase Himno de xxxx. AlberteSi, digame? 17:57, 5 novembro 2007 (UTC)

Nome na lingua orixinal
(se non ten nome utilízase Himno de ...)

Fórmula Himno de ____
(Utilizala sempre)

Publicación de Peticións e Votacións para a revogación do status de administrador de administradores inactivos.[editar a fonte]

Solicito a revogación de administradores dos seguintes administradores:

  • Youssefsan‎, porque a última edición que fixo é de 3 de outubro de 2004 [2].
  • Semion lugovic, porque a última edición que fixo é de 30 de xuño de 2004 [3].
  • Rabalde porque leva sen facer edicións de administrador desde 2005 [4].
  • IaRRoVaWo xa que leva sen facer edicións de administrador desde 2005 [5]
  • Fuzheado xa que só fixo 2 contribucións na Galipedia [6].
  • Alyssalover xa que leva máis de dous anos sen facer edicións de administrador [7].

Poño as ligazóns as contribucións dos mencionados para comprobacións de posibles erros, espero non terme trabucado.

Pidoo. Lansbricae (Ti dirás) 18:25, 6 novembro 2007 (UTC)

  • Comentario. Ningún dos administradores mencionados ten habilitada a posibilidade de envío de correo electrónico, polo que se fai imposible dita comunicación, incumplindo un dos requisitos para ser presentado como administrador pero paradoxicamente non para manter tal estatuto (eu por analoxía e lóxica entendo que segue a ser obrigatorio ter un correo habilitado unha vez elexido administrador, pero redúcese á miña opinión).Lansbricae (Ti dirás) 08:29, 7 novembro 2007 (UTC)




Outra proposta de revogación:

  • Andre Engels, xa que nunca nas súas máis de douscentas edicións nunca fixo uso dos privilexios de administrador. [8].

Pido por tanto a revogación do status de administrador por inactividade nas edicións de administración. Lansbricae (Ti dirás) 08:37, 7 novembro 2007 (UTC)


Xuntanza-Xantanza-Ceanza[editar a fonte]

Vou propoñer unha cousa que tiña [e]n mete dende hai tempo: unha xuntanza dos membros galipédicos. A miña idea é que sexa entre o 25 e o 30 de decembro (tendo moi en conta que o partido da selección galega é o día 27 de nadal, en Vigo). Así que vou propoñer os días e as cidades (as de máis poboación e sen ánimo de quitarlle ás demais a súa importancia). Tampouco sei se debe ser unha comida, unha cea, ou as dous cousas, máis saída pola noite. Votade concordo onde poidades ir fixo, e comentade os días nos que poidades asistir e a vosa opinión sobre en que debe consistir a xuntanza. AlberteSi, digame? 21:56, 11 novembro 2007 (UTC)

  • Se queda alguén por apuntarse estaría ben que o fixera antes do día 10... que hai que reservar sitio! Veña, a que esperades. AlberteSi, digame? 22:26, 8 decembro 2007 (UTC)

Cidades[editar a fonte]

Votade baixo a cidade

Vigo
  • Concordo AlberteSi, digame? 21:56, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo unicamente no centro de Vigo (Do castro o Porto)Elvire 22:30, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo Sobreira (parlez) 22:38, 11 decembro 2007 (UTC)
Pontevedra
Santiago de Compostela
Respecto á pousada, teño dúas camas pero sen mantas nin sabas (se tedes saco, apáñase ben; eu teño un), polo menos de momento. Se alguén se atreve, salón grande (pero un pouco frío). Xabi, creo que vas ter reu nesas datas por estes lares, así que estas invitado os días que precises (se precisas). Polo mesmo prezo inclúe unha wifi para portátil, pero o contrato establece a obriga de 10 horas ininterrumpidas de wikipedismo ;b.
Vilagarcía de Arousa


A Coruña
Igual podo conseguir acubillo para alguén, pero non é a miña casa e non sei...
Ferrol
Ourense
  • Concordo unicamente no centro entra as Burgas e o ponte vello Elvire 22:30, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo como estades falando de ceanza mellor que de xantanza, necesito algún sitio onde me dean pousada --Xabier Cid 09:22, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo A miña cidade favorita, pero eu tamén precisaría pousada. Sobreira (parlez) 22:38, 11 decembro 2007 (UTC)


Lugo

Días[editar a fonte]

26
27
  • Concordo Elvire 22:32, 11 novembro 2007 (UTC)
28
  • Concordo AlberteSi, digame? 21:56, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo Elvire 22:32, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo --EstevoaeiPa o que queiras... 23:18, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo mentres que non caia o día do Galiza-Camerún, que creo que vai ser o 27 --Xabier Cid 09:23, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo, saio de choiar as 6, a partir de ahi o que me leve chegar ao sitio :D -- BaNjO tell me 19:28, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo Lansbricae (Ti dirás) 22:18, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo --Beninho 13:42, 26 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo mentres non me coincida coa cea anual dos ex-compis do colexio, así que en principio, non tería problema.--Alma (fálame eiquí) 11:02, 6 decembro 2007 (UTC)
29
30
todas

Comentarios[editar a fonte]

  • Voto por que sexa xantar, cear e saída nouturna. Xa que quedamos, quedamos ben. AlberteSi, digame? 21:56, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Voto po que sexa, de maña, de tarda ou de noite, a condicion e que non teña impedimento pa ir a Galicia. Elvire 22:36, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Eu voto porque sexa cea e saída. E a min realmente dame igual a cidade, mentres que poida ir en tren na liña A Coruña - Vigo.--FryantTralarí Tralará 22:50, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo con Fryant; cea e saída con acceso ferroviario (votei por Pontevedra, pero non me importa ir a outro lado). --EstevoaeiPa o que queiras... 23:18, 11 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo Pra min sería mellor xantanza ca ceanza, pero á xente que traballa neses días con horario fixo supoño que lle será máis complicado. En todo caso, farei todo o posíbel por ir, sexa onde for e á hora que for, e co plan que for. --Xabier Cid 09:26, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo eu o 28 saio de traballar as 6, a partir de ahi sen problemas, apúntome a un bombardeo! :D. En canto aos sitios para mín coruña é o máis cómodo (vivo alí :D), pero Santiago, Ferrol ou Lugo tampouco me veñen mal. Pontevedra e Vigo xa me quedan un pouco máis lonxe. --BaNjO tell me 19:28, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Non vos hei de poder coñecer desta volta: estarei fora do 25 ao 2/3 de xaneiro. Moita sorte e que o pasedes ben. --Xosé (✉) 23:00, 8 decembro 2007 (UTC)
  • Prefiro cea para posibilitarlle saír a quen queira e poida. En caso de longa distancia, igual vou en coche dende SdC até onde sexa: admítense polisóns e escalas para a recolla d'abord, n'importe où. Sobreira (parlez) 22:38, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Apuntade tamén na lista a Rouge, que ven comigo.FryantTralarí Tralará 22:46, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Non hei poder estar convosco para esa cea e ben que o sinto, tomádelle algunha á saúde dos que non podemos asistir e sede bos. Un saúdo --Servando2 (Dime) 00:54, 14 decembro 2007 (UTC)

Resume[editar a fonte]

A cea, pois, será o día 28 de Nadal en Compostela. A ela están apuntados:

  1. Emilio Juanatey
  2. Elvire
  3. Xabier Cid
  4. Banjo
  5. Beninho
  6. Alberte
  7. Sobreira
  8. Alma
  9. Lansbricae
  10. Fryant
  11. Rouge
Engadidos despois
  1. Pelos
  2. acompañante de Pelos
  3. Lmbuga

Os composteláns desta lista deberían porse de acordo cun lugar para a cea (bo churrasco e barato, preferiblemente)e ir reservando sitio. Para xuntarnos todos nun sitio que vos parece na Praza do Obradoiro ás 21:00? AlberteSi, digame? 23:35, 11 decembro 2007 (UTC)

  • Por min en principio sen problemas, dependo do horario de buses ou trens que haxa xa que saio as 6 do choio, pero coido que poderei chegar a esa hora sen moito problema. Por certo, a praza eche algo grande, haberá que concretar algo máis non? :D --BaNjO tell me 23:40, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Para concretar, que vos parece en fronte do belén que está posto na praza? Así ninguén se equivoca. E para o de porse de acordo co lugar, que os que son de santiago o digan, eu o son, se non vai a estar a cosa complicada. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 00:10, 12 decembro 2007 (UTC)
Perdonarme pero non sei o que é un belen ? Una estatua especial? ElviraConversa con mi 11:55, 12 decembro 2007 (UTC)
O nacemento, o neno Xesús, a virxe, o San Xosé, os animais.... Normalmente o sitúan no extremo da esquerda (se te sitúas de costas á fachada do Obradoiro), fronte ao Pazo de Raxoi (Concello) e do lado do Pazo de San Xerome (Reitorado da Universidade de Santiago).Lansbricae (Ti dirás) 12:03, 12 decembro 2007 (UTC)

*Estevoaei traballa, e pide excusas pola súa ausencia. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:50, 12 decembro 2007 (UTC) Estevo pediu o día e pode ir á cea. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:02, 20 decembro 2007 (UTC)

Posibles Lugares[editar a fonte]

  • Unha alternativa tradicional e barata sería O Mesón do Pulpo (a dez minutos do Obradoiro), o máis semellante a un pulpeiro de feira. Bo pulpo, raxo, viño de Barrantes....Lansbricae (Ti dirás) 12:05, 12 decembro 2007 (UTC)
  • Sobreira (parlez) 23:02, 13 decembro 2007 (UTC) Para min o MdPolbo é o mellor ubicado porque vivo pegado, pero prefiro comer en cantidade. Preguntei ós nativos e dixéronme:
    • o 16, rúa de San Pedro, boa comida pero fama de careiro
    • o Casa Manolo, praza de Cervantes, barato pero fama de maliño
    • o San Clodio, rúa de san Pedro, boa comida e barato

Eu estivera noutro máis por san Pedro, pero non me lembro do nome, xa investigo mañá. Cómpre ir bulindo, por que chegan as ceas de empresa e logo estará todo ocupado. Por min san Clodio ou MdPolbo, pero dáme igual, se non hai moito de comer, vou encetado. Sobreira (parlez) 23:02, 13 decembro 2007 (UTC)

Eu son nativa e informo:

  • O 16 se come ben pero se queres cantidade págala e se non, tamén pagas bastante.
  • O Casa Manolo paos guiris, é dicir, non vale para comer.
  • O San Clodio é onde van os dos institutos a facer as xuntanzas anuais, pero a min non me gusta especialmente.
  • Media Pataca en Galeras, cómese ben, con cantidade e calidade e teñen caipiriñas ao final.
  • o Rúa en San Pedro (en prezos máis barato que o 16 pero máis caro que o resto) pero pra min cómese bastante mellor.
  • E se non os clásicos O Mesón do Pulpo (que se come en cantidade e prezo moi bo) e se queda fame propoño en fronte dos antigos xulgados onde poñen os mellores chipiróns de Santiago e unha zorza ao neno labrego que está de vicio pero agora non me sae o nome.

E que claro todo depende do plan no que queirades ir. Iso axudaría para buscar un sitio axeitado. Alma (fálame eiquí) 23:18, 13 decembro 2007 (UTC)

  • Por certo, tamén: Don Manuel, un pouco máis arriba do MdPolbo-Vista Alegre. O nome non é precisamente atractivo, pero poñen moitas tapas ó comezo da consumición. Dáme que fan ceas porque teñen comedor e dan menús estilo para camioneiro pero no-more-idea. Propoño darnos unha data límite da semana que vén para votar e reservar pronto. Que tal next mércores 19? Sobreira (parlez) 11:42, 14 decembro 2007 (UTC)
  • Eu non coñezo ningún dos sitios, así que deixoo nas vosas máns. O que elixades ben elixido estará.--FryantTralarí Tralará 23:51, 17 decembro 2007 (UTC)
  • Eu tampouco coñezo os sitios, así que queda á vosa elección. --Beninho 12:13, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Estudando en Santiago e non coñezo ningún, que vergoña. Eu voto polo das caipirinhas. --Rouge 21:05, 19 decembro 2007 (UTC)

Votos para lugares[editar a fonte]

En canto haxa maioría, xa vou reservar eu mesmo (User:Sobreira):

  • Voto por San Clodio. -- Sobreira (parlez) 01:19, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Se asumo ben e Alberte vota por San Clodio (loxicamente non vou falar por el, pero creo que se expresou claramente), xa son 2 votos. -- Sobreira (parlez) 01:19, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Voto por san Clodio, pero o principal é a compaña. Veña hai que ir reservando que o tempo apremia. AlberteSi, digame? 12:35, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Como dixen, eu abstéñome porque non coñezo ningún dos sitios. --FryantTralarí Tralará 02:54, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Teño como norma non poñer nunca problemas para comer polo que calquera sitio é bo. Lansbricae (Ti dirás) 08:41, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Donde sexa, en caso de necesidad voto como Sobreira e Alberte !(debese estar o gusto dos organizadores (lol))ElviraConversa con mi 12:28, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Non teño problemas nin co lugar nin co menú, só coas ausencias, ;). Mágoa non poder estar moitos máis. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 11:53, 19 decembro 2007 (UTC)
  • Como xa dixen, un voto para o das caipirinhas, o Media Pataca, pode ser?? --Rouge 21:03, 19 decembro 2007 (UTC)

Menús[editar a fonte]

Pasei hoxe por alí. Por certo, para outra vez: os outros que hai por alí son O afiador, Casal do Cabildo e Rúa. No san Clodio hai 4 menús:

PREZO en Ouros 17 18 20 25
(en tódolos menús)
ensalada e patacas
viño e refresco
café
x x x x
tortilla e xamón asado do bo x x x
lagostinos que te cagas x
churrasco a fartar x x
churrasco mixto de porco e terneira a esgalla x x
montes e moreas de xelado x x
tarta e postres variados x x
chupitos até caer x x x

Aínda hoxe hai sitio, mañá sabe deus. Se ó mediodía hai xente abonda, reservo pola tarde. Se non hai obxeccións, reservo o de 20. -- Sobreira (parlez) 18:05, 18 decembro 2007 (UTC)

  • Si, o de 20. Aaahhhah (saliva caendo estilo Homer Simpsons) :) AlberteSi, digame? 18:09, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Vai que chuta ! ElviraConversa con mi 18:18, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Churrasco e chupitos, sen ningunha dúbida, o de 20 cunde :) --BaNjO tell me 19:05, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Concordo-pareceme ben. Sobre todo o nivel de intendencia.:) --emilio juanatey(talk) 19:58, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Concordo no de 20, haberá que facer sitio no bandullo para ese día....:P --FryantTralarí Tralará 21:14, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Alguen me tería que espricar donde está o sítio,pois eu chegarei(se nón me parte un ráio) dende Vielha,comprenderedes que descoñeza o restaurante,(anque nón Santiago).

en canto o menú,en boa compaña nunca será ruín nin escaso.Dirédes si se pode levar parella,do contrário contade con un máis--Pelos 21:28, 18 decembro 2007 (UTC)

Confirmación[editar a fonte]

Xa está reservado: día 28 no san Clodio para 13 persoas (contei a Pelos e acompañante) co menú de 20 ouros. -- Sobreira (parlez) 23:11, 19 decembro 2007 (UTC)

  • Oído cociña! Entón ao final quedamos todos ás 9 no belén do Obradoiro como dicía Alma enriba?--FryantTralarí Tralará 18:20, 20 decembro 2007 (UTC)
  • Sei que faltan poucos días para o 28. Ata hoxe non puiden confirmar que podía ter ese día libre. ¿Pódese apuntar un máis? Se é así, sei que quedastes en cear, mais non sei a hora e/ou lugar de encontro.--Lmbuga Commons - Galipedia 01:28, 22 decembro 2007 (UTC)
  • Comentario: Eu non vou poder asistir, pero quería deixarvos unha advertencia: Moito ollo coas inocentadas! --GallaecioE logo? 09:01, 22 decembro 2007 (UTC)
  • Moitas grazas polos teus tranquilizadores comentarios, Galezo. Tes un sentido do humor que nada ten que envexar ó teu sentidiño. Menos mal que non vas, porque se non ías levar un bo pescozón... Estevoaei e Lmbuga tamén se suman, polo que xa somos 15. Se alguén anotado non puidese ir que avise, aínda que sexa a última hora. Todos sabemos como facelo. A hora 21:00 está ben. -- Sobreira (parlez) 14:01, 22 decembro 2007 (UTC)
  • Teñome que dar de baixa a ultima hora, síntoo. Non podo asistir ao final, surxíronme uns problemas persoais de última hora. Pasadeo moi ben e tomade unha á miña saude. Un saúdo. --BaNjO tell me 10:50, 28 decembro 2007 (UTC)
  • Concordo con BaNjO ; debido a motivos laborais quedo sen coñecervos, de momento. Síntoo moito pero non podo asistir. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:56, 28 decembro 2007 (UTC)

Conclusións[editar a fonte]

  • A cea foi un éxito, asistimos 12, e estivemos de troula ata as 7.00 da mañá seguinte pero e as fotos??? Quero copias, así que esto vai para os que levaron cámaras, que as "envíen". :), Grazas e deika a próxima, que espero que sexamos máis. Alma (fálame eiquí) 22:00, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Está claro que teño que pasar mais a miúdo pola Taberna, porque sentín moita coraxe por non decatarme da cea, á que con moito gusto asistiría, para así coñecervos, e ver como vos divertides os mozos :-) . Polo que vexo a cea foi un éxito, o cal alégrame moito. A ver se estou mais atento para a próxima. Un saúdo, --Furado 20:19, 11 xaneiro 2008 (UTC)

13 de novembro: Prestige[editar a fonte]

Propoño que na Portada de mañá apareza destacada unha fotografía relativa ó Prestige. Sei que xa vai entre as efemérides destacadas, pero creo que cómpre destacalo máis, que se vexa máis. Pedro --Lameiro (conversa) 17:57, 12 novembro 2007 (UTC)

  • Concordo, estaría moi ben poñer onde vai a imaxe da semana unha imaxe do Prestige por un día. Mais non hai moita foto de onde elixir. De todos xeitos, grande idea. AlberteSi, digame? 18:33, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo --Xabier Cid 19:13, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo, e se alguén posúe unha imaxe de seu, que a suba para ver se pode servir. --Toliño Fala aquí comigo 19:16, 12 novembro 2007 (UTC)
    • Comentario Eu daquela non tiña cámara dixital. Cachis! AlberteSi, digame? 19:17, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo e propoño a foto de Lameiro que penso que é impresionante. Alma (fálame eiquí) 19:21, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo A de Lameiro está moi ben pero tamén é moi significativa a da ESA (http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:ASAWSM1PXPDE0211171.jpg) que mostra un país negro sangrando petróleo.--Jonathan Chapela 19:39, 12 novembro 2007 (UTC)
    • Comentario Si, para dar unha imaxe máis cabal do que foi o Prestige, esta imaxe vén mellor ca do mascato. Pedro --Lameiro (conversa) 19:57, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo--FryantTralarí Tralará 19:44, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo. Só lle falta o crespón negro e poñer tamén o artigo en sobre Galicia. Lansbricae (Ti dirás) 19:46, 12 novembro 2007 (UTC)
    • Comentario ¿E un "Nunca máis"? Pedro --Lameiro (conversa) 19:59, 12 novembro 2007 (UTC)

Propostas de novos administradores[editar a fonte]

  • Acabo de propor a BaNjo para que sexa administrador. Pregunteille e acepta. --Xosé (✉) 17:49, 13 novembro 2007 (UTC)

Melloras na vista previa[editar a fonte]

Propoño unha mellora para a mensaxe que aparece cando lle damos ao botón Mostrar vista previa (MediaWiki:Previewnote), que quedaría así:

Isto é só unha vista previa.
Isto é só unha vista previa.
Lembre que esta é só unha vista previa e que non foi gardada aínda!
  • Expresade as vosas opinións aquí embaixo ou, incluso, podedes mellorar o que eu propoño... --Toliño Fala aquí comigo 14:45, 18 novembro 2007 (UTC)
  • A min gústame :D. Fixen algunha proba para poñelo có fondo vermello, pero así tal e como está queda moi ben --BaNjO tell me 14:52, 18 novembro 2007 (UTC)

Está moi ben. Eu engadinlle unha pequena cousa:

Isto é só unha vista previa.
Isto é só unha vista previa.
ATENCIÓN:
Lembre que esta é só unha vista previa e que non foi gardada aínda!

AlberteSi, digame? 14:58, 18 novembro 2007 (UTC)



Así mesmo, propoño tamén a modificación do recadro en vermello que está por baixo da caixa de escritura (MediaWiki:Copyrightwarning):

Non envíe texto con copyright.
Non envíe texto con copyright.
Os seus cambios serán visíbeis inmediatamente. Se o que quere é facer probas ou experimentar, por favor use a zona de probas.
Animámoslle a que cree, amplíe e mellore os artigos; porén, as edicións incorrectas e os erros son vistos por todos, e elimínanse.

Por favor, teña en conta que todas as contribucións á Wikipedia se consideran liberadas baixo a "Licenza Libre GNU para Documentación" (véxase $1 para detalles). Así pois, se non quere que o seu escrito sexa reeditado e redistribuído libremente no futuro, non o envíe. Do mesmo xeito, estase comprometendo a que o que vostede escriba é da súa autoría ou que foi copiado dunha fonte de dominio público ou dun recurso público semellante.

NON ENVÍE SEN PERMISO TRABALLOS CON DEREITOS DE COPIA!
  • Que bos traballos que fas Toliño. Eu diría de deixalo así:
Non envíe texto con copyright.
Non envíe texto con copyright.
Os seus cambios serán visíbeis inmediatamente. Se o que quere é facer probas ou experimentar, por favor use a zona de probas.
Animámolo a que cree, amplíe e mellore os artigos; porén, as edicións incorrectas e os erros son vistos por todos, e elimínanse.

Por favor, teña en conta que todas as contribucións á Wikipedia se consideran liberadas baixo a "Licenza Libre GNU para Documentación" (véxase $1 para detalles). Así pois, se non quere que o seu escrito sexa reeditado e redistribuído libremente no futuro, non o envíe. Do mesmo xeito, estase comprometendo a que o que vostede escriba é da súa autoría ou que foi copiado dunha fonte de dominio público ou dun recurso público semellante.

NON ENVÍE SEN PERMISO TRABALLOS CON DEREITOS DE COPIA!

AlberteSi, digame? 16:23, 18 novembro 2007 (UTC)

  • Concordo En vermello mellor. Outro minipunto para Toliño e Alberte :D --BaNjO tell me 16:32, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo Lansbricae (Ti dirás) 17:42, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo, pero animámolo e animámola, non animámoslle. ;) --Xabier Cid 18:56, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo tamén co novo fondo. (Troquei o que apuntou Xabier Cid). --Toliño Fala aquí comigo 14:01, 19 novembro 2007 (UTC)

Espazo de nomes Portal[editar a fonte]

Creouse o espazo de nomes Portal para a wikipedia en galego: Rexistro de creación, páxinas creadas. Vou mover a este espazo os portais creados polos usuarios, crear un portal de portais e incluilo na nova portada e no novo portal da comunidade. Grazas a todos os que participástedes na discusión na que se promoveu a creación deste espazo de nomes--Xosé (✉) 18:38, 18 novembro 2007 (UTC)

  • Eu creo que non se discutiu a creación dese espazo de nomes, só se aprobou o nome que levaría en tal caso. AlberteSi, digame? 19:09, 18 novembro 2007 (UTC)

Problema pendente cos Espazos de nomes[editar a fonte]

Como a mudanza nos espazos de nomes afecta a moitos wikis, todos os do proxecto Wikipedia en galego e todos aqueles que carguen a interface en lingua galega, creo que é importante sinalar un punto que quedou pendente. Hai dous estilos de sintaxe dos espazos de nomes refiridos á Conversa, que apareza o nome do espazo de nomes seguido de Conversa por exemplo: Wikipedia Conversa, Usuario Conversa, Modelo Conversa,... como usan a Wikipedia en inglés, en portugués, en castelán, en catalán, en alemán,... ou que o nome Conversa vaia diante por exemplo Conversa Wikipedia, Conversa Usuario, Conversa Modelo,... como na Wikipedia en francés ou en italiano. Supoño que no momento de trasladar a decisión ao wiki de tradución ese aspecto pasou desapercibido. Dado que corrixir iso é unha pequena mudanza que non presenta problemas se se fai axiña creo que o máis axeitado é expoñelo aquí para que a comunidade decida a solución que prefire. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:24, 20 novembro 2007 (UTC)

  • Concordo por Conversa Wikipedia, Conversa Usuario,Conversa Modelo,... fai mais latino ! ElviraConversa con mi 12:01, 20 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo con Elvire. AlberteSi, digame? 12:17, 20 novembro 2007 (UTC)
  • Comentario Traducin-nos eu e seguin a mesma intuición que Elvira. --Xosé (✉) 16:26, 22 novembro 2007 (UTC)

Emigración galega[editar a fonte]

Andei fozando na galipedia e vin que apenas hai referencias á emigración galega, no meu entender un dos fenómenos máis determinantes do país nos últimos dous séculos. Levo pouco tempo aquí, así que non sei moi ben como vai isto, nen se é materia para un wikiproxecto (por non saber non sei crear unha categoría xD). A idea é facer un artigo principal que faga unha descripción diacrónica da diáspora, sobretodo desde o século XIX até hoxe e que vaia enlazando con outros artigos dos diferentes destinos: Cuba, Arxentina-Buenos Aires, Uruguai, México, Venezuela, Brasil, EE.UU., Suíza, Francia, Alemaña, Londres, Madrid, Namibia, Chile, Euskadi, Barcelona, Canarias, Baleares, etc, etc, etc, e todos os etcs que queiramos porque a lista pode non acabar nunca. Poño esta proposta na taberna porque seguramente haxa colaboradores da galipedia que viva nalgún deses países ou coñeza este tema mellor ca min e estea interesado en colaborar. Como exemplo deixo o caso da diáspora irlandesa na en:wiki http://en.wikipedia.org/wiki/Irish_diaspora páxina dos irlandeses na Gran Bretaña http://en.wikipedia.org/wiki/Irish_community_in_Britain , en EE.UU http://en.wikipedia.org/wiki/Irish_Americans ou en Arxentina http://en.wikipedia.org/wiki/Irish_settlement_in_Argentina . Se alguén está interesado que deixe mensaxe, saudiños! --Jonathan Chapela 18:41, 20 novembro 2007 (UTC)

  • Ola, Jonathan. Flipei esta semana cando vin que non existía sequera esa categoría, e que o artigo sobre Emigración non di nada ou case nada referido á diáspora galega. Paréceme un artigo fundamental. O que eu entendo que debe ser un wikiproxecto é unha acción específica e estruturada pra resolver un problema concreto que é necesario abordar organizadamente. Creo que a emigración galega pode ser un tema moi importante, pero paréceme difícil limitalo e estruturalo en tarefas. Pero independentemente de que lle chamemos wikiproxecto ou calquera cousa, ou nada, paréceme unha idea boísima e necesarísima. Eu agora mesmo teño choio abondo, pero botarei mans onde faga falla --Xabier Cid 19:02, 20 novembro 2007 (UTC)

Política sobre nomes de obras[editar a fonte]

Estaba eu a piques de facer un artigo do libro A Theory of Justice, xa que traducindo o artigo de John Rawls dende a Wikipedia castelá decateime de que a metade do artigo fala de dito libro, cando me invadiu o dilema: Título en inglés ou en galego? E aínda que eu tiña clara a miña opinión ao respecto, decidín buscar a política xa establecida, xa que non sería nin a primeira nin a última vez que por non buscar as políticas actúo en contra do establecido (menos mal que os administradores están sempre por aí para decatarse e avisar). O caso é que busquei nas políticas da Galipedia, e cheguei ata o que andaba buscando, isto. E polo visto aínda non hai política establecida respecto aos nomes dos libros. Por iso quería que se establecese unha norma. Expoñerei (ou é exporei?) a miña opinión agora:

Ao contrario do que teño visto polo momento na Galipedia (véxase Don Quixote da Mancha, A arte da guerra (que debería ser en todo caso A Arte da Guerra), etc.), eu penso que os nomes das obras literarias, así como os de obras doutro tipo (musicais, plásticas, etc.), deberían levar por nome o título orixinal. A traducción debería aparecer logo no artigo, penso eu, e o xeito de presentala dependería dalgúns factores:

  • No caso xenérico, o de que o título da obra non teña traducción (no sentido de que, aínda que se poida traducir, non se fixo), penso que debería engadirse como curiosidade entre parénteses despois do nome da obra na introducción do artigo. É dicir:
    • What I've Done (Que fixen) foi o primeiro sinxelo do álbume Minutes to Midnight de Linkin Park...
  • No caso dunha obra literaria que tivese unha versión traducida ao galego, como son o caso de libros tales coma Harry Potter e a Pedra Filosofal, O Hobbit ou Don Quixote da Mancha, creo que debería facerse algo parecido, pero advertindo que existe traducción ao galego. É dicir:
    • Don Quixote de la Mancha (traducido ao galego como Don Quixote da Mancha) é considerado unha das mellores obras da Literatura mundial por...

En fin, opinade ao respecto, e a ver se podemos chegar a un acordo pronto. Grazas. --GallaecioE logo? 16:37, 22 novembro 2007 (UTC)

  • Ata o de agora viñamos facendo como nos filmes: se non existe tradución galega o título vai no idioma orixinal. Se existe dita tradución o artigo vai co título en galego (O Principiño, os Harry Potter, etc). Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:42, 22 novembro 2007 (UTC)
  • Sinceramente, a min a política actual que cita Alberte paréceme totalmente axeitada. O único que lle engadiría, sería unha redirección dende o título orixinal ao título galego.--FryantTralarí Tralará 16:57, 22 novembro 2007 (UTC)