Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Eleccións para Stewards[editar a fonte]

Novos Stewards són electos unha vez por ano, aproximadamente. E agora, están abertas as inscricións para candidaturas a Stewards no Meta, nesta páxina, ata o dia 25. Maiores detalles poden ser conseguidos aqui. Despois dese dia e ata o dia 1 de febreiro, teremos os traballos de traducción das candidaturas e dos actuais Stewards, que terán os seus mandatos confirmados, en outra votación. Alex Pereira¡digame! 13:03, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Escudo galicia de Castelao[editar a fonte]

[Image:Escudo_galiza_castelao.svg|miniatura|left] Ola,

tracei hai pouco o escudo galego proposto por Castelao, agradeceríalles que o incorporasen naqueles artigos da Galipedia nos que poida ser necesario.

Saúdos desde a viquipedia en valencià --81.202.70.126 01:13, 25 xaneiro 2009 (UTC)

A verdade quedouche moi bejavascript:firma()n, moi achegado á versión de Castelao. Moltes gràcies. Alberte Si, dígame? 01:34, 25 xaneiro 2009 (UTC)
Quedou moi ben, pero como obra de Castelao, señor morto hai menos de 70 anos, este escudo está protexido por copyright. :( --Xabier Cid Conversa 09:12, 25 xaneiro 2009 (UTC)
Definitivamente a nosa lexislación sobre a propiedade intelectual ha de reformarse. Estas cousas tócanme os coll... a moral. --GallaecioE logo? 15:02, 30 xaneiro 2009 (UTC)
Pero, non sabemos se el o tiña protexido polo copyright, investigarei. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 13:46, 27 febreiro 2009 (UTC)
Pois, creo que non está protexido, xa que, hai moitas webs que o teñen colgado, e, non creo que Castelao firme firme os permisos!. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 13:52, 27 febreiro 2009 (UTC)
Pois se el non di expresamente que non o está, coido que d'acordo coa lei vixente neste Estado non o está. Na época de Castelao non existía isto do copyleft, e coido que por ley toda obra reserva tódolos dereitos mentres non se diga o contrario. Sábese algo da descendencia de Castelao? Ao mellor se nos comunicamos cos actuais donos dos dereitos de autor (se os hai), podemos consegui-lo seu permiso. Dubido da legalidade de colga-la imaxe, aínda que moitos o fagan. Hai moitos delitos habituais que non son penados, e en dereitos de autor máis. --GallaecioE logo? 15:43, 27 febreiro 2009 (UTC)

Toda a obra gráfica e textual de Castelao está suxeita a copyright ata o ano 2021, e non pode ser utilizada agás que os propietarios dos seus dereitos os licencen especificamente, que non é o caso. --Xabier Cid Conversa 18:51, 27 febreiro 2009 (UTC)

Creo que vou a ter razón eu, encontrei en Google isto (en castelán) (creo que non funciona, pero é unha búsqueda de Google España, é un ficheiro pdf xa sinalado) ; ahí di que ningunha das obras de Castelao ten dereitos de autor. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 22:47, 28 febreiro 2009 (UTC)

Non sei quen di que as obras de Castelao non teñen dereitos de autor, porque a ligazón que pos non me funciona, pero... os dereitos da propiedade intelectual en España son ata 70 anos despois do falecemento do paisano, neste caso o 1 de xaneiro de 2021, non sendo que o seu propietario as liberase no dominio público ou cunha licenza creative commons, que non foi o caso. --Xabier Cid Conversa 22:55, 28 febreiro 2009 (UTC)

Ahá, conseguín entrar. Ese documento forma parte da argumentación pola discusión da propiedade dos dereitos. A situación actual, e ata onde eu sei, é que non se sabe de quen son os dereitos, non que os dereitos non existan. Que é moi distinto. --Xabier Cid Conversa 23:01, 28 febreiro 2009 (UTC)

Xa sei que podo parecer algo pesado, por certo, Xabier, fuches a ligazón de Google España que puxen, para concretar, é unha páxina web que de título ten: [PDF] CASTELAO Y LA LEY DE LA PROPIEDAD INTELECTUAL DE 1879: UN CURIOSO ... . Ahí seguro que o encontras. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 23:03, 28 febreiro 2009 (UTC)

Si, xa che respondín. --Xabier Cid Conversa 23:10, 28 febreiro 2009 (UTC)
Non é que sexas pesado Pontevedra78, pero tes que entender o que che di Xabier : A- Denon haber liberado o autor os dereitos antes de morrer, poís esisten é alguén podeos reclamar, e de xeito xeral non collemos ese perigo. -B Xavier atopou (e eu tamén) a ligazón que dis, e esa ligazón comprobanos que autor do texto paso o tempo para recuperar os dereitos.SaúdosElviraConversa comigo 23:13, 28 febreiro 2009 (UTC)
Se me entero antes de que lle responderades xa non me leo case todo ese tostón. Pra quen non o queira ler, ven tratándose da xustificación -do defensor dos dereitos de Teresa Castelao sobre a obra "do seu irmán"- de por que había unha errata na lei vixente daquela, e por tanto xustificando que tra-la morte de Castelao os dereitos de autor da obra son lexítimos dela. Aínda que hai algo que me chamou a atención. Supoño que a lei a aplicar no que respecta á propiedade intelectual de Castelao non é a actualmente vixente, senón a mencionada no dito texto. Pois ben, se non entendín mal, tal lei fala de 80 anos tra-la morte do autor, e non 70 como creo que é a actual, polo que a obra non pasaría a dominio público ata... 2030? Pufff... Oxalá estea equivocado (eu). --GallaecioE logo? 23:41, 28 febreiro 2009 (UTC)

Pecho este tema, dicindo así, que, se fala de oitenta anos a lei, ou setenta, pois teremos que esperar ata 2021 ou o 2030 para volver a poñer a imaxe; e preguntome eu, dentro de 10 ou 20 anos a galipedia seguirá existinto?. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 00:07, 1 marzo 2009 (UTC)

SI!!! --GallaecioE logo? 00:13, 1 marzo 2009 (UTC)
Eu creo que si seguirá existindo, aínda que non sei que ten que ver cos dereitos de autor. Alberte Si, dígame? 00:14, 1 marzo 2009 (UTC)

Cadro Histórico de Galiza[editar a fonte]

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

Saudos compañeiros, gustariame que tratasemos o tema do cadro histórico de Galiza, porque sendo este cadro unha excelente idea, coido que podemos reconvertera e adaptala mellor, con máis información, estructurando mellor os temas e correxindo os erros que houbere. A ver se entre todos podemos facer unha propostas e ir collendo o mellor de cada. De entrada, vexolle algúns erros -e a falta da miña proposta aínda- comento algúns. Teriamos que ver exactamente as diferencias entre Prehistoria, Protohistoria e similares, no tema da Cultura Castrexa, tal vez sería mellor poñer Idade do Ferro (os castros seguiron a construirse durante época romana), o nome de Galicia celta tampouco parece o mais aconsellado pola previsible división de opinións, e en fin, iso deberemos pensado todos. En canto á "Gallaecia", tal vez sería mellor poñer a Galicia romana, ou Gallaecia romana, pois Gallaecia en si é simplemente o nome en latín de Galicia (e á vez no que deriva este), debemos ter en conta tamén que aqui xa estaba o Imperio Romano antes da creación da provincia romana de Gallaecia, iso tamén deberiamos velo. Seguindo, O reino suevo, poderiamos poñer "monarquía sueva" e ben poñelo na Idade Media, ou nunha "Idade Tardo-Antiga", posteriormente non debemos esquecer o periodo visigodo, poderiamos chamarlle "monarquía visigoda"?. Con todo, aínda asi, me parece que é centralizar moito a atención a estes pobos, pero bon, debatamolo. Despois, por suposto que non vexo de todo axeitado o termo "Reino de Galiza" pois o reino en si dura ata 1833, logo penso que debemos omitir o nome. a Galiza Feudal e a altomedieval, podemos chamarlle "Periodo altomeviedal" e "Periodo baixomedieval", tamén deberiamos pensado. E bueno, paro que senón non acabo nunca!, Iso a ver se podemos aínda que sexa, pois iso, facer propostas, porque coido que podemos coller esta boa idea do cadro para actualizalo, e finalmente nutrir á historia de Galiza dunha poderosa ferramenta de navegación e conexión. Se cadra ver o das outras wikis tamén nos pode axudar algo, en fin, un saúdo a todos.--Alexandre Vigo 22:18, 26 xaneiro 2009 (UTC)

A ver se proximamente penso algo neste tema, o malo é que teño os exames de febreiro e non vou poder dedicarme a isto demasiado. pero vamos, que non me esquezo. Alberte Si, dígame? 19:06, 27 xaneiro 2009 (UTC)
Eu tamén vou cavilar nesto. Claro que podese mellorar, ainda que só sexa por retirar a cultura castreña da Idade Antiga, sendo unha cultura carecteristica da idade do ferro. ElviraConversa comigo 13:38, 28 xaneiro 2009 (UTC)
Estiven vendo o modelo, algúnhas ligazóns, penso que se poderían cambiar, por exemplo "Galicia no Presente (Presente)", habería que trocar a ligazón, por exemplo, ao artigo Galicia, este é o meu punto de vista, pero eu non vou a modificar o modelo porque non teño moita esperiencia, pero se queredes, aquí tedes a miña suxerencia (o modelo está perfecto, iso non o discuto). Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 13:44, 27 febreiro 2009 (UTC)

Modelo:Dominios[editar a fonte]

Xa creei o novo modelo para todo tipo de dominios de internet; débese usar así:

Web[1]
           
           {{dominios
           |nome= |
           |anocreado= |
           |tipo= |
           |estado= |
           |rexistrador= |
           |patrocinador= |
           |usodestinado= |
           |paísorixe= |
           |sitioweb=[http://www. ] |
           }}
           

Espero que vos guste este novo modelo, eu xa o o puxen nalgunhas, polo cal, se vedes que outros dominios todavía non o teñen, o podedes poñer. Se queredes melloralo, aquí esta o enlace. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 20:23, 26 febreiro 2009 (UTC)

Ola xente! fixen un modelo para ter máis a man os interwikis da portada, incluín as 46 linguas con máis artigos máis o extremeño, asturiano, aragonés e occitano. Se vedes que son moitas, sobra algunha, ou deberíamos incluír/cambiar algunha pois avisade e revisamos :) Saúdos xente! --Banjo tell me 11:34, 27 febreiro 2009 (UTC)

  • De feito creo que me pasei... :S quizáis chegue coas 25 primeiras + as da península... --Banjo tell me 15:45, 27 febreiro 2009 (UTC)

Wikimania 2009: Scholarships[editar a fonte]

English: Wikimania 2009, this year's global event devoted to Wikimedia projects around the globe, is now accepting applications for scholarships to the conference. This year's conference will be handled from August 26-28 in Buenos Aires, Argentina. The scholarship can be used to help offset the costs of travel and registration. For more information, check the official information page. Please remember that the Call for Participation is still open, please submit your papers! Without submissions, Wikimania would not be nearly as fun!

galego: Please translate this message into your language. - Rjd0060 01:15, 9 abril 2009 (UTC)

galego: Wikimania 2009, o evento deste ano adicado aos proxectos Wikimedia de todo o mundo, acepta solicitudes de bolsas de axuda para a conferencia. A conferencia deste ano terá lugar entre os días 26 e 28 de agosto en Buenos Aires, Arxentina. A bolsa pode empregarse para axudar a compensar os costes do viaxe e inscrición. Para máis información, visita a páxina de información oficial. Recorda que a chamada de participación aínda está aberta, por favor presenta os teus documentos. Sen as túas propostas Wikimania non sería tan divertido! --Banjo tell me 07:57, 9 abril 2009 (UTC)

Veño de realizar diversas edicións no Modelo:lixo. Ata o de agora o que faciamos era marcar como lixo un artigo ou marcalo como "lixoporque" e dabamos un motivo. Ben, agora ambos os modelos están fusionados (coido que é máis cómodo) e o modelo lixo pode realizar as dúas funcións. É dicir, se non damos ningún motivo funciona como o antigo "lixo" e se o damos como o antigo "lixoporque". Máis nada. --Toliño Fala aquí comigo 17:51, 13 maio 2009 (UTC)

Debido á gran diversidade de maneiras de edición, criterios sobre que entradas crear e cales non, e á falta dunha páxina de axuda tan completa como a da Wikipedia, dispóñome a redactar para o Galizionario unha páxina de axuda como a da Galipedia. En consecuencia, xúrdenme unha serie de cuestións que hai que consensuar coa finalidade de homoxeneizar as edicións no proxecto.

Agradecería que os usuarios interesados pasasen pola Taberna do Wiktionary para dar a túa opinión dos distintos poblemas que vaian aparecendo. Grazas de antemán, e un saúdo!

NOTA: Xa deixei un aviso na páxina dalgúns usuarios recentemente activos no Galizionario, e coido que non chegamos aos 15! --GallaecioE logo? 16:31, 16 maio 2009 (UTC)

Hai moito tempo propuxera unha remodelación da póla Software, e xa nin o recordaba. Agora propoño outra. Gustaríame saber a vosa opinión antes de poñerme a adaptar os artigos actuais ao esquema proposto. Grazas de antemán. --GallaecioE logo? 12:36, 14 xuño 2009 (UTC)

6º aniversario do colaborador que comezou este wiki[editar a fonte]

Mañá 22 de xullo de 2009 cúmprense seis anos desde que se rexistrou Agremon o editor que comezou todo isto no que agora andamos nós. Foi o segundo colaborador do wiki, o primeiro galego e o que puxo en marcha o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:34, 21 xullo 2009 (UTC)

Noraboa :D --Ensada Fala ou cala 01:08, 22 xullo 2009 (UTC)
Parabéns a tódolos que colaboraron algunha vez no proxecto e, especialmente, a Agremon. Alberte Si, dígame? 12:18, 22 xullo 2009 (UTC)
Subscribo o dito por Ensada e Alberte. Noraboa e parabéns a todos! --Toliño Fala aquí comigo 12:27, 22 xullo 2009 (UTC)
Parabéns! --Góngora 17:35, 31 xullo 2009 (UTC)

Congratulations for the 50000th article from huwiki! :) ~ Boro 22:35, 6 agosto 2009 (UTC)

Thanks a lot! Alberte Si, dígame? 23:58, 6 agosto 2009 (UTC)

Varias novidades[editar a fonte]

Co remate do verán e a chegada da vindeira temporada traio tres novidades que creo que son importantes para a Galipedia:

  1. Despois de facer a tradución, xa está dispoñible o acceso á Galipedia desde os móbiles, o seu enderezo: http://gl.m.wikipedia.org/ Por desgraza aínda non sei como poder encher a Portada, que actualmente está baleira (véxase por exemplo a versión inglesa).
  2. Outra cousa destacable é a Iniciativa de usabilidade da Wikipedia. Trátase dun proxecto, chamado Beta (nun principio Açai), que ten o obxectivo de cambiar o aspecto da interface das wikipedias (suponse que para mellor). Se vos fixastes, hai pouco engadiuse unha nova opción antes do voso nome de usuario na parte superior das páxinas: Probar Beta. Podedes participar nela e dar a vosa opinión enchendo unha enquisa. Máis información: Wikipedia Usability Initiative.
  3. A terceira chégame desde un xornal. O día 26 de agosto lin unha nova en El País onde informaban de que os artigos das Wikipedias serían revisados antes da súa publicación. Como ando metido no choio das traducións en translatewiki.net, pouco tiven que pensar para ligalo coa extensión Flagged Revisions. Ata o de agora só estaba activada e en fase de probas na Wikipedia en alemán; trátase dunha extensión que controla todos os cambios realizados en cada artigo do wiki, deste xeito antes de que as modificación se publiquen, alguén tenas que revisar (para converter o borrador nunha páxina estable). Isto permite un maior control sobre os vandalismos, xa que nunca se publicarían agás que algún outro usuario dese o visto bo.

Á parte, existe outra extensión chamada Collection que dá a posibilidade de crear un libro con páxinas dun wiki e logo solicitalo como libro impreso ou descargalo en formato PDF (máis información: Book tool). Arestora isto non é posible na Galipedia, tan só nas wikipedias máis grandes. E coido que non esquezo nada... polo de agora máis nada, entón. --Toliño Fala aquí comigo 13:51, 27 agosto 2009 (UTC)

Ola Toliño, antes de nada grazas por ternos ó tanto, xa que algunhas destas cousas, a min se me pasaran por alto, nomeadamente a versión móbil da Galipedia. Aí van unhas dubidiñas: a enquisa eu enchina mais en galego, non sei quen é o receptor final das enquisas. Sabes onde está a discusión sobre a nova Beta? É en Wikipedia Usability Initiative? Non me acaba de convencer de todo a nova Beta. Sobre a portada da versión móbil da Galipedia, como habería que creala? Supoño que teríamos que facer un prototipo, quizais co artigo destacado e o sobre galicia, e as efemérides. Pero non sei moi ben como, nin onde discutir sobre iso. E por último o da aprobación das edicións por parte dos usuarios non o termino de ver nunha wikipedia como a nosa, quizais si nas grandes, na que o elevado número de usuarios activos permite unha revisión máis exhaustiva, mais na nosa sería (polo de agora) penso que bastante inviable. Máis nada, grazas por ternos ó día do que se coce. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:32, 27 agosto 2009 (UTC)

Corroboro as verbas de Alberte. Cubrín a enquisa (sen saber quen vai mirar os resultados), pero non quedei demasiado contento coa versión; Alégrome de que a galipedia estea dispoñible nos celulares, e se se sabe como facer a portada, anímome a axudar; non vexo factible aprobar os artigos novos; O que se fai agora de revisalos a posteriori, vai funcionando mal que ben. Reitero o agradecemento a Toliño polas traducións e a información. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:54, 27 agosto 2009 (UTC)

Concordo co que dixo Alberte. Respecto o da portada da versión mobil, penso que temporalmente, sería bo redireccionar a portada da Galipedia orixinal (esta). --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 16:03, 27 agosto 2009 (UTC)

Polo que fedellei na wiki inglesa, iso é algo que están a discutir na wikipedia inglesa se o implementan para eles, polo que non nos vai afectar a nós, é un nivel superior de protección que tampouco vai afectar a todos os artigos,en:Wikipedia:Flagged protection and patrolled revisions.--RNC 16:11, 27 agosto 2009 (UTC) Velaí vos vai o artigo fonte que utilizou El País [2], penso que as diferenzas e a fiabilidade de un e outro son evidentes --RNC 16:15, 27 agosto 2009 (UTC)

    • Comentarios en resposta. En principio, a enquisa debera ser cuberta en inglés, porque que eu saiba non hai ninguén galego nestas cousas. Se hai sorte, alguén que entenda castelán podería comprender o que puxestes en galego. As discusións sobre Beta están nun wiki de seu (antes facíanse directamente en Meta-Wiki): usability.wikimedia.org. En canto á Portada da versión móbil non é algo que poidamos crear "dándolle a forma que nós queiramos", non vai como a Portada dunha Wikipedia "normal"; esta Portada consta de soamente dúas seccións: a do artigo destacado e a de actualidade como podedes ver en calquera lingua. O que non sei é como facer que se vexan. En canto ao da validación de artigos, se se incluíse en todas as wikipedias, non creo que dependera de nós elixir se aceptamos ou rexeitamos este novo método. --Toliño Fala aquí comigo 09:48, 28 agosto 2009 (UTC)

Wikiproxecto sobre a hidrografía de Galicia[editar a fonte]

Hola! Son novo editando na Wikipedia e gustaríame axudar con respecto ó tema da hidrografía. Busquei se había algún artigo similar, e o que ten relación son os artigos Galicia e Xeografía de Galicia, que comentan brevemente a hidrografía, e dan un link a Ríos de Galicia, que é un listado por orde alfabética de todos os ríos. Penso que sería recomendable facer tamén unha clasificación xeográfica, e utilizar un esquema coherente con todos os artigos de ríos, rías e costas de galicia.

Como aínda non sabía moi ben como funciona isto, primeiro agrupei os ríos por cuncas, as cuncas por rías, e as rías por costas (Rías Baixas, Costa da Morte...) e creei uns mapas basados nos das diversas confederacións hidrográficas que teñen control en Galicia. Eses mapas están en SVG e xa os puxen en Wikimedia Commons baixo o dominio público. Despois editei o artigo Ríos de Galicia ó que lle engadín esa clasificación, engadin mapas, e crei un polémico artigo chamado Vertente no que pola miña ignorancia inventei unha nova clasificación de vertentes basada nas costas antes citadas, o miño, e outras dúas vertentes que inventei correspondentes ó Navia, ó Douro e ó Limia, sen saber que na Wikipedia só se pode engadir contido verificable por outras fontes. Con iso aclarado, a parte inventada xa se borrou. Tamén se propuxo cambiar a clasificación xeográfica de Ríos de Galicia a un novo artigo chamado Hidrografía de Galicia, para deixar o outro como listado. Entón creei este novo artigo, que de momento aínda e un mero esbozo ou esquema do que debe ser.

Pois ben, intento buscar máis axuda para seguir con este artigo, no que hai que revisar a clasificación feita especialmente no tocante a augas a mar aberto. Tamén sería bo escribir algo máis que a lista xeográfica en cada apartado, e completar o texto introductorio (copia do parágrafo adicado a hidrografía nos artigos Galicia e Xeografía de Galicia).

Tamén penso que é preciso adoptar un criterio a seguir para ordenar os afluentes (creo que o máis usado é primeiro pola esquerda e logo pola dereita, sempre río abaixo). Creo que tamén sería bo engadir nas páxinas de todolos ríos un cadro informativo (xa hai un, pero non é moi completo) no que aparezan recollidos os afluentes correctamente ordenados, os sitios por onde pasa, os detalles do nacemento e desembocadura, superficie da cunca, lonxitude do curso, e caudal na desembocadura, engadindo unha foto arriba e os mapas debaixo. Nos mapas eu poñería a localización da cunca (os que xa fixen), un mapa detallado da cunca con todos os cursos debuxados, localidades e serras (é bastante traballo, pero penso que pode valer a pena), e o perfil altimétrico do río. A idea do cadro saqueina do Geobox que utilizan na inglesa, que non usan só para os ríos, senón para todos os elementos xeográficos.

Non sei se todo esto é demasiado ambicioso ou está mal plantexado, pero espero servir de axuda co pouquiño tempo que lle podo adicar. Espero que entre todos sexa posible rematar o que se empezou. --Iagocasabiell 12:15, 5 setembro 2009 (UTC)

Creei o modelo {{Lugar}} a semellanza de {{Parroquia}} para inserir nos artigos de lugares de Galicia. Inclúe os campos: nome do lugar, imaxe e lenda d< imaxe, o nome da parroquia e o do concello, un campo para a poboación e o ano ao que corresponde. Se alguén se lle ocorre algunha mellora por favor que o diga canto antes para poder modificalo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:43, 5 outubro 2009 (UTC)

    • Bo traballo. A min paréceme ben en canto a datos, so faría unha suxestión: Se se puidese variar a cor ou algún outro elemento distintivo (non sei se iso resulta convinte ou congruente coas normas da Galipedia) para distinguilo mellor de {{Parroquia}} e non dar lugar a confusións (moi habituais) entre parroquias e lugares. --Xas (fálame) 16:01, 5 outubro 2009 (UTC)
En canto ao cambio de cor por min non hai problema, penso que é preferible que sexa da gama dos azuis (aínda sendo distinto) para ter continuidade con {{Concello info}} e {{Parroquia}}. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:17, 5 outubro 2009 (UTC)
Entón poderiamos ir dun azul máis escuro ({{Concello info}}), a un intermedio ({{Parroquia}}) e a outro clariño ({{Lugar}}). Ou ao revés, de claro a escuro. --Toliño Fala aquí comigo 16:30, 5 outubro 2009 (UTC)
A min valenme calquera das dúas opcións, deixoo nas vosas mans. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:42, 5 outubro 2009 (UTC)
Calquera das dúas opcións paréceme boa. Por min, que decida Prevert, xa que el creou o modelo, a que se sexa máis sinxela. Ou senón que opine máis xente...--Xas (fálame) 18:57, 5 outubro 2009 (UTC)
O dos azuis que propón Prevert e o das tonalidades que di Toliño parece unha boa opción. --Atobar (conversa comigo) 20:29, 5 outubro 2009 (UTC)

Posto que o aspecto de {{Concello info}} é resultado dunha votación penso que é mellor non tocalo e facer os cambios en {{Parroquia}} e {{Lugar}}. Como fixen o modelo {{Lugar}} para saír do paso se alguén de vós se anima a facer as mudanzas de cores por min perfecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:35, 6 outubro 2009 (UTC)

  • Cambieilles as cores aos modelos de parroquia e lugar. Penso que o primeiro quedou con cores algo deprimentes, a ver se alguén atopa outras mellores. --Toliño Fala aquí comigo 16:15, 6 outubro 2009 (UTC)

Modelo:Entidade[editar a fonte]

Ollo!, acabo de ver que existe outro modelo que ten o mesmo emprego que iste e que xa se ven usando para os mesmos casos. Trátase do Modelo:Entidade. Podedes combrobar o uso en Chorente, Ribas Pequenas, Bóveda. Habería que ver de unificar ambos modelos...--Xas (fálame) 12:50, 12 outubro 2009 (UTC)

Renomear/Mover imaxes[editar a fonte]

En Commons está en probas desde o 21.09.09 a opción mover imaxes como se fosen páxinas, creo que é interesante para a Galipedia seguir o proceso por iso poño aquí o aviso. Información en Commons:File renaming. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:55, 7 outubro 2009 (UTC)

Capitais do Brasil[editar a fonte]

Criei o modelo Modelo:Capitais do Brasil. Alex Pereira¡digame! 18:09, 15 outubro 2009 (UTC)

Non seria mellor Capitais dos estados de Brasil ? Elvire 20:48, 15 outubro 2009 (UTC)
É máis completo. Fixo o cambio. Alex Pereira¡digame! 12:29, 16 outubro 2009 (UTC)

Creei a categoría oculta Galerías para poder identificar e levar conta do número de galerías na Galipedia. Por exemplo cos 'Homónimos' pódese levar conta mediante o marcador {{Homónimos}} pero no caso das galerías iso non era posible porque só están clasificadas na categoría correspondente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:16, 2 novembro 2009 (UTC)

Máis sobre categorías ocultas[editar a fonte]

Vou comenzar a crear categorías ocultas que faciliten o mantemento e actualización dos artigos para aforrar tempo e para ter identificados aqueles artigos que requiran a revisión de datos que mudan periodicamente. Por exemplo os datos referidos a poboación nas páxinas de concellos, parroquias e lugares de Galicia. O nome da categoría vai ser do tipo: Categoría:Poboación 2007 (para ter nomes curtos e coa información suficiente) e como subcategorías as de cada concello (para seguir o mesmo esquema que para outras categorías; exemplo: Categoría:Fene poboación 2007), se o sistema funciona correctamente chegará un momento no que se poida saber cales son os artigos que requiran actualización de poboación sen necesidade de ir revisando un a un. Se esta categorización é útil pensaba estendela a outras situacións que requiran ese tipo de actualizacións. O obxectivo principal e permitir mellorar a calidade do wiki e que no futuro sexa preciso menos esforzo e tempo para manter revisados este tipo de artigos. Aproveito a mensaxe para dicir que así mesmo quería crear unha categoría oculta para as listas (aínda que xa existen categorías visibles) para poder cuantificar e identificar as listas dentro dun procedemento no que estou traballando para tentar ter algún indicador de calidade dos contidos da Galipedia. Se credes que se pode facer algo máis para mellorar o procedemento de revisión dos artigos ou se tedes algún comentario teño interese en coñecelo para ver de perfeccionar o sistema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:52, 11 novembro 2009 (UTC)