Warren Buffett

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Warren Buffet, o segundo home máis rico do mundo

Warren Edward Buffett (30 de agosto de 1930 en Omaha, Nebraska) é un investidor e filántropo estadounidense. Actualmente está considerado como o home máis rico do mundo (11 de febreiro de 2008).[1]

Índice

[editar] Perfil

En 1986, era o home máis rico do mundo, cun patrimonio líquido de 16 $ billóns, gracias enteiramente á súa habilidade na escolla de accións e a administración de investimentos de outras persoas. Posúe hoxe máis de 60 $ billóns. Buffet iniciou a súa carreira en 1954 con apenas 100 $ para investir. Despois de ser ensinado por Benjamin Graham, fundou unha sociedade de investimento da que el era o administrador. Buffet dirixiu esta sociedade ata 1969, cando saíu do mercado debido aos niveis extremadamente altos da Bolsa.

En [[1965], comprou unha firma con problemas financeiros no sector téxtil chamada Berkshire Hathaway. Esta firma debería converterse nun holding para investimentos no sector dos medios de comunicación, seguros e compañías do sector de consumo. Buffet comprou varias destas compañías a un prezo moi baixo na recesión de 1973. Isto axudou a manter o seu retorno ben superior ó mercado durante as décadas de 70 e 80.

Buffett xa era considerado unha lenda viva no campo dos investimentos cando comprou unha gran parte de CocaCola en 1988. Pero foi no momento que obtivo éxito nesta compra que se transformou nun verdadeiro heroe. Dende entón, Buffet se tornou un símbolo do que hai de mellor na tradicional forma de se encontrar valor, cos pés no chan, no leste de América. As brincadeiras e exemplos empregados nas súas aulas e relatorios anuais axudaron a espallar a súa reputación para ben lonxe dos confíns de Wall Street, auxiliados por un “bando” de investidores satisfeitos que Buffet axudou a transformar en millonarios.

[editar] Resultados a Longo Prazo

Buffett é o investidor con máis éxito de tódolos tempos, cunha taxa de retorno composta de 22,3% durante 36 anos.

[editar] Maior éxito

A compra de Coca Cola por Buffet fixo para os seus investidores un lucro de preto do 800% en 12 anos. Menos coñecido foi seu investimento no Grupo de propaganda Interpublic en 1973, que ofreceu ganancias de máis do 900% en pouco máis de 11 anos.

[editar] Métodos e Estratexias

"Un investidor debería pensar como se el tivese unha tarxeta de investimento para a vida e nesta tarxeta só existisen 20 opcións. En cada decisión de investimento efectuada, a súa tarxeta perfórase, e o polo tanto o investidor terá unha oportunidade menos de escolla polo resto da súa vida”.

Exemplos:

  • A maioría das empresas teñen que vehicular propagandas para que os consumidores coñezan os seus produtos e servizos, o que quere dicir que compañías de publicidade se benefician dun porcentual das vendas destes produtos en forma de comisión.
  • A maioría dos homes teñen que barbearse e as mulleres teñen que depilar as súas pernas. Desta forma, Gillete, ten un fixo no mercado que nunca desaparecerá, e está espallándose á medida do crecemento da poboación mundial.

Os grandes negocios posúen as seguintes características:

1. Simplicidade: Son doados de entender e doados de administrar

2. Posúen características fortes de franquicias – Benefícianse dun “Goodwill económico”, i.e. a habilidade de aumentar os seus prezos por enriba da inflación.

3. Previsibilidade: Os seus lucros poden ser proxectados cara o futuro con grande previsibilidade.

4. Alto retorno en capital – Conseguido sen malabarismos contables ou exceso de débedas. Isto aínda é máis importante que un lucro espectacular.

5. Xeración forte de diñeiro - Eles “transbordan diñeiro” e non precisan altos investimentos en activos para manterse no negocio. Poden investir o diñeiro para aumentar, aínda máis, os seus lucros.

6. Devoción ó valor do accionista – a administración que posúe un montante significativo de capital investido no negocio pensa nos accionistas como socios, cuxos intereses son os mesmo cos deles.

Buffet utiliza un cálculo chamado de 'fluxo de caixa descontado', ou FCD. Este cálculo envolve a estimativa dos fluxos de caixa futuros do negocio e o desconto. Este cálculo mostra se existe unha diferenza entre o prezo actual e o valor proxectado, e se é grande ou suficiente para dar ó investidor unha marxe de seguridade. Buffet di que despois de comprada unha acción, non lle importaría se a Bolsa pechase por 10 anos dende que, estivese suficiente confiado do valor intrínseco dos seus papeis. El non precisaría dunha confirmación do mercado. Venda apenas se ocorreren as seguintes situacións:

  • Se o valor da compañía non está crecendo nunha taxa satisfactoria;
  • Se o valor de mercado sobrepasa significativamente o valor intrínseco;
  • Cando vostede precise de diñeiro para investir noutra compañía que é aínda máis atractiva baixo a óptica da diferenza do valor intrínseco e o valor do mercado.

[editar] Citas

  • "Regra número Un: Nunca perda diñeiro. Regra número dous: Nunca se esqueza da regra número Un."
  • "Ben Graham di: 'O investimento é moito máis intelixente cando é como se fose un negocio.' Estas son as palabras máis importantes xa escritas sobre investimentos."
  • "Un bo negocio non é sempre unha boa compra, aínda que sexa un bo lugar para se procurar por unha."
  • "Eu prefiro comprar un excelente negocio por un prezo razoable que comprar un negocio razoable por un excelente prezo."
  • "Cando unha administración con brillante reputación encontra un negocio economicamente ruín, é a reputación do negocio a que se mantén intacta."

[editar] Ligazóns externas

[editar] Referencias

  1. Kroll, Luisa. "The World's Billionaires", Forbes, 2008-03-05. Consultado o 2008-03-05.
Ferramentas persoais