Wario Land 3
Wario Land 3 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Nintendo R&D1 |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Director(es) | Takehiko Hosokawa |
Produtor(es) | Takehiro Izushi |
Deseñador(es) | Hiroji Kiyotake Masahiko Mashimo Masani Ueda Isao Hirano Shinya Sano |
Compositor(es) | Kozue Ishikawa |
Lanzamento | Game Boy Color Xapón 21 de marzo de 2000[1] 3DS Virtual Console Xapón 2 de maio de 2012 |
Xénero | Plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Game Boy Color Virtual Console |
Serie | Wario Land |
Na rede | |
https://www.nintendo.co.jp/n02/dmg/aw8a/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Waqio Land 3 coñecido no Xapón como Wario Land 3: Fushigi na Orgel (ワリオランド3 不思議なオルゴ~ル, lit. "Wario Land 3: The Mysterious Music Box", é un videoxogo estreado para Game Boy Color no 2000. Neste xogo, o rival de Mario, Wario debe ceibar unha misteriosa figura que está atrapada nunha caixa de música.
Descrición[editar | editar a fonte]
O videoxogo é semellante ó seu antecesor Wario Land II. Wario é invencible pero aínda así os inimigos pódeno danar, e polo tanto os crebacabezas serán máis complicados. Malia que algúns inimigos outorgaranlle transformacións que se poderán usar para acceder a outras áreas, o protagonista deberá viaxar por tódolos niveis para poder atopar novas habilidades e tesouros para poder acceder a outros niveis e completar o xogo. O mundo da caixa de música divídese en catro áreas: Leste, Oeste, Norte e Sur; cada unha cos seus niveis.
Cada nivel ten catro cofres de tesouros coas súas chaves cada unha. As cores dos cofres están na orde aproximado na que están pensados para ser abertos, gris, vermello, verde e azul. Esta orde non é fixa, xa que a miúdo cando un cofre de tesouro no pode ser alcanzado, Wario debe retroceder e recuperar un novo artigo para facelo accesible.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nintendo - Customer Service / Game List". Nintendo.com. Consultado o 2009-08-05.