We Ride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
We Ride
OrixeVigo, Galicia Galiza
Xénero(s)hardcore
Selo(s) discográfico(s)Victory Records
MembrosMimi Telmo - voz
Borja Trigo - guitarra
Brais Lomba - batería
Nuno Alvez - guitarra
Tweety Capmany - baixo
Antigos membrosDani Pereira - batería
Víctor Rodriguez - baixo
Bastian Rodriguez - baixo
Na rede
Facebook: werideband Musicbrainz: 48de446a-a441-449a-a103-623feefeefc3 Discogs: 2132911 Allmusic: mn0003253230 Editar o valor em Wikidata

We Ride é unha banda de hardcore de Vigo, creada en abril de 2009. Foron a primeira banda española que asinou coa discográfica estadounidense Victory Records. Son considerados unha das bandas españolas na que máis países actuaron, despois de virar e tocado múltiples veces en mais de 30 países en Europa, América do Sur, América Central, América do Norte e Asia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda foi formada pola cantante Mimi Telmo e o guitarrista Borja Trigo, con Víctor Rodríguez no baixo e Dani Pereira na batería. En xullo deron o seu concerto debut e uns meses despois gravaron a súa primeira maqueta, Demo '09, coa que deron os seus primeiros concertos en Vigo e arredores. En setembro Dani deixou a banda, e substituíuno Brais Lomba.

En 2010 publicaron o seu primeiro disco, Directions, editado e distribuído polas discográficas Chorus of One Records (Europa/USA), Fragment Records (España) e Learn to Trust Records (Asia).[1] O disco foi editado en formato CD, vinilo 12" e casete. As boas críticas recibidas leváronos a tocar fóra do estado, tanto de xira como en varios festivais en Europa do Norte.

En setembro de 2012 publicaron On the Edge, gravado nos estudos Ultra Sound de Braga e distribuído por Farewell Records (Europa), Seven Eight Life Recordings (América) e Samstrong Records (Asia). Presentaron o disco en Europa (España, Francia, Bélxica, Países Baixos, Eslovaquia, Eslovenia, Polonia, Serbia,República Checa, Austria e Italia), América (Arxentina, Uruguai, Ecuador, Chile, Perú, Panamá, México, Brasil, Colombia, Nicaragua, O Salvador, Costa Rica, Honduras e os Estados Unidos) e Asia (Malaisia, Filipinas, Singapur e China).

Logo de tomar 2016 como ano sabático, o 4 de febreiro de 2017 a revista Alternative Press anunciou a fichaxe da banda polo selo estadounidense Victory Records, e a publicación en exclusiva do sinxelo "Self Made" como adianto do novo disco, Empowering Life, publicado o 14 de abril.[2] Coa saída de novo disco asinan pola axencia M.A.D. Tourbooking, coñecida por ser a axencia europea de contratación máis importante de hardcore, punk e metal, á que pertencen bandas como Hatebreed, Agnostic Front, D.R.I. ou Napalm Death. En apenas dúas semanas presentan o disco novamente por toda Europa e durante o verán tocan en festivais europeos como Resurrection Fest e o Download Fesival, compartindo cartel con bandas como Linkin Park, Rancid, System of a Down ou Rammstein.

Estilo[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos We Ride foi evolucionando do son hardcore old-school, a unha mestura de distintos elementos do hardcore, do punk rock e do metalcore, creando un son moi propio e difícil de encadrar nun só xénero. A diferenza da maioría dos grupos do xénero, ao micrófono atópase unha muller asumindo o posto de frontwoman. Na maioría das súas letras hai diferentes temas reivindicativos e políticos, tratando problemas como a corrupción, a contaminación o machismo ou o especismo.

Ideais[editar | editar a fonte]

A pesar que nunca se definiron como tal, a cantante Mimi e mais integrantes da banda son veganos e straight edge.

Membros[editar | editar a fonte]

Actuais[editar | editar a fonte]

  • Mimi Telmo - voz (2009 - presente)
  • Borja Trigo - guitarra (2009 - presente)
  • Brais Lomba - batería (2009 - presente)
  • Nuno Alvez - guitarra (2012 - presente)
  • Jose "Tweety" Capmany - baixo (2017 - presente)

Pasados[editar | editar a fonte]

  • Dani Pereira - batería (2009 - 2009)
  • Víctor Rodriguez - baixo (2009 - 2013)
  • Bastian Rodriguez - baixo (2013 - 2017)

Timeline[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Demos[editar | editar a fonte]

  • Demo '09 (Auto-editada, 2009)

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Directions (Chorus Of One Records, Fragment Records, Learn to Trust Records, 2010)
  • On the Edge (Farewell Records, Seven Eight Life Recordings, Samstrong Records, 2012)
  • Empowering Life (Victory Records, 2017)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Morire por ellos (2010)

Notas[editar | editar a fonte]