Wakame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wakame
Wakame.jpg
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
División: Heterokontophyta
Clase: Phaeophyceae
Orde: Laminariales
Familia: Alariaceae
Xénero: ''Undaria''
Especie: ''U. pinnatifida''
Nome binomial
''Undaria pinnatifida''
(Harvey) Suringar, 1873

A Wakame (do xaponés (ワカメ wakame?) é unha alga comestible da familia das algas pardas. Ten un aroma delicado e doce, e sérvese usualmente en sopas e ensaladas.

Ten sido cultivada por granxeiros mariños en Xapón e Corea dende hai centos de anos. A súa extensión a outras partes do mundo por medio dos cascos dos barcos ou en sementes de ostra fai que, desde o punto de vista da ecoloxía, sexa considerada unha especie invasora.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Pertence ao grupo das algas pardas e é de cor verde-castaña clara. A súa forma semella unha grande folla de carballo. Vive en augas profundas (até 25 metros) e chega a medir 1,5 metros de lonxitude. É na primavera cando acada o seu máximo desenvolvemento.

Adaptada moi ben aos fondos das rías galegas, a miúdo asociada ao mexillón. A súa recolleita é difícil, ten que ser feita por mergulladores especializados.

Uso alimentario[editar | editar a fonte]

En Asia e o Pacífico[editar | editar a fonte]

Secadoiro artesanal de wakame en Corea.
Ensalada de wakame fervido.
Sopa de miso, prato xaponés con Tofu, Wakame e ceboliñas.
Miyeok guk, sopa coreana con wakame
Wakame con sardiñas, prato xaponés

En China é chamada qundaicai (裙带菜).[2].A produción chinesa concéntrase arredor de Dalian.

En Corea é chamada miyeok (미역)[2] e, de aí, ven o nome da sopa miyeok guk.

A wakame é a segunda alga máis consumida no mundo en alimentación directa, e procede case na súa totalidade das zonas de cultivo de Xapón, Corea e China. Ademais da sopa miso xaponesa ou a Sopa miyeok guk coreana, en xeral é usada como ingrediente de ensaladas xunto con tofu (queixo de soia) e cogombros, e aderezada con mollo de soia e vinagre de arroz.

En Europa[editar | editar a fonte]

A wakame chegou accidentalmente ás costas de Galicia e Francia xunto con sementes de ostra xaponesa e adaptouse como unha máis do país, a miúdo asociada aos mexillóns. As wakames recolleitas en Galicia son, debido ás especiais características oceanográficas, as mellor adaptadas do atlántico europeo, presentando unha textura suave e un sabor doce "a mar".

En francés foi proposto o nome "fougère des mers" (é dicir fieito de mar), mentres que en inglés "sea mustard" (mostaza de mar). Por non ser unha alga tradicional das costas de Galicia aínda non ten nome popular galego, pero ben podía ser chamada "grelo de mar", pola similitude de aspecto e textura con esa verdura, ou "carballa" polo seu parecido cunha folla de carballo.

O consumo de wakame en Europa, ao igual que o do resto das algas, máis que polas existentes tradicións costeiras, entrou por influxo das poboacións orientais afincadas nas cidades (sobre todo a través dos seus restaurantes). No caso concreto do Wakame débese principalmente á popularización dos restaurantes xaponeses de sushi. Tamén ten unha grande influencia a expansión do movemento macrobiótico na segunda metade do século XX, impulsado polos xaponeses Georges Ohsawa e Mishio Kushi.

En Galicia, tanto nas Rías Altas como nas Baixas, hai experiencias avanzadas de produción de wakame por cultivo mariño, amais dunha apreciable cantidade por recolleita de exemplares silvestres [3][4][5]

Tamén existen cultivos mariños de wakame na Bretaña[6].

Propiedades nutritivas e de saúde[editar | editar a fonte]

O wakame é moi rico en calcio, mineral no que acada valores extraordinarios (1.380 mg/100g), maiores que o leite de vaca (tipicamente 120 mg/100g).

É apreciable o seu contido de proteínas (22,7 g por cada 100) con alto valor biolóxico polo seu equilibrio entre aminoácidos esenciais.

É unha fonte excelente de iodo, oligoelemento fundamental para o funcionamento da tiroide e a eliminación do exceso de graxas.

Tamén posúe ácido alxínico e polisacáridos que en experiencias con ratos se amosan capaces de desintoxicar o corpo e eliminar metais pesados e isótopos radioactivos.[7][8][9][10][11]

Estudos feitos na universidade de Hokkaido indican que un composto do wakame chamado fucoxantina pode axudar á queima do tecido graxo.[12][13]. Estudos en ratos amosan que a fucoxantina induce a expresión da proteína queima-graxas UCP1, que se acumula en tecidos adiposos arredor dos órganos internos. A expresión da proteína UCP1 foi significativamente incrementada en ratos alimentados con fucoxantina.

Tamén é unha fonte de ácidos graxos Omega-3, e ten un dos maiores ratios de nutrientes fronte a calorías, con máis de 400 mg/100 kcal ou case 1 mg/kJ.[14]

Na medicina oriental o wakame é considerado como un elemento purificador do sangue e órganos.[15]

Valores nutricionais típicos do wakame (cantidades cada 100 g) [16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Base de datos de especies invasoras globais (en inglés)
  2. 2,0 2,1 Abbott, Isabella (1986). Algae and human affairs. ISBN 9780521321150.
  3. Cultivos de algas, La Voz de Galicia (en castelán)
  4. Galicia produce algas, Diario Xornal (en castelán)
  5. Referencia á tese sobre o Cultivo experimental con fins industriais de Undaria pinnatifida na Ría de Ares e Betanzos. Experiencia da Universidade da Coruña, o IEO en Santander e a empresa PortoMuíños (en castelán)
  6. Undaria pinnatifida na Bretaña (en inglés)
  7. Rose,H.E., Quaterman, J Fibras dietéticas e retención de metais pesados en ratas McGill(en inglés)
  8. Elliaz, I. Weil, E. Integrative medicine and the role of modified citrus pectin/alginates in heavy metal chelation and detoxification--five case reports(en inglés)
  9. Skoryna, S.C.STUDIES ON INHIBITION OF INTESTINAL ABSORPTION OF RADIOACTIVE STRONTIUM. I. PREVENTION OF ABSORPTION FROM LIGATED INTESTINAL SEGMENTS(en inglés)
  10. Kothimchemko, M. Lead absorption and excretion in rats given insoluble salts of pectin and alginate(en inglés)
  11. Skoryna, S.C. Studies on the inhibition of intestinal absorption of radioactive strontium (V)(en inglés)
  12. Maeda H, Hosokawa M, Sashima T, Funayama K, Miyashita K. A fucoxantina das algas comestibles Undaria pinnatifida, amosa efecto antiobesidade pola expresión da proteína de desacoplamento UCP1 en tecidos adiposos brancos. Biochem Biophys Res Commun. 2005 Jul 1;332(2):392-7.
  13. Referencia publicación médica dos efectos antiobesidade da fucoxantina do wakame
  14. "545 foods highest in 20:5 n-3". Nutrition Data. http://nutritiondata.self.com/foods-011067000000000000000.html?maxCount=10. Consultado o 2007-02-09.
  15. Turner, Kristina (1996). The Self-Healing Cookbook: A Macrobiotic Primer for Healing Body, Minds and Moods with Whole Natural Foods. isbn=0-945668-10-4.(en inglés)
  16. Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud (en castelán)'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wakame Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]