Washington Allston
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Washington.
Washington Allston, nado en Waccamaw, Carolina do Sur, en 1779 e finado en Cambridge, Massachusetts, en 1843, foi un pintor e escritor norteamericano.
Traxectoria [editar]
Graduouse por Harvard en 1800, e os tres anos seguintes estivo en Londres para estudar arte na Royal Academy con Benjamin West.
Samuel F. B. Morse foi un dos discípulos de Allston, mesmo foi con el a Roma en 1811, antes de se asentar en Londres, onde a súa obra de temática relixiosa e alegórica acadou gran recoñecemento. En 1818 volta definitivamente aos Estados Unidos, nestes anos a súa obra perde vitalidade, pintando sobre todo paisaxes e recreacións neoclásicas.
Obra Literaria [editar]
- The Sylphs of the Seasons with other Poems (1813), poesía.