Wikipedia en éuscaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en éuscaro
Logo da Wikipedia en éuscaro.
Portada da Wikipedia en éuscaro do ano 2016.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasÉuscaro
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento6 de decembro do 2001
Na rede
https://eu.wikipedia.org/
Twitter: euwikipedia Editar o valor em Wikidata

A Wikipedia en éuscaro (en éuscaro: Euskarazko Wikipedia;[1] ou Euskal Wikipedia), é a edición en éuscaro da Wikipedia. O 18 de xullo de 2018 acadou os 300.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 430.934 artigos e 160.242 usuarios, dos cales 452 son activos.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A portada púxose en marcha o 7 de novembro do 2003, aínda que anteriormente o primeiro artigo xa se realizara o 6 de decembro do 2001.

O 25 de xaneiro do 2008 a Wikipedia en éuscaro recibiu o premio ou galardón Sareko Argia do 2008 concedido pola revista Argia, pola súa achega á presenza do éuscaro en Internet.

O 18 de abril do 2011 superou os 70.000 artigos. Ese mesmo día a Wikipedia en éuscaro superou en cantidade os artigos da Wikipedia en galego (70.762 artigos), tornándose a cuarta Wikipedia das escritas en linguas que se falan na Península ibérica trala Wikipedia en castelán, a Wikipedia en portugués e a Wikipedia en catalán. A Wikipedia en vasco sitúase no terceiro lugar de Wikipedias en linguas que se falan en Francia por detrás da Wikipedia en francés e da Wikipedia en catalán, por diante da Wikipedia en bretón, a Wikipedia en occitano ou a Wikipedia en corso.

O 19 de setembro do 2014 chegou aos 200.000 artigos.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Txokoa[editar | editar a fonte]

En xullo do 2009 reorganizouse a sección Txokoa ("O Recuncho", similar á sección "A Taberna" doutras wikipedias) da Wikipedia e trala correspondente proposición e votación engadíronse a esta novas seccións.

Portais[editar | editar a fonte]

A inicios do ano 2010 a Wikipedia en éuscaro tiña 12 portais realizados polos seus usuarios, centrados en países, linguas e historia.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Número de artigos Ano
1.000 2004
10.000 2006
20.000 2007
30.000 2008
50.000 2009
60.000 2010
120.000 2011
130.000 2012
200.000 2014
250.000 2016
300.000 2018

Logos[editar | editar a fonte]

Á parte do logo principal superior, a Wikipedia en éuscaro adoita utilizar diferentes logos, xa sexa pola Euskal Astea ou para celebrar calquera outro acontecemento ou celebración importante no País Vasco:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Idoia Etxeberria (24 de abril de 2008). "Jakintza eta auzolana". Berria. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2009. 
  2. All Wikipedias ordered by number of articles
  3. Argia.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]