Wikipedia:A Taberna (novas)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A sección novas da Taberna úsase para facer anuncios de novas plantillas, wikiproxectos, e detallar todas aquelas novas relacionadas coa Wikipedia e a Galipedia.
Por favor identifique as súas mensaxes coa sinatura e a data (tecleando ~~~~ - os símbolos obtéñense coas teclas Alt+126 repetíndoo catro veces - ou premendo na icona da barra de edición - segundo botón pola dereita -).
| A Taberna | |
|---|---|
| Novas | editar |
| Políticas | editar |
| Técnica | editar |
| Propostas | editar |
| Axuda | editar |
| Xeral | editar |
| Seccións | |
[editar] Arquivo de Novas
As discusión antigas están arquivadas en Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo
[editar] Wikiproxecto: banda deseñada
Eu teño como paixón a bd. Quería tentar que a wikipedia en galego tivese unha sección de bd á altura e que fose realmente útil. Sei que se cadra hai cousas máis importantes, pero se alguén quere axudar (sobre todo na parte técnica e loxística, xa que aínda non controlo ben como se constrúen certas cousas) que fale comigo. Hai moito por facer: dar profundidade ás seccións teóricas, subir imaxes, facer unha historia da bd ampla e en condicións, facer que algúns artigos sexan máis neutrais, serios e documentados, ampliar a cantidade de autores e os datos sobre eles... Alguén se apunta? Xermánico! 21:08, 3 xaneiro 2008 (UTC)
- Eu a aumentar de cando en vez con algunha tradución algún autor do meu interese, porque teño moitos choios abertos. Comezarei co autor do Eternauta, xa que liga por desgraza co wikiproxecto:Dereitos humáns (outro choio que teño desatendido). Eso que os moi poucos alguna pequena biografía de cando en vez.( Lansbricae (Ti dirás) 23:54, 3 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Imaxes con nome inadecuado
-
- baseado no punto 4 de Wikipedia:Política de uso de imaxes#Regras sobre o uso das imaxes: pasos a seguir
Para facilitar o traballo coas imaxes, posto que é frecuente dar con imaxes con nome incorrecto (tipo Image:DSCN0470.jpg), crearei prontamente tres modelos novos. Están presentes, aínda que sen rematar totalmente, nesta páxina.--Lmbuga Commons - Galipedia 04:50, 5 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Novos modelos
Creei novos modelos de mantemento de imaxes e aviso a usuarios do problema:
- {{SenLicenzaNinOrixe}} ——> {{AvisoSenLicenzaNinOrixe}}
- {{AvisoFormatoImaxe}}
- {{SenLicenzaNinOrixe}} ——> {{AvisoSenLicenzaNinOrixe}}
- {{NomeImaxeIncorrecto}} ——> {{AvisoRenomear}}
- {{BorrarImaxeDuplicada}}
Non dubidedes en achegarme as consideracións que consideredes pertinentes--Lmbuga Commons - Galipedia 21:11, 11 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Wikipedia cumpre sete anos
Hoxe 15 de xaneiro de 2008 a Wikipedia en inglés —o xerme de todas as Wikipedias— cumpre sete anos (ver unha listaxe coas datas de creación das Wikipedias). No momento de redactar esta mensaxe contén 2.176.075 artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:04, 15 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Nova alternativa para licenciar imaxes
Ante a proliferación de imaxes con dobre licenza (GFDL e creative Commons. Véxase Imaxe:Monte Pindo.JPG), xa que me parece un tanto estraño, procedín, tras chegar a acordo con Alma, a crear unha nova alternativa para licenciar imaxes con dúas licenzas xa existentes, permitindo a aquel que desexe empregar ditas imaxes a escolla de unha das dúas licenzas presentadas.
Trátase de Modelo:GFDL ou cc-by-sa 2.5 es. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:17, 15 xaneiro 2008 (UTC)
Unha dúbida
As imaxes con esa licenza categorízanse nunha categoría non existente: Categoría:GFDL ou Cc-by.sa.2.5-es. Non sei se sería mellor que se categorizasen ó mesmotempo en dúas categorías, dado que se poden empregar con calquera das dúas licenzas, en Categoría:Imaxes GFDL e en Categoría:CC-BY-SA-2.5-ES--Lmbuga Commons - Galipedia 22:24, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- Eu penso que case mellor que se categoricen nas dúas, semella máis lóxico, non?. Alma (fálame eiquí) 22:41, 15 xaneiro 2008 (UTC)
- E como subcategoría con esas dúas categorías, quedarían agrupadas e constarían como híbridas nas dúas categorías non? Lansbricae (Ti dirás) 22:46, 15 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Recadación de fondos: más de 2 millóns de dólares
Segundo datos publicados na lista de correos da Fundación Wikimedia, recadaronse máis de 2 millóns de dólares na última campaña de recollida de fondos (07-08). Esa cantidade inclúe unha doazón de medio millón de dólares dun doador anónimo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:47, 16 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Imaxes sen licenza e/ou orixe
Procedo a borrar as imaxes sen licenza e/ou orixe. Comezo por xaneiro de 2007. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:52, 20 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Modelo:OrixeImaxeRevisada
Creei este novo modelo. É semellante a Modelo:OrixeImaxe. Posibilita maior claridade na administración e que un administrador non teña que volver facer o traballo que xa fixo outro. Foi xa empregado en Imaxe:Castelo-da-Lúa-ruínas.JPG.
Se algo se vise incorrecto, corríxoo; ou propoño consenso sobre a cuestión--Lmbuga Commons - Galipedia 21:22, 21 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Busco oradores para xornadas sobre o galego na rede
Fallou a conversión do código (erro de léxico): Insira unha fórmula aquí Ola:
Son unha dinamizadora da Sociedade da Información, estou no concello de Ordes e quería convocar unhas charlas neste concello sobre a situación do galego na rede. Serían para a semana das letras galegas, é dicir entre o 12 - 15 de maio. Gustaríame, se algún administrador ou burócrata quere asistir para falar da Galipedia, como xorde, como se desenvolve, problemas, alegrías, etc... sería unha aportación maravillosa. Por outra banda avisaros de que non podemos pagaros nada, por desgracia o presuposto para isto é, polo dagora de 0,00. Espero que máis adiante nos dexen algúns cartos pero non creo.
Se algún de vos está interesado en participar neste proxecto por favor poñédevos en contacto comigo : rbc_13lua@hotmail.com. Grazas
[editar] Entrevista da presidenta de Wikimedia
Florence Devouard entrevistada o 1 de marzo 2008 nuhna televisión en lingua francesa pa os que entenden o francés :Entrevista LCI ElviraConversa con mi 13:58, 9 marzo 2008 (UTC)
-
- Pareceme oportuno de traducir duas cousas.
- Na presentacion esta escrito : " Florence Devouard, présidenta da Wikimedia Foundation, a francesa ...... a enciclopedia na rede de balde e sen publicidade ......"
- Ao final da entrevista o xornalista preguntalle si pensa que e posible que a fundacion venda aos proxectos. Florence Devouard responde que non no pode imaxinar.ElviraConversa con mi 19:07, 30 marzo 2008 (UTC)
[editar] Visitas á Galipedia
Non sei se o sabedes pero está en desenvolvemento unha ferramenta para ver as visitas ás páxinas máis vistas por wikis e as visitas por día. A estatística da Galipedia do mes de febreiro pódese ver aquí [1], as visitas á Portada en marzo [2] e abril [3] de seren certos os datos amosan un aumento no tráfico, con máis de 3000 visitas case todos os días só na Portada no mes que andamos. A páxina principal é stats grok.se.--Arco de Rayne 17:18, 9 abril 2008 (UTC)
- Tan só unha advertencia para saber as visitas que recibe unha páxina a ferramenta conta como páxinas diferentes as redireccións, así Castelao recibiu no mes de marzo 729 visitas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 403 visitas, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao 11 visitas e Alfonso Rodríguez Castelao 2 visitas polo que a cifra real de visitantes da páxina de Daniel foi de 1145 visitas (se sumei ben e contei todas as redireccións) no mes de marzo.--Arco de Rayne 17:37, 9 abril 2008 (UTC)
-
- Moitas grazas pola información acerca desas páxinas coas estatísticas da Galipedia. É bo saber que recibimos bastantes visitas, aínda así hai que seguir a traballar para que eses números medren máis e máis! Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 17:56, 9 abril 2008 (UTC)
- Iso é bárbaro... Non só como curiosidade, senón como esmero: deberiamos traballar en mellorar precisamente eses artigos máis requiridos. :) --Xabier Cid 18:34, 9 abril 2008 (UTC) Por certo... tiro parabólico?? Que clase de visitantes temos?? --Xabier Cid 18:39, 9 abril 2008 (UTC)
- Por se lle queredes botar un ollo, fixen unha pequena táboa sobre a calidade do noso topten... :) velaí. --Xabier Cid 19:17, 9 abril 2008 (UTC)
- Como curiosidade que podería explicar as visitas de tiro parabólico está que de procurármonos "tiro parabólico" en google a páxina da Galipedia aparece de 7ª, xusto na parte superior que normalmente recibe moitas máis visitas que a 8ª que xa aparece na parte inferior da páxina e máis tiro parabólico sen as aspas tamén aparece de 7ª e se procuramos parabólico tiro de 6ª e se teclemos parabólico e expresión aparece de 5ª. En definitiva as palabras (tiro e parabólica) coinciden co castelán e portugués e está moi ben situada en google.--Arco de Rayne 20:05, 9 abril 2008 (UTC)
[editar] Revogación.Administración.Lmbuga
En Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes/Usuario:Lmbuga propuxen que eu mesmo deixase de ser administrador--Lmbuga Commons - Galipedia 04:37, 12 abril 2008 (UTC)
[editar] Borrado de 2 páxinas
Hoxe borrei dúas páxinas da Galipedia creadas por alumnos meus rexistrados co nome Usuario:IES A Estrada, trátase de Shaquille O'Neal e Vince Carter. Eran traducións de wp.es sen estrutura, sen abasolutamente ningunha ligazón, sen nada. Pasáronas por un tradutor automático e deixáronas tal cal, cunha mínima revisión de lingua. Case é preferible volver comezar o traballo, antes de poñerse a wikificar. Eles non poden afrontar esa wikificación, pois xa lles deixei dúas páxinas nas mesmas condicións ou en condición semellante. Cando rematen coas que teñen, se lles dá tempo, recuperarei esas e poñereinos a wikificalas. Mentres, para que perciban que isto é un proxecto serio, éme preferible borralas.
Borreinas inda que non se encontra de xeito evidente o motivo en Wikipedia:Eliminación rápida, pero non borralas sería semellante a dicirlles a 50 rapaces que pasar de todo é aceptable: Non podo permitir que alardeen de que crearon un número enorme de entradas e que os demais vexan o que fixeron.
Se eles non son quen de rematar o traballo, eu mesmo recuperarei esas páxinas e comporeinas. Pero para iso haberá que esperar a que empecen a tomar en serio a Galipedia, a que atendan a razóns ou a que remate o curso.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:05, 21 abril 2008 (UTC)
[editar] Unha revolución para a lexicografía galega
Bieito e o seu grupo de Ir Indo colgaron o seu dicionario de galego en liña: mesmo inclúe ás veces a tradución a castelán, inglés ou portugués. A bafarada de aire fresco que supón esta noticia para o galego é tan grande que non cómpre dicir nada máis. --
Sobreira (parlez) 12:37, 23 abril 2008 (UTC)
[editar] Ordes
Vou poñerme en contacto xa coa persoa que leva as charlas de Ordes, despois de que ninguén amosase a súa oposición. --
Sobreira (parlez) 12:37, 23 abril 2008 (UTC)
[editar] Election Notice - Please translate
The 2008 Board election committee announces the 2008 election process. Wikimedians will have the opportunity to elect one candidate from the Wikimedia community to serve as a representative on the Board of Trustees. The successful candidate will serve a one-year term, ending in July 2009.
Candidates may nominate themselves for election between May 8 and May 22, and the voting will occur between 1 June and 21 June. For more information on the voting and candidate requirements, see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008>.
The voting system to be used in this election has not yet been confirmed, however voting will be by secret ballot, and confidentiality will be strictly maintained.
Votes will again be cast and counted on a server owned by an independent, neutral third party, Software in the Public Interest (SPI). SPI will hold cryptographic keys and be responsible for tallying the votes and providing final vote counts to the Election Committee. SPI provided excellent help during the 2007 elections.
Further information can be found at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/en>. Questions may be directed to the Election Committee at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Talk:Board_elections/2008/en>. If you are interested in translating official election pages into your own language, please see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/Translation>.
For the election committee,
Philippe Beaudette
-
- Tradución
- O Comité de elección do Consello 2008 anuncia o comezo do proceso de elección. Os colaboradores de Wikimedia teñen a oportunidade de elixir un candidato da comunidade Wikimedia como representante no Consello de Administración. O representante elixido será o representante por un período dun ano que rematará en xullo de 2009.
- Os candidatos poden propor eles mesmos a súa candidatura entre o 8 e o 22 de maio, a votación terá lugar entre o 1 e o 21 de xuño. Para ampliar información sobre a votación e os requirementos para poder presentarse vexa <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008>.
- O sistema de votación aínda non está confirmado, en todo caso o voto será secreto e manterase estritamente a confidencialidade.
- Os votos serán rexistrados e recontandos nun servidor independente, unha terceira parte neutral, Software in the Public Interest. (SPI). SPI manterá as claves de cifrado e será responsable do reconto dos votos e de presentar o resultado final ao Comité de Elección. SPI xa forneceu unha excelente axuda durante as eleccións de 2007.
- Pode atoparse máis información en <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/en>. Poden dirixirse as dúbidas directamente ao Comité de Eelección en <http://meta.wikimedia.org/wiki/Talk:Board_elections/2008/en>. Se quere traducir as páxinas oficiais da elección na súa lingua por favor vexa <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/Translation>.
- Polo Comité de Elección,
- Philippe Beaudette
[editar] Cuestionario Galicia-e
Ola, puxéronse en contacto comigo dende o xornal Galicia-e (El Progreso) para responder un cuestionario sobre a actividade da wikipedia. Eu díxenlle que era unha persoa máis da comunidade, e que o cuestionario mercería unha resposta consensuada e conxunta. Teño a lista de preguntas nun doc, e non as poño aquí á vista pública porque non sería moi elegante co traballo do xornalista. Creo que o mellor é que tres ou catro persoas se ofrezan para responder e se repartan as preguntas, e que despois poñan en conxunto a súa resposta. Obviamente é unha cuestión de moita urxencia, que temos que resolver hoxe. Se alguén ten outra solución, estou completamente aberto a propostas de traballo en equipo. --Xabier Cid 09:51, 14 maio 2008 (UTC)
- Ofrézome voluntario para responder as preguntas. Se o cuestionario non é moi longo, penso que mellor que repartírmonos as preguntas sería facer unha especie de enquisa. Responder todos todo, e sacar conclusións. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:19, 14 maio 2008 (UTC)
- Eu tamén me ofrezo, pero para pór en común as respostas e consensuar unhas respostas penso que deberíamos poñernos os que nos ofrezamos a consensuar vía messenger ou amsn ou no noso chat de wikipedia, que é moito máis rápido e sinxelo de aclarar as cousas. AlberteSi, digame? 14:24, 14 maio 2008 (UTC)
Contestaron Estevoaei e Alberte. Eu fixen unha posta en común e envieilla ao xornalista. Moitas grazas aos dous. --Xabier Cid 12:10, 16 maio 2008 (UTC)

