Walter Bruch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWalter Bruch
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1908 Editar o valor em Wikidata
Neustadt an der Weinstraße, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1990 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Hannover, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaStadtfriedhof Engesohde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor , enxeñeiro eléctrico , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 35069830 Editar o valor em Wikidata

Walter Bruch, nado o 12 de marzo de 1908 en Neustadt an der Weinstrasse e finado o 5 de maio de 1990 en Hannover, foi un enxeñeiro alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bruch comezou a traballar en Telefunken en 1935 traballando no deseño dunha cámara iconoscópica, a Olympia-Kanone, que o propio Bruch operou durante os Xogos Olímpicos de Berlín de 1936. Na segunda guerra mundial operou un circuíto pechado de televisión para monitorizar os lanzamentos dos V-2 en Peenemünde, porén o traballo máis notable de Bruch é o desenvolvemento do sistema de codificación de televisión en cor PAL nos laboratorios de Telefunken a comezos da década de 1960. Foi tamén profesor na Universidade Técnica de Hannover e en 1975 recibiu o premio Werner-von-Siemens-Ring.