While My Guitar Gently Weeps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«While My Guitar Gently Weeps»
Canción de The Beatles
do Álbum The Beatles
Lanzamento 22 de novembro de 1968
Formato
Gravada EMI Studios, Londres
(25 de xullo a 6 de setembro de 1968)
Xénero musical Rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:45
Discográfica Apple Records
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) George Harrison
Cronoloxía
«The Continuing Story of Bungalow Bill» «While My Guitar Gently Weeps» «Happiness is a Warm Gun»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"While My Guitar Gently Weeps" (que en galego podemos traducir como: "Mentres a miña guitarra choromica aos pouquiños") é unha balada de rock escrita por George Harrison de The Beatles incluída no seu Álbum Albo.

George Harrison orixinalmente interpretaba a canción cun de guitarra acústica e un órgano; unha versión, máis curta que a oficial, pode escoitarse no álbum Anthology 3 e unha versión adaptada no álbum Love. Eric Clapton (amigo íntimo de George Harrison) interpreta a primeira guitarra.

A canción ocupa a posición 135 na "Lista de Rolling Stone das 500 mellores cancións de todos os tempos" e o posto número 42 na lista dos 100 mellores solos de guitarra.

Composición e gravación[editar | editar a fonte]

Segundo Harrison, a inspiración veulle da lectura do libro I Ching, que como el expresou: "Pareceume estar baseado no concepto oriental de que todo está relacionado entre si, a diferenza da opinión occidental de que todo é unha mera coincidencia".[1]

Levando esta idea de relativismo á casa dos seus pais no norte de Inglaterra, Harrison decidiu escribir unha canción coas primeiras palabras que vira ao abrir un libro ao chou. Estas palabras foron "Gently weeps", e inmediatamente comezou a escribir a canción.

A canción pasou por varias -algunhas substanciosas- modificacións até chegar á súa versión final. Un exemplo é a letra; unha versión gravada na casa de George incluía este verso, que non se usou:

I look at the trouble and see that it's raging,
While my guitar gently weeps.
As I'm sitting here, doing nothing but aging,
Still, my guitar gently weeps.

Outra versión, acústica, lanzada nos álbums Love e Anthology 3, inclúe este como último verso:

I look from the wings at the play you are staging,
While my guitar gently weeps.
As I'm sitting here, doing nothing but aging,
Still, my guitar gently weeps.

A composición interesou pouco nos outros tres Beatles. A banda gravouna en varias ocasións, primeiro a xa mencionada versión acústica e logo unha con sons máis eléctricos, que incluía un solo de guitarra de Harrison, pero non parecía funcionar. Foi entón cando George convidou a Eric Clapton para que tocara a guitarra na canción. Aínda que nun inicio dubidou, Harrison logrou convencelo.

Algúns téñense preguntado se o famoso solo de guitarra é realmente interpretado por Clapton, xa que se asemella bastante ao estilo que Harrison adoptaría posteriormente. George só dixo: "Eric gravouno, e a min pareceume que estaba realmente ben. Logo escoitámolo de novo e el dixo: 'Creo que hai un problema: non é o suficientemente Beatle '. Así que puxémola no ADT [automatic double-track] para bambolealo un pouco".

Créditos[editar | editar a fonte]

  • George Harrison – vocal principal, guitarra, órgano Hammond
  • John Lennon – guitarra rítmica
  • Paul McCartney – coros, piano, órgano, baixo de 6 cordas
  • Ringo Starr – batería, castañolas
  • Eric Clapton – primeira guitarra

Concert For George[editar | editar a fonte]

O 29 de novembro de 2002, Paul McCartney, Ringo Starr, Dhani Harrison, Jeff Lynne e Eric Clapton interpretaron "While My Guitar Gently Weeps" no Concert for George en memoria de Harrison, quen morrera tras unha longa batalla contra o cancro de pulmón. Nesta versión, Clapton interpreta o seu solo e ademais, un segundo en memoria do seu amigo mentres Ringo toca a batería e McCartney volve a tocar o piano e a facer os coros como fixeron na versión orixinal.

Outras versións[editar | editar a fonte]

A canción foi interpretada por numerosos artistas, entre eles:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Harrison, George (2002 [1980]). I, Me, Mine, San Francisco: Chronicle Books, 120. ISBN 978-0-8118-3793-4