Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Xa comezou Wiki Loves Monuments!![editar a fonte]

Supoño que vos decataríades, ou ó mellor non, que cambiou a noticia da cabeceira destas páxinas. Pois é porque hoxe comeza o concurso fotográfico Wiki Loves Monuments. O choio consiste en facer fotos de monumentos declarados BIC e subilas no formulario especial de carga que temos preparado. No formulario hai que poñer o código BIC do monumento, tédelo nas listas de monumentos, por exemplo nésta, hai unha por provincia.

A idea é conseguir unha visión global do patrimonio cultural de cada país xa que este é un proxecto que se está a organizar en máis de 15 países. Anímovos a todos a participar, só tedes que ter unha conta en Commons cunha conta de correo confirmada, por si gañades algo que a xente poda contactar con vós :), facer as fotos e subilas coa nova ferramenta. Ademáis das listas temos unha ferramenta para axudar a atopar os monumentos: http://toolserver.org/~emijrp/wlm/. E logo as 10 mellores fotos de cada país participan na fase europea con máis premios!.

Tedes tódolos detalles na web www.wikilm.es, pero si tedes algunha dúbida podedes preguntarme a min directamente. Por certo, aínda teño que rematar a tradución ó galego pero é que non dou para máis...

Wiki Loves Monuments Este usuario participa en Wiki Loves Monuments.

O concurso vai do 1 ó 30 de setembro así que tedes tempo abondo! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:56, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Xa está a web wikilm.es traducida, os erros que atopedes son culpa miña, si me avisades amáñoos cando teña un momento. Desfrutade facendo fotos de monumentos!!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:10, 2 de setembro de 2011 (UTC)
Engado caixa de participación {{Usuario Wiki Loves Monuments}}--. HombreDHojalata.conversa 09:02, 5 de setembro de 2011 (UTC)

Jorge Sierra: "A mis alumnos les digo...[editar a fonte]

Jorge Sierra: "A mis alumnos les digo que no se crean la Wikipedia" en Faro de Vigo (en castelán).--. HombreDHojalata.conversa 18:46, 5 de setembro de 2011 (UTC)

  • Ao meu xuízo, Jorge Sierra (usuario:Lucien leGrey) non estivo precisamente acertado nos seus comentarios (non polo titular, que ao fin e ao cabo non é máis ca un recorte dunha frase que non é exactamente así). En calquera caso, unha opinión máis. --Atobar (conversa comigo) 10:45, 6 de setembro de 2011 (UTC)
  • Nunca remato de sorprenderme cando leo a prensa. Gustariame saber si o autor do artigo ten o valor de presentarse como periodista, porque para sacar da entrevista no conxunto, ou mesmo dun comentario como ""Como profesor de Química, a mis alumnos les digo que todo lo que len deben ponerlo en su perspectiva, que no se crean nada de lo que leen, incluso en Wikipedia."", un titular como "A mis alumnos les digo que no se crean la Wikipedia", hai que ter moito valor para presentarse como tal, incluso no penoso nivel do periodismo actual. Furado 07:55, 20 de setembro de 2011 (UTC)
  • Crer hoxe os titulares da prensa sen profundizar máis é sinxelamente perigoso. E por experiencia sei que pŕacticamente imposible o liberarse da súa (do periodista9 percepción particular ou intereses.--Agremon(contacto) 12:22, 28 de xaneiro de 2012 (UTC)
  • Falta poñer (cita requerida) Nemigo (conversa) 18:39, 28 de xuño de 2012 (UTC)

Galipedia acada os 75.000 artigos![editar a fonte]

Ás 10:57 (UTC) do 10 de setembro de 2011, con este. Parabéns a todos--. HombreDHojalata.conversa 11:01, 10 de setembro de 2011 (UTC)

Revista Madrygal[editar a fonte]

Hai uns días atopeime a Ana Acuña (que fora mestre miña na carreira) por Marín e falando con ela xurdiu o tema da Galipedia. Como tamén sabía que Adrián (outro alumno seu) tamén estaba metido aquí comentoume se poderíamos facer un artigo para a revista Madrygal. A semana pasada envioume un mail coas normas de publicación e unha ligazón á páxina web da revista, e tamén falou con Adrián sobre o tema. Realmente amosouse moi interesada por que fixesemos o artigo e pode ser un bo xeito de difundir o traballo da Galipedia e conseguir que máis xente se anime a colaborar xa que, polo que ela me comentou, a revista distribúese por todos os centros do mundo nos que se estuda galego.

A idea nun principio sería realizala entre Adrián e máis eu, pero eu pola miña banda estou aberto a que colabore máis xente da comunidade, ou que polo menos entre varios poidamos consensuar unha estructura para o artigo e aportemos ideas. Un saúdo.--Beninho 07:15, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Pois é unha boa oportunidade de difundir e dar a coñecer un pouco máis o proxecto. E un bó punto para comentar no galencontro do sábado ;). Saúdo, --Elisardojm (conversa) 08:31, 13 de setembro de 2011 (UTC)
E finalmente, o asunto foi adiante e saíu publicado o artigo: "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega". --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:40, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Wikipedia en italiano[editar a fonte]

Wikipedia en italiano pechada, dende onte, en protesta pola mordaza de Berlusconi. --. HombreDHojalata.conversa 10:45, 5 de outubro de 2011 (UTC)

Non entendo ben porque non teño nin idea de italiano. Que foi o que sucedeu exactamente, por favor?--Paradanta (Cóntame) 10:55, 5 de outubro de 2011 (UTC)
Tradución automática. Tamén hai artigos nas edicións dos medios de hoxe [1]. --. HombreDHojalata.conversa 11:06, 5 de outubro de 2011 (UTC)
es.wikinews (en castelán). --. HombreDHojalata.conversa 11:15, 5 de outubro de 2011 (UTC)

Na lista de WM-ES recibimos un correo dun colega italiano explicando o problema, cópioo aqui:

"Hola a todos, un pequeño resumen de la situación de la Wikipedia en italiano. El Congreso de los Diputados va a votar en los próximos días una ley que, entre otras cosas, extiende el derecho de rectificación a cualquier sitio informático. De hecho, con esta nueva ley, cualquiera se sienta ofendido puede pedir que en un plazo de 48 horas (con multa de 12500 euros si no se cumple) el dueño de la web publique una rectificación que tenga la misma visibilidad de la noticia supuestamente calumniosa, y que la rectificación no se pueda modificar. Entre otras cosas, no se necesitaría una orden de un juez, y da igual que la frase calumniosa coresponda a verdad. Mucha gente piensa que detrás de esta ley está el Presidente del Gobierno que quiere impedir que los blogs publiquen sus rollos con putas (perdonad el francés). La verdad es que no está nada claro como esa ley pueda afectar a Wikipedia, por el hecho que la WMF está en EE.UU. Lo que los bibliotecarios temen es que alguien que se sienta ofendido por un artículo de Wikipedia empiece a montar un follón y denuncie los bibliotecarios (que se llaman administradores). Ya hay un precedente de denuncia a Wikimedia Italia en que piden 20 millones de euros, y la causa está pendiente (y respondería el presidente de WMIT). De esta ley ya se habla desde más de un año, hace justo un año Wikimedia Italia emitió un comunicado [1] denunciando esta ley y los peligros que podía suponer para Wikipedia. Esta ley ahora ha llegado casi a la votación final (se está debatiendo y se votará la semana que viene). En la mailing list de los bibliotecarios y en el café se ha debatido sobre que hacer y al final se decidió para una acción muy fuerte, para obtener la máxima visibilidad. La propuesta ha tenido un consenso muy amplio. El plan es de dejar la Wiki bloqueda 48 horas. Unas pocas horas antes de empezar la huelga se informó a WMF (primero en la lista del CommComm y luego en internal-l). De todas formas la acción nace de los usuarios de Wikipedia en italiano."

No café da wikipedia en castelán están debatindo accións a realizar para protestar por este atropelo, pero polo que vexo aínda non hai consenso. O que hai é unha páxina na wiki en alemán para apoiar ós compañeiros da wiki en italiano. Se teño máis noticias xa vos conto.

[1] http://www.wikimedia.it/index.php/Petizioni_e_campagne_di_supporto/DDL_intercettazioni

Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:24, 5 de outubro de 2011 (UTC)

Moitas grazas aos dous polas vosas aclaracións! --Paradanta (Cóntame) 14:26, 5 de outubro de 2011 (UTC)
Tamén publicaron un comunicado, en castelán, http://it.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Comunicato_4_ottobre_2011/es. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:30, 10 de outubro de 2011 (UTC)

MediaWiki 1.18[editar a fonte]

O pasado 4 de outubro estreamos a nova versión de MediaWiki, MediaWiki 1.18. A gran novidade é o enorme traballo que se está a facer para eliminar barreiras entre sexos. Agora o software comeza a recoñecer as mulleres e xa mostra nas mensaxes do sistema os xéneros de adxectivos e outras palabras segundo o sexo do usuario... ou usuaria! O único que hai que facer é seleccionar o sexo que corresponda nas preferencias. Por exemplo, o texto en xénero (neutro) masculino "Páxina de usuario" (nas lapelas superiores) vai pasar a ser "Páxina de usuaria" en caso de que esa usuaria sexa muller e así o indicase nas preferencias. Estes días estou tratando de ir actualizando en translatewiki.net as mensaxes máis usuais que se ven a través do wiki. Os cambios poden tardar un chisco en facerse efectivos porque teñen que actualizar as mensaxes de MediaWiki con cambios nas diferentes linguas (ultimamente están facendo actualizacións diarias). Quero facer un chamamento para que me vaiades deixando aquí aquelas mensaxes que vedes que son susceptibles de incluír soporte para as mulleres.

A parte negativa desta actualización semella ser que temos un problema con algúns espazos de nomes que fan mostrar cousas con "Utilizador:Toliño" ou "Utilizador Discussão:Toliño", en portugués. Agardamos que o arranxen axiña e volvamos ás versións en galego.

Tedes toda a información sobre a actualización aquí. --Toliño Fala aquí comigo 11:03, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Ocorre o mesmo no Galizionario e creo que tamén nos outros proxectos Wikimedia en galego. Hai máis erros: a cor de fondo do indicador de edición feita por un bot na lista de cambios recentes; icona de información canda os reprodutores de son, antes inexistente; e algún máis ha de haber. Por favor, tédeo en conta se é preciso facer algunha reclamación. [ Furagaitas * ] 22:27, 9 de outubro de 2011 (UTC)
Iso da icona de información non o vexo como un erro: simplemente dá acceso á páxina de descrición do ficheiro, que contén máis información sobre o mesmo. Sobre a cor para as edicións de bot o máis seguro é que teña solución editando algunha das follas de estilo, dado que non é algo que veña por defecto, senón que é unha modificación que se fai en MediaWiki:Common.css (para todas as aparencias) ou MediaWiki:Vector.css (para a aparencia Vector). --Toliño Fala aquí comigo 17:56, 11 de outubro de 2011 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Ben, coido que o conseguimos... pero dinme que os cambios non surtirán efecto ata o vindeiro luns como moi tarde (poida que antes). Ademais, conseguín que creasen os chamados alias para as páxinas de usuaria e de conversa de usuaria, é dicir, que aquelas usuarias que teñan definido o sexo de muller nas preferencias veremos que as súas páxinas persoais se chaman "Usuaria:Nome" e "Conversa usuaria:Nome". --Toliño Fala aquí comigo 13:15, 12 de outubro de 2011 (UTC)

  • Moitissimas gracias Toliño polo servicio de mantemento e de coordinación da Galipedia e pola información completa e sinxeleza que nos dás, porque é sufuciente para os que non entendemos de programas,e os outros poden ir mais adiante coas ligazóns. Non sei si todos proxectos pasan à MediaWiki 1.18, o de usuaria é unha novidade agradable, istos días xa pasei à usuaria en algúns proxectos e si para a semana é na Galipedia non che digo nada pero ... o de Utilizadora Discussão:Elvire durante un tempiño, non é nada !--Elvira (conversa comigo) 18:34, 12 de outubro de 2011 (UTC)
A mágoa é que non haxa máis mulleres por aquí :(
Pero quitanto o de "Utilizadora", ti xa loces na túa páxina persoal unha flagrante lapela que pon "Páxina de usuaria" (ao carón da ligazón á túa conversa). E, na caixa lateral na sección "caixa de ferramentas" podemos ollar "Contribucións da usuaria" e "Enviar un correo electrónico a esta usuaria". Imos pouco a pouco. --Toliño Fala aquí comigo 18:59, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Ben feito! Graciñas, Toliño. --Atobar (conversa comigo) 22:11, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Feito! Resolto o problema do Utilizador. (Os restos que quedan nalgúns sitios son cousa da memoria caché.) --Toliño Fala aquí comigo 13:40, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Links relativos ao protocolo[editar a fonte]

Agora que todas as wikis tem suporte nativo a https e os links relativos ao protocolo funcionam, poderiam por favor remover o trecho "http:" dos dois links que aparecem na MediaWiki:Common.css e do link que está na MediaWiki:Vector.css? Isso evitará que o navegador diga que há conteúdo inseguro quando se acessa o site pelo servidor seguro. Helder 19:43, 12 de outubro de 2011 (UTC)

O MediaWiki:Common.js também tem links que precisam ser corrigidos, mas é melhor aproveitar para fazer algumas correções extras (em sua maioria detectadas pelo http://jshint.org/).

mais páginas e provavelmente também há predefinições em que foram colocados links com "http:" e que já podem ser atualizadas. Helder 19:43, 12 de outubro de 2011 (UTC)

A Galipedia acada os 76.000 artigos. Parabéns a todos! --. HombreDHojalata.conversa 19:46, 10 de outubro de 2011 (UTC)

Campaña de recadación de fondos de 2011[editar a fonte]

Mañá está previsto que lancen a campaña de recadación de fondos de 2011. Entón, como xa sabedes, aparecerán unha serie de carteis na parte superior das páxinas convidándonos a doar á Fundación Wikimedia. Esta mensaxe non é para pedir doazóns, nin moito menos, iso xa o fan os da Fundación; a miña petición é que notifiquedes por aquí se atopades algún erro nas traducións para solicitar que o amañen. Máis nada. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:32, 6 de novembro de 2011 (UTC)

A Galipedia no XXIV Congreso de ENCIGA[editar a fonte]

Do 17 ao 19 de novembro desenvolvimos na Fonsagrada o vixésimo cuarto congreso da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Nos congresos de ENCIGA intercambiamos experiencias didácticas, escoitamos interesantes conferencias, participamos en obradoiros e ollamos exposicións e carteis, todo isto sen esquecer o lecer que nos proporcionan as visitas guiadas e, fóra de programa, as noites do lugar. O congreso anual adoita ser un acontecemento nas vilas onde se celebra, deixando un grato recordo en todos eles. O seu prestixio fai que teñamos congresistas fixos provenientes do resto de España e Portugal.

Por primeira vez nos moitos anos que levo asistindo aos congresos de ENCIGA, agradecín a un dos relatores as súas palabras verbo da Galipedia. Antom Labranha Barreiro, profesor de Ensino Medio, actualmente no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC, presentou unha comunicación de título O Apalpador chegou en día certo. A miña grata sorpresa chegou ao remate da charla cando pasou a enumerar os agradecementos entre os que se encontraban todas as persoas que fan a Galipedia, da que dixo ser unha excelente e fiable fonte de información. Mesmo ás veces, case a única fonte de información de certos temas. Ademais un dos debuxos que usou na comunicación proviña da wikipedia inglesa.

Como non podía ser menos, agradecinlle, no meu nome e no de todos os editores e administradores, as súas palabras que refutan unha malintencionada afirmación no sentido de que as Wikipedias non son fiables.

Podedes ver o programa na seguinte ligazón:

Reconforta oír estes comentarios e imaxineime que sería do voso agrado ter coñecemento deste feito. Saúdos e a seguir! --Xosé Antonio 18:48, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Gracias, Xosé Antonio. --. HombreDHojalata.conversa 21:01, 20 de novembro de 2011 (UTC)
Xenial, e pouco a pouco imos a máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:30, 20 de novembro de 2011 (UTC)

A pesares de darme unha volta o sábado polo congreso, entérome por Elisardojm da mención. Pouco a pouco vai tirando a difusión nese medio. Levamos xa varios anos citados e refereidos en ponencias (por exemplo, no 2004, presentei GALIPEDIA, WIKIPEDIA, BLOG. APROVEITABLES NA AULA?--Agremon(contacto) 10:09, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)

Portada do Galizionario[editar a fonte]

Boas. O Galizionario vén de mudar o nome da súa portada de "Páxina Principal" a "Wiktionary:Páxina principal". Por favor, cambiade as ligazóns que resulten erradas (entre elas as do Modelo:Wikipediairmáns). Un saúdo. [ Furagaitas * ] 19:23, 22 de novembro de 2011 (UTC)

[2] OK --. HombreDHojalata.conversa 11:51, 23 de novembro de 2011 (UTC)
Para Furagaitas: Non é suficiente con mover a páxina ao novo nome. No seu tempo configurouse dalgún xeito que a Portada se chamase "Páxina Principal" e seguirá sendo así ata que non pidades que cambien esa configuración. Certamente non sei ben o que cómpre facer, pero supoño que teredes que solicitalo en Meta-Wiki, nalgures. Debedes pedir que modifiquen a vosa Main Page de Páxina Principal a Wiktionary:Páxina principal para que as ligazóns entre os proxectos galegos do tipo [[wikt:]] (sen especificar páxina ningunha) vaian dar á nova páxina principal e non pasen pola redirección. Embarulleime moito? --Toliño Fala aquí comigo 13:53, 23 de novembro de 2011 (UTC)
Estás seguro diso? Efectivemente, a ligazón de Modelo:Wikipediairmáns a min ligábame até hai uns minutos con http://gl.wiktionary.org/wiki/Páxina Principal, pero foi limpar a caché e pasou a ligarme con http://gl.wiktionary.org/wiki/. [ Furagaitas * ] 17:41, 23 de novembro de 2011 (UTC)
Pois si, certo. Se cadra abonda con modificar MediaWiki:Mainpage (como fixeches) para que surta efecto o cambio. Desculpa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:50, 24 de novembro de 2011 (UTC)

A piques de rematar o 2011[editar a fonte]

Estamos a tres días de rematar o ano 2011... e a piques de acadarmos os 80.000 artigos! Coido que é unha boa nova para o proxecto. Chegaremos á cifra antes das uvas? Temos dous días e medio para conseguilo. Facendo un balance global do ano podo dicir que non está mal: comezamos con algo máis de 66.000 artigos e xa vedes... 14.000 artigos novos nun ano. Aos poucos imos aumentando a media de mil artigos ao mes (hai subas e baixas segundo a época do ano). Iso si, este decembro pechamos con 3.000 artigos novos! E lembremos a plusmarca de 451 artigos novos nun único día do noso 8º aniversario. Por outra banda, este tamén foi o ano da edición número dous millóns, e xa fixemos máis de 250.000 edicións desde o 6 de xuño en que conseguimos a cifra. Deixando do lado os números, aumentamos a sete os artigos de calidade (quizais aínda son poucos...). E non esquezo as xuntanzas de galipedistas, tanto de lecer coma de dar a coñecer o proxecto! Feliz ano a todos e a seguir traballando o vindeiro! --Toliño Fala aquí comigo 15:19, 29 de decembro de 2011 (UTC)

Eu apúntome a pasar dos 80.000 antes da finde! ;). Parabéns para todos, boas festas e saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:37, 29 de decembro de 2011 (UTC)
Non terei demasiado tempo, mais vou facer todo o que poida :). Boas festas!--Adorian (fálame) 18:11, 29 de decembro de 2011 (UTC)
Isto ten que estar chupao, se nun día estivemos a piques de facer 500 artigos en dous días ben podemos cos pouco máis de 250 que quedan agora, ánimo que non queda nada!! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 03:19, 30 de decembro de 2011 (UTC)
Ás 11.30 horas da mañá faltábannos 261 artigos para alcanzar ese obxectivo dos 80.000. Agora mesmo, as 18.34 da tarde, faltan 161. Fixemos 100 artigos novos en sete horas. ¡Máis madeira! Pedro --Lameiro (conversa) 17:35, 30 de decembro de 2011 (UTC)
Imos ver se desta non quedamos coma sempre a un chisquiño de conseguilo... Furado 18:13, 30 de decembro de 2011 (UTC)
Desta irá, ou? --Servando2 (Dime) 18:15, 30 de decembro de 2011 (UTC)
Si, desta vai, e amais con tempo dabondo de antelación. Son as 2:30 e queda tan só 8 artigos. Aposto a que o artigo 80.000 vaino facer Servando. E agora a polos 100.000 antes do 2013!--Xosé Antonio (fálame sempre) 01:35, 31 de decembro de 2011 (UTC)
Sodes unhas máquinas!! :DD, se imos sobraos... :). E agora mañá, que facemos?, imos polos 100.000 directos ou esperamos un pouco? ;). Parabéns a todos e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 02:12, 31 de decembro de 2011 (UTC)
Os 100.000 non os faremos mañán, que é festivo, que se non xa estaba. Parabéns a todos. --Servando2 (Dime) 02:17, 31 de decembro de 2011 (UTC)

Unha pregunta tonta, ¿por que agora na páxina da portada di que temos 79.999 artigos e na páxina do portal da comunidade pon que temos 80.003?. Non cadran as contas... (boeno, mañá a ver se ven alguén e fai un artigo máis por si as moscas... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:42, 31 de decembro de 2011 (UTC)

Pois si que temos 80.003 artigos, polo menos é o que di a páxina de estatísticas, ó mellor hai que revisar de onde sae o número de artigos da portada, por se está un pouco desfasado..., ala, xa tedes choio para mañá ;). Saúdos agora si... :), --Elisardojm (conversa) 02:45, 31 de decembro de 2011 (UTC)
Por iso non te preocupes. Realmente o dato da Portada usa o mesmo formato para mostrar o número de artigos, pero vaise actualizando máis amodo. Non hai nada de que preocuparse. Parabéns polo ritmo de creación que tivestes onte á noite! --Toliño Fala aquí comigo 07:54, 31 de decembro de 2011 (UTC)
  • Moitos e moi sinceros parabéns a todos, especialmente aos usuarios de máis recente incorporación que coa súa colaboración permitiron que houbese por fin ese salto de calidade e cantidade que tantas falla nos viña facendo. É un gusto traballar convosco. --Atobar (conversa comigo) 13:00, 31 de decembro de 2011 (UTC)

A conta de un intercambio de correos con Elisardojm, decátome que felicitei a chegada ós 80 000 en facebook e non aquí, cando é o lugar adecuado. Con moito retraso, grazas a todos os que estades levando a Galipedia e aumentando día a día o servizo. Bo ano a tods e todas!--Agremon(contacto) 10:13, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)