Walter Sydney Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Sydney Adams

Walter Sydney Adams, nado en Siria o 20 de decembro de 1876 e finado en Pasadena o 11 de maio de 1956, foi un astrónomo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Siria en 1876, onde seus pais eran misioneiros, aínda que volveron a América en 1884. Traballou nun espectroscopio solar e codescubriu as relacións entre as intensidades relativas de certas liñas espectrais e a magnitude absoluta dunha estrela e determinou os períodos de rotación do Sol. A súa análise espectróscópica de Sirio B, confirmou unha das previsións da teoría xeral da relatividade de Einstein.

O asteroide 3145 Walter Adams leva o seu nome, así como un cráter de Marte. Dende 1923 ata 1946 dirixiu o observatorio astronómico de Mount Wilson, en California.