Walibi World
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Walibi World é un dos maiores parques de atraccións de Holanda. O parque está situado en Biddinghuizen, no concello (Dronten), na provincia holandesa de Flevoland. Anteriormente era chamado parque Six Flags Holland, Walibi Flevo e con anterioridade Flevohof.
Baixo o nome de Flevohof o parque comezou como un parque urbano. O Flevohof fracasou pouco despois e nove anos máis tarde o parque foi renomeado como Walibi Flevo. Este parque foi adquirido en 1998 por Premier Parks e en 2000 mudou o seu nome a Six Flags Holland. O seu nome actual está en uso dende o 2005. A maioría das atraccións, incluíndo montañas rusas e moitas outras, datan da época do Six Flags e do Flevohof. Nos últimos anos o parque tenta se presentar máis como un parque familiar.
Walibi World ten sete montañas rusas, incluíndo a maior e máis rápida do Benelux. Walibi World tamén ten unha montaña rusa de madeira e máis de 50 atraccións e concertos.