West Ham United FC
| Nome | West Ham United Football Club | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | The Irons, The Hammers The Academy of Football |
||
| Fundación | 1895 | ||
| Estadio | Upton Park, Londres, Inglaterra |
||
| Inauguración | 1904 | ||
| Capacidade | 35.647 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Premier League | ||
| 2011–12 | 3º (Championship) | ||
| Vestimenta | Macron | ||
| Patrocinador | SBOBET | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O West Ham United Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Londres. Na tempada 2011-12 xoga no Football League Championship, logo de descender da Premier League.
Índice |
Historia [editar]
O West Ham foi fundado en 1895 co nome de Thames Ironworks and Shipbuilding Co. Ltd. En 1900 cambiouse o nome polo actual. No ano 1919 o West Ham foi seleccionado para participar da Football League Second Division, ascendendo á First Division no ano 1923, mesmo ano en que o club chegou á final da FA Cup, a primeira que se xogou no Estadio de Wembley, na final coñecida como a do cabalo branco, a cal gañou o Bolton Wanderers por 2:0.
Nos Anos 60 a prensa inglesa denominou ao club The Academy of Football, debido á cantidade de novos talentos que procedían da súa canteira.
En 1964 gañou o seu primeiro título, a Copa de Inglaterra.
En 1965 conquistou o seu primeiro título continental: a Recopa de Europa, vencendo na final ao alemán Múnic 1860. Volveu reeditar os seus loureiros nacionais, en 1975, gañando de novo a Copa inglesa. Só unha tempada despois, volveu chegar a unha final da Recopa, pero a perdeu ante o RSC Anderlecht belga.
A única etapa gloriosa do club data de 1980 e de 1981. Neses anos, o club estaba sumido na segunda división, e primeiro, logrou por terceira vez o trofeo da FA, e o seguinte ano, a liga de segunda división, co que desde 1981 ata 2003, mantéñense en primeira. Ascenderon en 2004, e ata agora seguen na máxima categoría.
A súa última alegría continental chegou en 1999, cando gañou a Copa Intertoto, o que lle permitiu disputar a Copa UEFA.
No ano 2006 alcanza novamente a final da FA Cup contra o Liverpool. Ata o minuto 90 o marcador mantíñase 2-3 a favor do West Ham, pero un disparo de longa distancia de Steven Gerard deulle o empate aos Reds. Logo, na quenda de penaltis, Aston Ferdinand fallou o último lanzamento, polo cal o Liverpool coroouse novamente campión de Copa nunha final histórica e recordada como unha traxedia polos afeccionados londinenses.
O 15 de maio do 2011 o West Ham xógase a permanencia en Primeira Division fronte ao Wigan Athletic, xornada 37 da tempada. West Ham comeza o primeiro tempo gañando 2-0, dándolle esperanzas á xente de que talvez podían salvarse, pero durante a segunda metade o Wigan aproveito fállalas da defensa, para asi darlle a volta ao marcador 3-2 e pór o último cravo no ataud ao West Ham, co cal empacarán maletas e iranse a Segunda División.
Xogadores [editar]
Cadro 2010/11 [editar]
|
|
Palmarés [editar]
Torneos nacionais [editar]
- Football League Championship (2): 1958, 1981.
- FA Cup (3): 1964, 1975, 1980.
- Community Shield (1): 1964.
Torneos internacionais [editar]
- Recopa de Europa (1): 1964-65
- Copa Intertoto (1): 1999
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en inglés)
|
|||||||||||||||||