Waterworld
| Waterworld | |
|---|---|
| Título orixinal | Waterworld |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Kevin Reynolds |
| Produtor | Kevin Costner John Davis Charles Gordon Lawrence Gordon Andrew Licht |
| Guión | David Twohy Peter Rader |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Kevin Costner Jeanne Tripplehorn Dennis Hopper Gerard Murphy Tina Majorino Chaim Girafi Michael Jeter R.D. Call Kim Coates |
| Música | James Newton Howard Henry Mancini |
| Fotografía | Scott Fuller Dean Semler |
| Montaxe | Peter Boyle |
| Estudio | Davis Entertainment |
| Distribuidor | Universal Pictures |
| Ano | 1995 |
| Duración | 135 minutos |
| País | |
| Xénero | Ciencia ficción |
| Orzamento | $175.000.000[1]. |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Waterworld é un filme pos-apocalíptico de ciencia ficción. Foi dirixido por Kevin Reynolds e escrito conxuntamente entre Peter Rader e David Twohy. Foi estreado en 1995.
O filme está ambientado nun futuro distante. A pesar de que non se cita unha data exacta no filme, crese que podería ser o ano 2500.[2] Os casquetes polares están completamente derretidos e o nivel do mar incrementouse centos de metros, cubrindo case toda a superficie da terra. O filme ilustra isto cunha variación do logo de Universal Pictures, que comeza de forma corrente coa imaxe da Terra, pero logo vese como a auga vai cubrindo gradualmente o planeta ata que a terra queda totalmente somerxida. O argumento do filme xira arredor dun anti-heroe sen nome, "O Mariñeiro", un viaxeiro que navega a Terra no seu trimarán.
Índice |
Argumento [editar]
No futuro os casquetes polares derreteron e a auga cubre a total superficie do planeta. Por este motivo, a auga doce é o ben máis prezado que existe, e os seres humanos sobreviven en plataformas flotantes na busca incesante de auga potable e lembrando unha lenda, segundo a cal nalgún lugar existe terra seca. O Mariñeiro (Kevin Costner) é un viaxeiro solitario que vive do comercio de obxectos. Un día chega a un atol de chatarra e vende terra ós seus habitantes, pero eles, ó decatarse de que é un mutante (metade peixe, metade humano), condénano a morte.
Personaxes [editar]
- Kevin Costner como O Mariñeiro. É o protagonista da historia. Trátase dunha mutación de home-peixe con branquias funcionais e membranas nas extremidades, que lle permiten nadar velozmente. É solitario e reservado.
- Dennis Hopper como O Diácono. É o principal inimigo. É o líder dun grupo de delincuentes chamados Smokers, que se adican ó pillaxe e ó asasinato dos escasos asentamentos flotantes (atol) dos superviventes da inundación. O seu obxectivo é atopar Terra Seca.
- Jeanne Tripplehorn como Helen. É unha muller que vive ó coidado de Enola nun atol. Cre na existencia de Terra Seca, e por iso salva da morte a Mariner, para que lles axude a atopala
- Tina Majorino como Enola. É unha nena orfa procedente de Terra Seca, que leva unha tatuaxe nas costas, que en realidade é un mapa con indicacións para volver ó seu lugar de orixe. Sempre está facendo debuxos de árbores e animais aínda que non os lembra moi ben, e non sabe o que son. Enola significa "só" ("Alone" escrito ó revés).
Galardóns e nomeamentos [editar]
Curiosidades [editar]
- O guión de Waterworld pululou moitos anos polo Universal Studios e moitos actores ( Patrick Swayze, Jean Claude Van Damme, Arnold Schwarzenegger, Bruce Willis ou Tom Hanks) interesáronse nalgún momento polo proxecto. Pero cando Kevin Costner coñeceu a existencia do guión, converteuse no produtor e contratou ó seu amigo Kevin Reynolds para a dirección.
- No seu día foi a película máis cara da historia, e tamén unha das menos rentables, polo que case lle custa a carreira a Kevin Costner.
- Un dos especialistas morreu afogado na rodaxe.
Notas [editar]
- ↑ BoxOfficeMojo
- ↑ The Making of Waterworld by Janine Pourroy (August 1995). Production designer Dennis Gassner states: "The date was 2500."
Véxase tamén [editar]
Ligazóns Externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)