Wangechi Mutu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wangechi Mutu (1972, Nairobi, Kenya) é unha artista que vive e traballa en Nova York. Mudouse a Nova York nos anos noventa para estudar Antropoloxía e Artes na Cooper Union (BFA, 1996) e na Universidade de Yale (MFA, 2000).

A obra pictórica de Wangechi Mutu ten como tema central a pintura ou as colaxes de figuras femininas a partir da mestura de debuxos e fotografías de mulleres idealizadas das revistas de moda. O resultado son figuras retorcidas, contorsionadas de xeito grotesco e atormentado para trata-lo tema da marxinación por causas do sexo e da raza nun mundo global que, no fondo, mantén actualizada a violencia e a destrución dos períodos previos da historia.

A obra de Mutu foi exposta en galerías e museos de todo o mundo, como o San Francisco Museum of Modern Art, Miami Art Museum, Tate Modern de London, Kunstpalast Düsseldorf en Alemaña ou o Centre Pompidou de París.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]