Wenceslao Calvo Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWenceslao Calvo Garra
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1921 Editar o valor em Wikidata
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 2003 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Ulm, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5045865

Wenceslao Calvo Garra, nado en Lalín o 13 de xullo de 1921 e finado en Ulm o 25 de maio de 2003, foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do valenciano Alfonso Calvo Peñarrocha, que viñera a Lalín a traballar no servizo postal, e de María Garra Goyanes. Á súa vez ela era filla do farmacéutico compostelán Wenceslao Garra Somoza e de Laura Goyanes Diéguez, filla do médico Gumersindo Goyanes. Foi bautizado cos nomes de Wenceslao Alfonso Luis.

Fixo a educación primaria coa súa parente Concepción Fernández Goyanes. Logo dunha breve estancia en Vilalba a familia mudouse a Requena, onde estudou bacharelato e coñeceu a que sería a súa muller, Raquel García de Leonardo, coa que casou en 1947. Co estoupido da guerra civil española regresa coa súa nai e a súa irmá a Lalín, e remata o bacharelato en Santiago de Compostela. Nesa época construíu unha pequena radio xunto ao seu amigo José Aller, sobriño de Ramón María Aller Ulloa.

Estudou medicina na Universidade de Valencia, onde traballou como profesor ao cargo das prácticas de anatomía patolóxica, departamento dirixido por Juan José Barcia Goyanes. Foi investigador no Instituto Ramón y Cajal, e cunha bolsa do Consello Superior de Investigacións Científicas continuou os seus estudos na cidade de Lisboa. Máis tarde repetiu experiencia cunha bolsa de estudos da Fundación Rockefeller para o Instituto Neurolóxico de Montreal.

Grazas a un traballo de neurofisioloxía obtivo o Premio Ramón y Cajal de Investigación Científica en 1950. No ano 1952 dirixiu a construción do palencefalógrafo, instrumento que permitía, mediante impulsos eléctricos, o estudo dos tumores cerebrais.

En 1965 trasládase á cidade alemá de Friburgo onde leva a cabo traballos sobre rexeneración da medula ósea destruída por radiacións nucleares. Posteriormente trasladase á Universidade de Ulm, onde consegue illar as células sanguíneo-formadoras as chamadas células tronco, células nai das células sanguíneas.

En Ulm estuda os efectos da radiación atómica do bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki, e viaxou a Rusia para estudar os efectos da radiación tras o accidente de Chernóbil. Nesta liña investigadora estaba no camiño de conseguir a fabricación do sangue artificial para transfusións necesarias en caso de transplantes de órganos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]