Westport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Westport - Cathair na Mart")
Westport
Cathair na Mart
Westport Coat-of-Arms.png
Westport bridge IE.jpg
Ponte de Westport
Provincia Connacht
Condado condado de Mayo
Poboación 5.475 hab.
Altitude 80 metros
Páxina web Westport Town Council
Localización de  Westport na Irlanda
53° 48' 00" N 09° 31' 60" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Westport (Cathair na Mart en irlandés) é unha vila do Condado de Mayo, provincia de Connacht (Irlanda). Está situada na costa Oeste da Illa, ao Sur-leste de Clew Bay, na costa atlántica. Wesport é un punto importante de arquitectura xeorxiana e é coñecida por ser unha das poucas vilas planificadas do país (foi planificada polo arquitecto inglés James Wyatt en 1780), esta planificación foi encargada polo Marqués de Sligo.

Historia[editar | editar a fonte]

A vila orixinal de Cathair na Mart existiu nalgún lugar arredor do que agora é a fachada Leste de Westport House. Tiña unha poboación en torno aos 700 habitantes e foi trasladada ao seu emprazamento actual arredor de 1780 pola familia Browne de Westport House, que renomeou a vila como Westport. Este traslado do emprazamento orixinal estivo planificado polo arquitecto James Wyatt.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Westport atópase na costa occidental de Irlanda, ao surleste de Clew Bay a uns 80 metros sobre o nivel do mar. Preto da vila, a 10 km ao Oeste, cerca das vilas de Murrisk e Lecanvey, se atopa Croagh Patrick, un monte de 764 m de altitude e que é un importante punto de peregrinación, este monte é coñecido localmente como the Reek.

Cultura[editar | editar a fonte]

Matt Molloy's Pub

Matt Molloy de The Chieftains ten un pub en Bridge Street no centro da vila, onde se pode desfrutar de música folk en directo.

As xentes de Westport son coñecidas tradicionalmente como Coveys. Hai unhas décadas existía un dialecto chamado Covey que era inintelixible para os forasteiros.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]