Wario Land: Super Mario Land 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wario Land: Super Mario Land 3
Desenvolvedor Nintendo R&D1
Distribuidora Nintendo
Director Hiroji Kiyotake
Takehiko Hosokawa
Produtor Gunpei Yokoi
Compositor Ryoji Yoshitomi
Kozue Ishikawa
Lanzamento Game Boy
Flag of Japan.svg Xapón 21 de xaneiro de 1994
3DS Virtual Console[1]
Flag of Japan.svg Xapón 14 de decembro de 2011
Serie Super Mario
Wario Land
Xénero Plataformas
Modos de xogo Un xogador
Plataformas Game Boy
3DS Virtual Console
Xogo anterior Super Mario Land 2: 6 Golden Coins
Xogo posterior Virtual Boy Wario Land

Wario Land: Super Mario Land 3, coñecido en Xapón como Super Mario Land 3: Wario Land (スーパーマリオランド3 ワリオランド?), é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Nintendo para Game Boy en 1994. É o primeiro videoxogo protagonizado por Wario así como a primeira aparición de Captain Syrup e os seus piratas Brown Sugar, inimigos recorrentes na serie de videoxogos Wario Land.

Legado[editar | editar a fonte]

Wario Land foi un proxecto para transformar a aparición de Wario en Super Mario Land 2: 6 Golden Coins cara un papel protagonista que fixera medrar o universo de Mario. Wario Land tivo sete populares secuelas: Virtual Boy Wario Land, Wario Land II, Wario Land 3, Wario Land 4, Wario World, Wario: Master of Disguise e Wario Land: The Shake Dimension.

O xogo volveuse lanzar na tenda virtual de Nintendo para a súa descarga, podendo facerse no Xapón o 14 decembro de 2011, en Europa o 16 de febreiro de 2012 e en Norte América o 26 de xullo de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]