Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Wikiproxecto: banda deseñada[editar a fonte]

Eu teño como paixón a bd. Quería tentar que a wikipedia en galego tivese unha sección de bd á altura e que fose realmente útil. Sei que se cadra hai cousas máis importantes, pero se alguén quere axudar (sobre todo na parte técnica e loxística, xa que aínda non controlo ben como se constrúen certas cousas) que fale comigo. Hai moito por facer: dar profundidade ás seccións teóricas, subir imaxes, facer unha historia da bd ampla e en condicións, facer que algúns artigos sexan máis neutrais, serios e documentados, ampliar a cantidade de autores e os datos sobre eles... Alguén se apunta? Xermánico! 21:08, 3 xaneiro 2008 (UTC)

  • Eu a aumentar de cando en vez con algunha tradución algún autor do meu interese, porque teño moitos choios abertos. Comezarei co autor do Eternauta, xa que liga por desgraza co wikiproxecto:Dereitos humáns (outro choio que teño desatendido). Eso que os moi poucos alguna pequena biografía de cando en vez.( Lansbricae (Ti dirás) 23:54, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes con nome inadecuado[editar a fonte]

baseado no punto 4 de Wikipedia:Política de uso de imaxes#Regras sobre o uso das imaxes: pasos a seguir

Para facilitar o traballo coas imaxes, posto que é frecuente dar con imaxes con nome incorrecto (tipo Image:DSCN0470.jpg), crearei prontamente tres modelos novos. Están presentes, aínda que sen rematar totalmente, nesta páxina.--Lmbuga Commons - Galipedia 04:50, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Novos modelos[editar a fonte]

Creei novos modelos de mantemento de imaxes e aviso a usuarios do problema:

Non dubidedes en achegarme as consideracións que consideredes pertinentes--Lmbuga Commons - Galipedia 21:11, 11 xaneiro 2008 (UTC)

Wikipedia cumpre sete anos[editar a fonte]

Jimmy Wales en Wikimania, Frankfurt, augosto de 2005

Hoxe 15 de xaneiro de 2008 a Wikipedia en inglés —o xerme de todas as Wikipedias— cumpre sete anos (ver unha listaxe coas datas de creación das Wikipedias). No momento de redactar esta mensaxe contén 2.176.075 artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:04, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Nova alternativa para licenciar imaxes[editar a fonte]

Ante a proliferación de imaxes con dobre licenza (GFDL e creative Commons. Véxase Imaxe:Monte Pindo.JPG), xa que me parece un tanto estraño, procedín, tras chegar a acordo con Alma, a crear unha nova alternativa para licenciar imaxes con dúas licenzas xa existentes, permitindo a aquel que desexe empregar ditas imaxes a escolla de unha das dúas licenzas presentadas.

Trátase de Modelo:GFDL ou cc-by-sa 2.5 es. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:17, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Unha dúbida

As imaxes con esa licenza categorízanse nunha categoría non existente: Categoría:GFDL ou Cc-by.sa.2.5-es. Non sei se sería mellor que se categorizasen ó mesmotempo en dúas categorías, dado que se poden empregar con calquera das dúas licenzas, en Categoría:Imaxes GFDL e en Categoría:CC-BY-SA-2.5-ES--Lmbuga Commons - Galipedia 22:24, 15 xaneiro 2008 (UTC)

  • Eu penso que case mellor que se categoricen nas dúas, semella máis lóxico, non?. Alma (fálame eiquí) 22:41, 15 xaneiro 2008 (UTC)
  • E como subcategoría con esas dúas categorías, quedarían agrupadas e constarían como híbridas nas dúas categorías non? Lansbricae (Ti dirás) 22:46, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Recadación de fondos: más de 2 millóns de dólares[editar a fonte]

Segundo datos publicados na lista de correos da Fundación Wikimedia, recadaronse máis de 2 millóns de dólares na última campaña de recollida de fondos (07-08). Esa cantidade inclúe unha doazón de medio millón de dólares dun doador anónimo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:47, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Procedo a borrar as imaxes sen licenza e/ou orixe. Comezo por xaneiro de 2007. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:52, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Creei este novo modelo. É semellante a Modelo:OrixeImaxe. Posibilita maior claridade na administración e que un administrador non teña que volver facer o traballo que xa fixo outro. Foi xa empregado en Imaxe:Castelo-da-Lúa-ruínas.JPG.

Se algo se vise incorrecto, corríxoo; ou propoño consenso sobre a cuestión--Lmbuga Commons - Galipedia 21:22, 21 xaneiro 2008 (UTC)

Busco oradores para xornadas sobre o galego na rede[editar a fonte]

Ola:

Son unha dinamizadora da Sociedade da Información, estou no concello de Ordes e quería convocar unhas charlas neste concello sobre a situación do galego na rede. Serían para a semana das letras galegas, é dicir entre o 12 - 15 de maio. Gustaríame, se algún administrador ou burócrata quere asistir para falar da Galipedia, como xorde, como se desenvolve, problemas, alegrías, etc... sería unha aportación maravillosa. Por outra banda avisaros de que non podemos pagaros nada, por desgracia o presuposto para isto é, polo dagora de 0,00. Espero que máis adiante nos dexen algúns cartos pero non creo.

Se algún de vos está interesado en participar neste proxecto por favor poñédevos en contacto comigo : . Grazas

Entrevista da presidenta de Wikimedia[editar a fonte]

Florence Devouard entrevistada o 1 de marzo 2008 nuhna televisión en lingua francesa pa os que entenden o francés :Entrevista LCI ElviraConversa con mi 13:58, 9 marzo 2008 (UTC)

Pareceme oportuno de traducir duas cousas.
  1. Na presentacion esta escrito : " Florence Devouard, présidenta da Wikimedia Foundation, a francesa ...... a enciclopedia na rede de balde e sen publicidade ......"
  2. Ao final da entrevista o xornalista preguntalle si pensa que e posible que a fundacion venda aos proxectos. Florence Devouard responde que non no pode imaxinar.ElviraConversa con mi 19:07, 30 marzo 2008 (UTC)

Visitas á Galipedia[editar a fonte]

Non sei se o sabedes pero está en desenvolvemento unha ferramenta para ver as visitas ás páxinas máis vistas por wikis e as visitas por día. A estatística da Galipedia do mes de febreiro pódese ver aquí [1], as visitas á Portada en marzo [2] e abril [3] de seren certos os datos amosan un aumento no tráfico, con máis de 3000 visitas case todos os días só na Portada no mes que andamos. A páxina principal é stats grok.se.--Arco de Rayne 17:18, 9 abril 2008 (UTC)

  • Tan só unha advertencia para saber as visitas que recibe unha páxina a ferramenta conta como páxinas diferentes as redireccións, así Castelao recibiu no mes de marzo 729 visitas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 403 visitas, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao 11 visitas e Alfonso Rodríguez Castelao 2 visitas polo que a cifra real de visitantes da páxina de Daniel foi de 1145 visitas (se sumei ben e contei todas as redireccións) no mes de marzo.--Arco de Rayne 17:37, 9 abril 2008 (UTC)
  • Moitas grazas pola información acerca desas páxinas coas estatísticas da Galipedia. É bo saber que recibimos bastantes visitas, aínda así hai que seguir a traballar para que eses números medren máis e máis! Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 17:56, 9 abril 2008 (UTC)
Iso é bárbaro... Non só como curiosidade, senón como esmero: deberiamos traballar en mellorar precisamente eses artigos máis requiridos. :) --Xabier Cid 18:34, 9 abril 2008 (UTC) Por certo... tiro parabólico?? Que clase de visitantes temos?? --Xabier Cid 18:39, 9 abril 2008 (UTC)
Por se lle queredes botar un ollo, fixen unha pequena táboa sobre a calidade do noso topten... :) velaí. --Xabier Cid 19:17, 9 abril 2008 (UTC)
  • Como curiosidade que podería explicar as visitas de tiro parabólico está que de procurármonos "tiro parabólico" en google a páxina da Galipedia aparece de 7ª, xusto na parte superior que normalmente recibe moitas máis visitas que a 8ª que xa aparece na parte inferior da páxina e máis tiro parabólico sen as aspas tamén aparece de 7ª e se procuramos parabólico tiro de 6ª e se teclemos parabólico e expresión aparece de 5ª. En definitiva as palabras (tiro e parabólica) coinciden co castelán e portugués e está moi ben situada en google.--Arco de Rayne 20:05, 9 abril 2008 (UTC)

Revogación.Administración.Lmbuga[editar a fonte]

En Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes/Usuario:Lmbuga propuxen que eu mesmo deixase de ser administrador--Lmbuga Commons - Galipedia 04:37, 12 abril 2008 (UTC)

Borrado de 2 páxinas[editar a fonte]

Hoxe borrei dúas páxinas da Galipedia creadas por alumnos meus rexistrados co nome Usuario:IES A Estrada, trátase de Shaquille O'Neal e Vince Carter. Eran traducións de wp.es sen estrutura, sen abasolutamente ningunha ligazón, sen nada. Pasáronas por un tradutor automático e deixáronas tal cal, cunha mínima revisión de lingua. Case é preferible volver comezar o traballo, antes de poñerse a wikificar. Eles non poden afrontar esa wikificación, pois xa lles deixei dúas páxinas nas mesmas condicións ou en condición semellante. Cando rematen coas que teñen, se lles dá tempo, recuperarei esas e poñereinos a wikificalas. Mentres, para que perciban que isto é un proxecto serio, éme preferible borralas.

Borreinas inda que non se encontra de xeito evidente o motivo en Wikipedia:Eliminación rápida, pero non borralas sería semellante a dicirlles a 50 rapaces que pasar de todo é aceptable: Non podo permitir que alardeen de que crearon un número enorme de entradas e que os demais vexan o que fixeron.

Se eles non son quen de rematar o traballo, eu mesmo recuperarei esas páxinas e comporeinas. Pero para iso haberá que esperar a que empecen a tomar en serio a Galipedia, a que atendan a razóns ou a que remate o curso.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:05, 21 abril 2008 (UTC)

Unha revolución para a lexicografía galega[editar a fonte]

Bieito e o seu grupo de Ir Indo colgaron o seu dicionario de galego en liña: mesmo inclúe ás veces a tradución a castelán, inglés ou portugués. A bafarada de aire fresco que supón esta noticia para o galego é tan grande que non cómpre dicir nada máis. -- Sobreira (parlez) 12:37, 23 abril 2008 (UTC)

Ordes[editar a fonte]

Vou poñerme en contacto xa coa persoa que leva as charlas de Ordes, despois de que ninguén amosase a súa oposición. -- Sobreira (parlez) 12:37, 23 abril 2008 (UTC)

Election Notice - Please translate[editar a fonte]

The 2008 Board election committee announces the 2008 election process. Wikimedians will have the opportunity to elect one candidate from the Wikimedia community to serve as a representative on the Board of Trustees. The successful candidate will serve a one-year term, ending in July 2009.

Candidates may nominate themselves for election between May 8 and May 22, and the voting will occur between 1 June and 21 June. For more information on the voting and candidate requirements, see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008>.

The voting system to be used in this election has not yet been confirmed, however voting will be by secret ballot, and confidentiality will be strictly maintained.

Votes will again be cast and counted on a server owned by an independent, neutral third party, Software in the Public Interest (SPI). SPI will hold cryptographic keys and be responsible for tallying the votes and providing final vote counts to the Election Committee. SPI provided excellent help during the 2007 elections.

Further information can be found at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/en>. Questions may be directed to the Election Committee at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Talk:Board_elections/2008/en>. If you are interested in translating official election pages into your own language, please see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/Translation>.

For the election committee,
Philippe Beaudette

Tradución
O Comité de elección do Consello 2008 anuncia o comezo do proceso de elección. Os colaboradores de Wikimedia teñen a oportunidade de elixir un candidato da comunidade Wikimedia como representante no Consello de Administración. O representante elixido será o representante por un período dun ano que rematará en xullo de 2009.
Os candidatos poden propor eles mesmos a súa candidatura entre o 8 e o 22 de maio, a votación terá lugar entre o 1 e o 21 de xuño. Para ampliar información sobre a votación e os requirementos para poder presentarse vexa <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008>.
O sistema de votación aínda non está confirmado, en todo caso o voto será secreto e manterase estritamente a confidencialidade.
Os votos serán rexistrados e recontandos nun servidor independente, unha terceira parte neutral, Software in the Public Interest. (SPI). SPI manterá as claves de cifrado e será responsable do reconto dos votos e de presentar o resultado final ao Comité de Elección. SPI xa forneceu unha excelente axuda durante as eleccións de 2007.
Pode atoparse máis información en <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/en>. Poden dirixirse as dúbidas directamente ao Comité de Eelección en <http://meta.wikimedia.org/wiki/Talk:Board_elections/2008/en>. Se quere traducir as páxinas oficiais da elección na súa lingua por favor vexa <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/Translation>.
Polo Comité de Elección,
Philippe Beaudette

Cuestionario Galicia-e[editar a fonte]

Ola, puxéronse en contacto comigo dende o xornal Galicia-e (El Progreso) para responder un cuestionario sobre a actividade da wikipedia. Eu díxenlle que era unha persoa máis da comunidade, e que o cuestionario mercería unha resposta consensuada e conxunta. Teño a lista de preguntas nun doc, e non as poño aquí á vista pública porque non sería moi elegante co traballo do xornalista. Creo que o mellor é que tres ou catro persoas se ofrezan para responder e se repartan as preguntas, e que despois poñan en conxunto a súa resposta. Obviamente é unha cuestión de moita urxencia, que temos que resolver hoxe. Se alguén ten outra solución, estou completamente aberto a propostas de traballo en equipo. --Xabier Cid 09:51, 14 maio 2008 (UTC)

  • Ofrézome voluntario para responder as preguntas. Se o cuestionario non é moi longo, penso que mellor que repartírmonos as preguntas sería facer unha especie de enquisa. Responder todos todo, e sacar conclusións. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:19, 14 maio 2008 (UTC)
  • Eu tamén me ofrezo, pero para pór en común as respostas e consensuar unhas respostas penso que deberíamos poñernos os que nos ofrezamos a consensuar vía messenger ou amsn ou no noso chat de wikipedia, que é moito máis rápido e sinxelo de aclarar as cousas. AlberteSi, digame? 14:24, 14 maio 2008 (UTC)


Contestaron Estevoaei e Alberte. Eu fixen unha posta en común e envieilla ao xornalista. Moitas grazas aos dous. --Xabier Cid 12:10, 16 maio 2008 (UTC)

Saíu a nova acerca da Galipedia en Galiciae. Por certo, que a Estevoaei póñeno como administrador, hehehe. Noraboa, creo que quedou bastante ben. AlberteSi, digame? 12:28, 17 maio 2008 (UTC)

  • Gostoume moitissimo o artigo. Polo de administradores, eu diria que é opinion recollida de tres usuarios e engadiria que tamén é a opinion, polo menos dunha cuarta usuaria D: ElviraConversa comigo 13:07, 17 maio 2008 (UTC)

Conta unificada[editar a fonte]

  • En Meta xa se implementou para todos os usuarios a Conta Unificada que serve para todas as wikipedias, Commons, Wikidicionarios e todos os outros proxectos da Fundación Wikimedia para utilizalo hai que se rexistrar en Meta-wiki e desde alí unificar as contas en Meta:Special:MergeAccount, non leva nin un minuto, é moi práctico co mesmo nome pódese ter contas en calquera dos proxectos sen necesidade de crear unha nova conta en cada un.--Arco de Rayne 17:34, 27 maio 2008 (UTC)
  • Isto gostariame moito facelo, pero teño medo de ter problema por non saber inglés : xa me rexistrei en varios proxectos como usuario Elvire,agás na wiki inglesa por non estar o nome libre tiven que llamarme Virita (que ven de Elvirita !). Si ese registro é automatico poís vou ter duas contas na wikipedia inglesa ??? ElviraConversa comigo 20:29, 27 maio 2008 (UTC)
  • Non terías dúas, xa que antes de acceder á conta unificada fai un chequeo do resto das wikipedias (as contas xa existentes co teu nome que teñan o mesmo o mesmo contrasinal e o mesmo correo electrónico unifícaas, se tes contas co mesmo nome pero con diferente contrasinal ou outro correo electrónico considera que non son túas polo que antes terías que cambiar eses datos). No caso que o teu nome estea ocupado nunha wiki non crea alí conta, nese caso terías que crear ti unha manualmente con outro nome se o desexas. Polo tanto no caso da wiki inglesa non creará Elvire por estar ocupado e como xa tes unha conta alí non terías que facer nada, tes a explicación en francés tamén Meta:Help:Unified login/fr.--Arco de Rayne 20:40, 27 maio 2008 (UTC)
Me temo que non podes crear a túa global, antes tes que conseguir que che asignen a conta Elvire en en.wp. Polo rexistro vese que Elvire en en.wp data do 6 de maio de 2006 e non ten ningunha contribución. Iso quere dicir que poderías recuperala, ese procedemento chámase Usurpation e é semellante na maioría dos wikis (Wikipedia:Changing username/Usurpations). Sería algo así: solicitar a conta Elvire seguindo os pasos alí estabelecidos, se che asignan a conta eles moven a actual Elvire por exemplo a Elvire.old a continuación moven Virita a Elvire e ti podes entrar co actual contrasinal e no teu historial aparecen todas as contribucións que teñas feito como Virita. Como precaución mentres non che asignan esa conta de usuario deberías de tentar rexistrar o teu nome de usuaria seguindo o procedemento normal polo menos nos wikis grandes para non ter que abrir un procedemento de recuperación de nomes en cada wiki (para que outras persoas non rexistren o mesmo nome nese tempo). Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:44, 27 maio 2008 (UTC)
  • Non sei, iso debeu ser antes pero agora en Meta pon: Firstly, note that the existence of the other account does not stop you from getting the global name. When you merge your account, it will tell you that the merge is incomplete, but it will also create the global account for you at that time. You will be able to use the global account on all wikis except for the ones where the named account is not under your control.

If you want to usurp an account on another wiki, you should make a request to a bureaucrat on the problem wiki. Subject to local policy, the bureaucrat may be able to rename the target account. If there's no bureaucrat on the wiki you should ask a steward to usurp this account.

Crea a conta como incompleta o que quere dicir que a crea en todas menos na que exista ese nome, aínda que como pon no segundo parágrafo o que di Prevert tamén é certo, pódese pedir a usurpación desa conta.--Arco de Rayne 20:52, 27 maio 2008 (UTC)

Iso que di Arco de Rayne é certo, o problema aparece cando hai outros usuarios que reclaman contas co mesmo nome. Mentres non teñan contribucións a cousa vai ben pero se teñen contribucións o procedemento complícase. Arco de Rayne refírese a unha combinación parcial de contas, podes facelo e cando recuperes as outras contas pedir en Meta que borren a conta global para volver combinar as contas (mentres só se trate de engadir as novas contas creadas non hai que facelo, no caso de usurpación de contas si), faise na mesma páxina que puxo Arco de Rayne. Durante as últimas semanas esa páxina estivo chea de peticións porque os administradores tiveron opción de combinar as contas primeiro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:16, 27 maio 2008 (UTC) ( Xa meu de varias veces conflito de edición, comezando pola primeira mensaxe :-) )--Prevertgl 21:16, 27 maio 2008 (UTC) Engadido: quizais sexa o que leve menos tempo facer a conta global, recuperar as contas que non teñas e logo pedir o borrado da conta global para volver unilas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:20, 27 maio 2008 (UTC)
  • Esa Elvire do 6 de maio do 2006 non son eu. Eu só son a en:user:Virita rexistrada no 2008. Sempre poño o mismo correo electronico e sempre levo a misma contraseña. Si entendo ben :
  1. con esta ligazón (Wikipedia:Changing username/Usurpations) podo pedir de gardar a conta de Virita, dandólle o nome de Elvire que o leva un usuario que nunca editou. Anduven mirando, pero o inglés non me entra (lol). Vou leer o que din en francés para intertalo nos días que siguen.
  2. despoís irei facer a conta unificada, xa que todas outras contas estan como di Arco de Rayne. Vou perder tempo estos días, pero é para ganalo despoís. Sempre hai ocasion pasando por un proxecto de editar algo, é a veces non o fago porque non me gusta facelo coma IP a quén logo non se lle pode decir que meteu a pata (lol). Gracias pola axuda. ElviraConversa comigo 21:21, 27 maio 2008 (UTC)
Efectivamente un burócrata pode asignarche a conta Elvire en en.wp se o procedemento acaba con éxito. En segundo lugar o que di Arco de Rayne é que podes unificar o resto das contas agora para impedir que outra persoa rexistre o nomes sen necesidade de ir wiki a wiki rexistrandote. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:27, 27 maio 2008 (UTC)Engadido: se fas iso podes comprobar si funciona indo a un wiki no que non esteas rexistrada poñer o teu nome de usuario e o contrasinal e se todo foi ben deixarache entrar e no rexistro de usuarios do wiki poñerá "conta creada automaticamente" en inglés ou na lingua que corresponda se o traduciron. Un cordial sáudo. --Prevertgl 21:31, 27 maio 2008 (UTC)
    • Veño de leer en francés a páxina para unificar as contas: eso só se pode facer si se é administrador polo menos nun proxecto. Non é o meu caso. Esique olvidome a conta unica.ElviraConversa comigo 21:29, 27 maio 2008 (UTC)
A páxina non está actualizada, agora tamén o poden facer o resto de usuarios. --Prevertgl 21:31, 27 maio 2008 (UTC)
Ratifico o que di Prevert, eu non son administrador e unifiquei as miñas contas sen problema.--Arco de Rayne 21:33, 27 maio 2008 (UTC)
  • Non é preciso ir a Meta para crear unha conta unificada tamén se pode facer desde a Galipedia en Especial:MergeAccount, debe ser unha cousa nova porque xa mirara eu antes esa páxina e non había nada, ou ben mireina mal.--Arco de Rayne 21:40, 27 maio 2008 (UTC)
A Meta hai que ir para borrala no caso de que sexa preciso. --Prevertgl 21:43, 27 maio 2008 (UTC)
  • Feito. Como é iso de que hai que ser administrador nalgunha das wikis? Non se referirá a outra cousa? Porque se é así... son un ilegal! --GallaecioE logo? 19:18, 4 xuño 2008 (UTC) :-)
  • Feito. Gallaecio, como xa se dixo, agora non é necesario ser administrador, estas na legalidade (lol). Pareceme mui ben de ter a misma identidade en todos proxectos ! ElviraConversa comigo 15:53, 8 xuño 2008 (UTC)

Resultados da elección do Consello de Administración[editar a fonte]

Ting Chen foi elixido na recente elección para ocupar un posto no Consello de Administración da Fundación Wikimedia en representación da comunidade Wikimedia. Na vindeira reunión do Consello que terá lugar o 16 de xullo de 2008 a toma de posesión fárase efectiva. Nesta elección emítironse 3.019 votos válidos, dos cales sete foron realizados desde wikis en lingua galega (tiñan dereito a voto nesta elección 39 colaboradores). Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:37, 3 xullo 2008 (UTC)

A Wikimedia en galego[editar a fonte]

Xa está dispoñible a tradución ao galego da Portada da Wikimedia. Podédela atopar nesta ligazón: wmf:Portada galega. Saúdos e a seguir traballando en mellorar a posición do galego na internet! --Toliño Fala aquí comigo 11:01, 4 xullo 2008 (UTC)

Alegrame moito que se faga ese traballo. A ligazón que das Toliño non permite rexistrarse !ElviraConversa comigo 11:18, 5 xullo 2008 (UTC)
  • Para rexistrarse na Wikimedia Foundation hai que pedir unha aprobación en Meta-Wiki explicando por que queres unha conta aí. (Polo menos iso creo...) --Toliño Fala aquí comigo 12:17, 5 xullo 2008 (UTC)
  • Perdoa Toliño é que confundin a Wikimedia Foundation e meta, donde veño de darme conta que xa existe unha portada en galego meta:Portada/Gl e onde tamén seguides traballando. Eu non teño nada que ir pintar a Wikimedia Foundation . Gracias Toliño ElviraConversa comigo 13:37, 5 xullo 2008 (UTC)

Creei esta categoría en Categoría:Imaxes de persoas. Se se ve algún inconveniente, ou se se prefire outra denominación, múdoa. É semellante a Category:Wikipedians de Commons--Lmbuga Commons - Galipedia 17:01, 16 xullo 2008 (UTC)

  • É para os que teñan artigo ou tamén para nós? Un saúdo! --GallaecioE logo? 08:13, 18 xullo 2008 (UTC)
É para aqueles usuarios que suban imaxes de si mesmos--Lmbuga Commons - Galipedia 17:52, 6 agosto 2008 (UTC)
  • A mín pareceme mui ben a Category:Wikipedians, do mismo xeito que hai listas dos usuarios, que se teña unha galeria de fotos dos usuarios que as puxeron na wiki. De lembranza ainda faltlan algúns, Agremon, Gallaecio, Hugo22 ...ElviraConversa comigo 13:35, 18 xullo 2008 (UTC)

Categorías en Commons (Ollo)[editar a fonte]

Veño observando que se están a marcar para borrar en Commons tódalas imaxes que non están categorizadas cando menos nunha categoría. Hai catro meses isto non acontecía. Se subides unha foto, categorizádea. Como mínimo poñédea en Category:Galicia (Spain), xa me encargarei eu despois de localizar o espazo máis adecuado. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 17:51, 6 agosto 2008 (UTC)

Novo modelo[editar a fonte]

Creei un novo modelo para pór en artigos nos que haia moitas referencias. É o Modelo:Moitas referencias, e podedes ver como queda en: Negu Gorriak, Conflito de Osetia do Sur de 2008 e en Proceso e disolución da Orde do Temple. -- Norrin_strange (Fala-me) 21:51, 14 agosto 2008 (UTC)

Está mal pór moitas referencias? O digo porque estou de cando en vez a traducir o artigo sobre Ubuntu GNU/Linux, e se ben elimino algunhas referencias por pereza ou por non poñer moitas en inglés (que son todas), creo que nunca están de máis. Un saúdo! --GallaecioE logo? 10:52, 16 agosto 2008 (UTC)
Non, non está mal por moitas referencias. Ó contrario. Esta caixa o que fai e por as referencias ordeadas a varias columnas, e cunha barra de desprazamento vertical, co cal ocupan menos no artigo. Como comentou Norrin_strange, podes fixarte por exemplo no artigo Negu Gorriak (e fíxate o que ocupaban as referencias na versión anterior) Miguel.lima 21:31, 20 agosto 2008 (UTC)
Eu son parvo. Cando o lin pensei que se refería a pór unha alerta equivalente ás de "faltan referencias" ao principio do artigo. Definitivamente, estou aparvado. Pois nada, está xenial o modelo. De feito, podo aprobeitar para poñelo na páxida de Ubuntu. Moitas grazas. --GallaecioE logo? 10:50, 21 agosto 2008 (UTC)

Tell us about your Wikipedia[editar a fonte]

Please Tell us about your Wikipedia language edition, answering some questions, and learn about others.--Ziko 18:07, 28 agosto 2008 (UTC)

Estaría ben que alguén que xa leve tempo na Galipedia e domine o inglés contestase as preguntas, que non son moitas tampouco. Eu pensei en facelo, pero son relativamente novato e non sabería contestar nin á metade delas. --GallaecioE logo? 14:11, 31 agosto 2008 (UTC)

Modelo:ServizoMúsicaOnline[editar a fonte]

Acabo de traducir este modelo da wikipedia en inglés para utilizalo en artigos coma Jamendo ou iTunes. --GallaecioE logo? 11:09, 29 agosto 2008 (UTC)

Translation request[editar a fonte]

Olà! I have made commons:Template:User SUL, this template give a link the main account of the user's SUL. Could someone translate this template? It exist also in es: es:Template:Usuario:Userbox/SUL. Muchos gracias. Otourly 09:24, 9 setembro 2008 (UTC)

Estou intentando crear na Galipedia unha estrutura semellante á que en Commons temos coas imaxes (inda estou comezando). As dificultades, especiamente cos títulos, son máis das que esperaba, pero tiro para adiante sen pensar demasiado, inda que xa son consciente de que hai -e pode haber máis- incoherencias. Máis vale que haxa algo feito do que partir para pode melloralo ca que non haxa nada. A única categoría que copiei completa é Categoría:Imaxes de castelos de Galicia, creo que case exacta a Commons:Category:Castles in Galicia (Spain). Non vou crear categorías completas de aquí en diante, só trasladar a estrutura. Entendo que todo o que fago debe ser cuestionado e mellorado. O traballo que iniciei pode levar meses. Calquera axuda é benvida--Lmbuga Commons - Galipedia 20:05, 28 setembro 2008 (UTC)

Poís tes un arranque que da animós ! Pareceme mui positivo que fagas eiqui en homoxeneidade con commons. Non penso que serei de moita axuda, pero podo decir que xa aproveitei o teu traballo Lmbuga : resulta maís agradable de buscar eiqui sobre Galicia, sabendo cas imaxes están dispostas ala. Mui bóo traballo ! ElviraConversa comigo 20:47, 28 setembro 2008 (UTC)
Sobre isto das imaxes na Galipedia, eu sempre tiven unha dúbida: ¿Tén sentido subir as imaxes á Galipedia? Quero dicir, ¿non sería mellor subilas directamente a Commons? Alí poderían ser empregadas, ademáis de pola Galipedia, por calquera outro proxecto da fundación. Ademáis, alí si que xa existe unha estructura de categorías moito máis elaborada. Postos a pasar o choio, eu subiría esas imaxes ás categorías que xa existen (ou si non existen creanse) en Commons, máis que categorizalas na Galipedia. Saúdos, Miguel.lima 11:52, 4 outubro 2008 (UTC)

Un millón de edicións[editar a fonte]

Estamos preto de acadar o millón de edicións, neste momento faltan 43.171 edicións para chegar a esa cifra. A continuación poño unha comparativa do número de edicións cos wikis que temos arredor:

  • es 21.918.742
  • pt 12.713.757
  • ca  2.741.094
  • gl     956.833
  • eu     853.583
  • ast    296.446
  • an     286.636

Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:32, 10 outubro 2008 (UTC)

Wikipedia logo project[editar a fonte]

English: Hello! This is a message to inform all the Wikipedias that there is an ongoing project to fix the errors in the Wikipedia logo. There's also a plan to add more characters in the blank spaces and find characters for the other sides of the globe. Feel to visit the page on Meta-Wiki and discuss it on the talk page. If this message has arrived in the wrong place, please update the distribution list. Thank you, and see you on Meta! Bastique 20:22, 17 outubro 2008 (UTC)

galego: Boas! Esta é unha mensaxe para informarvos a tódolos wikipedistas de que hai en marcha un proxecto para soluciona-los erros no logo da Wikipedia. Tamén se planea engadirlle máis caracteres nos espazos baleiros e buscar caracteres doutras partes do globo. Non dubidedes en visitar a páxina en Meta-Wiki e conversar ao respecto na páxina de conversa. [...]. Grazas, vémonos no Meta!
Bastique 20:22, 17 outubro 2008 (UTC), traducido por --GallaecioE logo? 17:44, 4 novembro 2008 (UTC)

Gracias GallaecioElviraConversa comigo 19:35, 4 novembro 2008 (UTC)

Felicitats![editar a fonte]

Felicitats des de la viqui catalana pels vostres 40000 articles! (perdó, no parlo gallec) --83.57.188.116 15:14, 18 outubro 2008 (UTC)

Moltes gràcies! --Alberte Si, dígame? 17:18, 18 outubro 2008 (UTC)

Eu tamén me sumo ás felicitacións. A por outros corenta mil! Furagaitas* 22:11, 21 outubro 2008 (UTC)

Acabo de rectificar un bloqueo por tres meses realizado por Usuario:Albert galiza, véxase esta mensaxe. Dado o extraordinario da medida, medida que creo que nuca se deu na Galipediacun usuario rexisttrado, procedo a comunicalo. Que o comunique non quere favorecer, en ningún momento, que eu non poida ter responsabilidades. Considero simplemente que usuarios con edicións desta clase, cun historial de 5 bloqueos e que seguen a crear problemas, deben ser bloqueados de verdade-- Lmbuga / Conversa comigo  22:09, 27 outubro 2008 (UTC)

  • Por se esta "comunicación" á Comunidade ten como propósito recoller opinións, conste en acta que estou totalmente de acordo coa decisión de Lmbuga e que, polo tanto, conta co meu apoio. Se non tiña este obxectivo, quede aí, en calquera caso, a miña opinión. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:18, 27 outubro 2008 (UTC)
  • Co meu apoio tamén. Por desgraza, a actuación deste usuario na Galipedia dase unicamente (na actualidade) para vandalizar, en ocasións de xeito bastante grave. Despois de 5 bloqueos, paréceme unha medida acertada, se non se fixera antes é porque no pasado este usuario colaborou notablemente e os administradores non tivemos o valor de aplicar as reglas da wikipedia de xeito estrito. --Alberte Si, dígame? 22:41, 27 outubro 2008 (UTC)
  • A miña opinion é que o usuario Lansbricae, por desgraza como dí Alberte, daña o proxecto de xeito continuo dende moitos meses, esaminado o seu Especial:Contribucións/Lansbricae só se atopán algunhas edicicións que ailadas podense considerar neutras e sen intención de dañar. Non falo das outras cada usuario pode analizalas nos seus contextos. Supoño que se non foi bloqueado moitas veces (ainda que fose de pouca duración) por falta de respeto é debido aos numerosos aportes que fixo nos artigos e coas imaxes, e engadirei que persoalmente levei moito tempo a ilusión de colaborar con il, e é por iso que podo comprender. A lista de reproches baseados na súa actuación é moi longa, Se é necesario collerei o tempo de escribila coas ligazóns. No meu entender merece un castigo de grande duración. Teño que dicir que non gusto os castigos de para sempre, porque penso que calquera pode pasar de bo a malo e de malo a bo, isto só é filosofía persola e non pido que se lle dee ningunha importancia. Para rematar Lmbuga ti e os outros administradores tendes a miña confianza enteira : vendo a claridade da situación na que se puxo Lansbricae non penso que sexa necesario un voto da comunidade. Eu estou a favor que os administradores fagan un consenso entreles, e que digan aquí a decisión que toman e que a leven a cabo. Saúdos ElviraConversa comigo 21:46, 28 outubro 2008 (UTC)
  • Pois eu non o acabo de ver, a verdade. Nunca me gustou a presunción de culpabilidade. Si de verdade pensabades que debía ser bloqueado de por vida, telo proposto en xullo, cando todavía a xente tiña en mente o que estaba pasando. Vir agora, tres meses despois, a bloquear a alguén de por vida, "por si acaso", pois non che sei, a verdade. Podería entender que esperasedes tres meses, e ao volver a editar, se fixese algunha falcatruada, propor bloquealo de por vida. Pero é que non editou dende o 23 de xullo. Xa digo, non o vexo, pero tampouco quero abrir agora un debate sobre isto, porque xa bastante tempo perdimos con todas estas cousas. Si a persoa quere de verdade volver a editar, sempre pode facelo creando unha nova conta de usuario e comezando de cero, "en paz" con todo o mundo. Así que tampouco abramos agora un debate agora sobre si debemos revocar ese bloqueo de Lmbuga ou non, non o vexo productivo. Iso si, non penso que esté ben feito ese bloqueo preventivo de por vida, na miña humilde opinión. Saúdos, Miguel.lima 22:22, 30 outubro 2008 (UTC) Ostiá! non sei como carallo fixen antes para ver o historial de Lansbricae, que só me fixei nas edicións ata o 23 de xullo, e pensei que non había máis. Acabo de ver por outro lado que si editou estos días, así que borro comentario que non ten sentido. Miguel.lima 22:27, 30 outubro 2008 (UTC) Xa sei que me pasou antes: abrín a ligazón que puso Elvire ao historial de Lansbricae, que está mal (é o historial da páxina de usuario, non as contribucións do usuario). O bó é este Especial:Contribucións/Lansbricae Miguel.lima 22:30, 30 outubro 2008 (UTC)
Poís tes razón non puxen a boa ligazón , corrixo agora ... copiando de ti, corrixo para favorecer a letura da miña mensaxe. Moitas grazas Miguel.lima ElviraConversa comigo 22:41, 30 outubro 2008 (UTC)
  • Personalmente, non estou a favor de bloqueos de por vida. Pero respaldo a decisión. --Xabier Cid Conversa 23:10, 30 outubro 2008 (UTC)

Comunico á comunidade que, para a miña sorpresa, acabo de recibir un "premio" (concedido por Usuario:Pontevedra78).

Descoñezo se hai políticas ó respecto, pero si teño comentado con moitos usuarios o feito de non estarmos de acordo cos premios que por exemplo se dan na Wikipedia española por, entre outras cousas, poder ser unha fonte de conflito entre usuarios, fomentar quizais a vangloria,...

Desde logo a miña imaxe da Galipedia é moi diferente da dun espazo no cal por facer un esforzo xeneroso e gratuíto poidas levar premios. O premio, para min, é o traballo en si e a relación coa comunidade e cada un dos seus membros.

Doume conta de que este non é un premio da Galipedia (entendo que non ía estar de acordo de ningunha maneira en que se creasen eses premios, inda que podería mudar de idea). É o premio dun usuario (¿que pasaría se moitos creasen o seu propio premio? Onde imos?). O usuario ten liberdade de expresión e crear un premio; pero precisamente por esa mesma liberdaade de expresión, eu teño o dereito de rexeitalo.

Encóntrome pois nunha situación difícil, incómoda. Por principios, non o podo aceptar. Creo firmemente que é mil veces preferible achegarse a unha páxina dun usuario e agradecerlle persoalmente o traballo que está realizando a poñerlle unha medalla.

Rogo a aqueles que reciban premios que consideren a conveniencia ou non de rexeitalos.

Persoalmente, polo de agora, non me parece necesario facer unha política sobre esta cuestión, entrar en discusións e perdelo tempo. ¿Que opinades? -- Lmbuga / Conversa comigo  10:22, 30 outubro 2008 (UTC)

Agora que me dou conta, gustaríame ademais que Usuario:Pontevedra78 explicase o motivo polo que lle concede un premio a Victormoz (conversa · contribucións)
cando só ten unha contribución na Galipedia consistente na aceptación de dito premio. ¿Onde imos?-- Lmbuga / Conversa comigo  10:41, 30 outubro 2008 (UTC)
Polo momento estamos en perdelo tempo, penso eu. Fai un tempo que cada vez que veño dar unha volta vexo nos cambios recentes ediciós do usuario Usuario:Pontevedra78 (vexase) e rióme moito de ver como xoga. O que pasa é que non necesito da Galipedia para divertirme e que na wiki es botaróno fora o cabo de varios meses por confundir unha wiki con un xuguete. O usuario Victormoz xa lle rechazou un premio na wiki es [4] de xeito bastante radical. Esique para mín o Usuario:Pontevedra78 ten que saber si desexa colaborar ou xogar, e ten que saber que ainda que esprese algunha orixinalidade na súa páxina de usuario, non pode ir xogar nas páxinas de conversa dos outros, e ten tamén que adatarse maís a comunidade. En resumo, eu opino que non estamos a falar (polo de agora) do asunto dos premios, pero do asunto do usuario Pontevedra78, e a preguntarlle que é o quen facer na Galipedia ? Entendeu ben o porqué o botaron da wiki es ? Si o entendeu ten que demostralo eiqui, penso euElviraConversa comigo 11:21, 30 outubro 2008 (UTC)
Eu recibín tamén ese premio, e non o eliminei porque penso que non se debe tocar no que che escriben na páxina de conversa (a non ser que sexan insultos), mais eu estou totalmente en contra da concesión de premios, mesmo creo que poderían encadrarse dentro de Wikipedia:O que a Wikipedia non é. As copias do modelo de relación entre os usuarios da wikipedia española lévanos polo mal camiño, xa que se amosou claramente errado. Polo tanto, en contra dos premios, xa que a wikipedia non consiste niso, os agradecementos pódense facer dicíndoos, e a entrega de premios pode sentar mal precedente ademais de crear malestar nos usuarios. --Alberte Si, dígame? 11:48, 30 outubro 2008 (UTC)
A este usuario díxoselle en es.wiki que procurara non confundir a Wikipedia con un fotolog ou algo semellante, pero non fixo caso, e o resultado foi a súa expulsión. Polo que parece, non aprendeu nada da experiencia (o cal non deixa de abraiarme...). Pero non estou en contra de que se entreguen premios, porque non creo que poidan fomentar o malestar entre usuarios. Como os premios non son moi "prestixiosos", non creo que ocasionen envidias entre a comunidade, e o único que fan e mellorar o ambiente de traballo (ou iso penso eu). O resultado de alabar e dar un premio alabando é o mesmo. MP 16:08, 31 outubro 2008 (UTC)
Siento intervenir en castellano pero la gravedad de la situación me impide usar mi pequeño vocabulario de gallego, entiendo perféctamente el gallego así que no duden en dirigirse a mí en ese idioma. Lamento profúndamente el inconveniente.
Este usuario, lejos de comprender de que Wikipedia en general es un proyecto constructivo y colaborativo, lo utiliza como un patio de recreo, jugando con las normas en todos los sitios donde ha estado, ha sido bloqueado 5 veces en la wikipedia en español, éste último, con resultado de expulsión, debido a los constantes actos de sabotaje y rebeldía de este usuario como se puede observar aquí y aquí esta falta de etiqueta. esta amenaza y lo que es más importante, este link que desvela cuales son las intenciones de este usuario, y recalco <<Ayyyyy. Si ya me das la bienvenida así, mejor me quedo en la Galipedia, allí almenos hago lo que quiero>>(Traído de w:es:Usuario Discusión:Netito777. Para mayor detalle, por favor, miren sus contribuciones.
Este usuario también ha sido bloqueado en Commons, debido a su constante juego con los logos de la Fundación Wikimedia; archiadvertido de que dichos logos están protegidos, el usuario sigue jugando.
Espero que esto les ayude a aclarar las posibles dudas que tuviesen sobre este usuario, recomendando que hagan saber el contenido del mismo a quien corresponda para tomar una decisión.
Saúdos --Dferg 19:01, 31 outubro 2008 (UTC)
Por favor... "Se credes que estou facendo algo mal, dicídemo". Alucinante, que cara hai que ter. Se non se bloquea a este usuario hoxe, terá que bloquearse mañá, ou pasado mañá, e parece ser que só lle queda este recuncho en Wikimedia. MP 19:52, 31 outubro 2008 (UTC)
Ainda que poda parecer mal, e nisto caso pido desculpas, poís agraezcoche os usuarios Dferg e MP a suas ediciós. Semella que na Galipedia estamos a mimar un xogador que a contas da Galipedia burlase dos proxetos wikis. Despois de botado fora da wiki es, sigui eiqui facendo a mesma carreira. Xa ficho varios actos que merecian bloqueo por si, arestora andalle Lameiro borrando a sua petición propia os chistes, Xabier puxolle un aviso de bloqueo. Entendo ben que os adminstradores queren ter consenso, pero isto non impide co usuario Pontevedra78, esta agora a porse mansiño xa que despois de moito xogar o neno ve cos pais rifan ! E con isto o neno non leva castigo, e con isto vamos ganar un campeon, e con isto o proximo xogador tamén tera dereito a nosa pedagoxía. A ver se un administrador fai un resumo seco dos feitos na taboa dos administradores e leva a cabo un bloqueo de boa duración. Non penso que ningén lle pida razós, penso eu.ElviraConversa comigo 20:17, 31 outubro 2008 (UTC)

Necesítase opinión en Commons[editar a fonte]

Na Taberna de Commons abrín unha discusión.

Considero crucial para o futuro de Commons que concordedes ou discordedes co alí expresado. Mesmo é relevante que fagades presenza. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  02:36, 17 novembro 2008 (UTC)

Estatísticas de Betawiki[editar a fonte]

Os seguintes datos, vía lista de distribución de Betawiki, dan idea do estado da tradución ao galego do software MediaWiki e das extensións dispoñibles nese wiki. Noraboa a Toliño e parabéns polo traballo que realiza alí desde hai tempo.

Languages with the most edits in the past month
  • Ukranian (uk) (1.940 edits)
  • Bosnian (bs) (1.620 edits)
  • French (fr) (1.290 edits)
  • Galician (gl) (1.190 edits)
  • Khmer (km) (1.170 edits)
  • Hebrew (he) (1.110 edits)
  • Dutch (nl) (1.032 edits)
  • Slovak (sk) (995 edits)
  • Occitan (oc) (860 edits)
  • Japanse (ja) (750 edits)
Top contributors since the last newsletter
  • Meno25 (11.000 edits) Languages: Arabic
  • McDutchie (3.200 edits) Languages: Interlingua
  • CERminator (2.800 edits) Languages: Bosnian
  • Cedric31 (2.900 edits) Languages: Occitan, French
  • ??????????? (2.900 edits) Languages: Sinhala
  • Toliño (2.800 edits) Languages: Galician
  • YaronSh (2.500 edits) Languages: Hebrew
  • Vovk (2.100 edits) Languages: Ukrainian
  • Michawiki (2.100 edits) Languages: Upper Sorbian, Lower Sorbian
  • Brest (2.100 edits) Languages: Macedonian

Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:42, 23 decembro 2008 (UTC)