Wanksta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Wanksta"
sinxelo de 50 Cent
do álbum 'Get Rich or Die Tryin''
Lanzamento 2002
Formato {{{formato}}}
Gravada 2001
Xénero musical Rap
Duración 3:44
Discográfica aftermath
Produtor(es) John "J-Praize" Freeman
Escritor(es) Curtis Jackson
Cronoloxía
Thug Love "Wanksta" In da Club
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Wanksta" é o segundo single da banda sonora do filme 8 Mile. Lanzado en 2002, o single, composto por 50 Cent, alcanzou a posición decimo terceira, converténdoo no primeiro single do rapeiro que entra no Top 20 e o seu primeiro single comercial. Foi usado en No Mercy, No Fear.

Información[editar | editar a fonte]

A canción foi o primeiro single en entrar nas listas despois de firmar co selo de Eminem’s e Dr. Dre, Shady/Aftermath, e tamén o primeiro single tras "Thug Love", lanzado en 1999. Orixinalmente apareceu no seu mixtape de 2002, "No Mercy, No Fear", sendo moi emitido polos medios, e sendo incluído na banda sonora do filme 8 Mile. Foi una canción extra (a pista 17) no seu primeiro álbum comercial de 2003, Get Richo or Die Tryin’. Eminem tamén faría un remix da canción contra Ja Rule.

Durante moito tempo pensouse que as letras da canción ían contra Ja Rule, pero nunha entrevista a si mesmo en MuchMusic, 50 Cent aclarou que inicialmente a canción non ía contra Ja Rule, "Pero Ja Rule é un wanksta".

A parte instrumental da canción foi usada en "Crackin", unha canción de The Psychopathic Rydas. Tamén foi usada en "The Real Wanksta" de Black Child.

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lista Máxima Posición
U.S. Billboard Hot 100 13
U.S. Billboard Hot R&B/Hip-Hop Songs 4
U.S. Billboard Hot Rap Tracks 3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]