Würth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Würth
WURTH.png
Agoncillo - Würth Rioja, Fabrica 3.JPG
Centro Loxístico Würth en Agoncillo (La Rioja, España).
Tipo Fundación
Fundación 1945
Matriz Würth-Gruppe
Localización Künzelsau Alemaña Alemaña
Fundador Adolf Würth
Persoas clave Reinhold Würth
Industria Fixación e montaxe
Produtos Ferramentas
fixacións
pezas
Beneficio 9.985 Millóns de euros (2012)[1]
Número de empregados 66.113 (2011)
Páxina web wurth.es

Würth é unha multinacional alemana fundada en 1945 co nome Adolf Würth GmbH & Co. KG, e sede en Künzelsau. Adícase á venda de accesorios, ferramentas, materiais para montaxe e fixación para industria e construción.

Würth está formada por 400 empresas que operan en 86 países.

Historia[editar | editar a fonte]

Würth foi fundada en 1945 por Adolf Würth (1909-1954), a empresa adicábase á venda de parafusos en Künzelsau, Alemaña. Despois da morte de Adolf Würth en 1954 foi o seu fillo, Reinhold Würth, á idade de 19 anos e a súa nai, Alma Würth son quen se fan cargo da empresa de venda de parafusos que nese momento era aínda unha empresa de dúas persoas.

Dende entón, a compañía convertiuse en líder do grupo minorista coa participación principal de negocios na distribución de fixación, e materiais de montaxe e ferramentas con aproximadamente 120.000 produtos diferentes. Entre os seus máis de 3 millóns de clientes atópanse principalmente empresas do sector da construción, a madeira e a metalurxia, empresas de automoción, e os clientes industriais máis importantes.

O Grupo Würth está especializado na distribución a través de representantes de vendas, comerciais a comisión.

Despois de cinco anos de investigación, o grupo abriu o 27 de outubro de 2006 en Schwäbisch Hall, unha planta para a produción comercial dos novos tipos de células solares sen silicio, de cobre, indio e selenio (CIGS, acrónimo en inglés de Copper indium gallium selenide (CuInGaSe2)).

Würth en España[editar | editar a fonte]

Museo Würth en Agoncillo.

Würth ten a súa sede en España na localidade barcelonesa de Palau-solità i Plegamans que ocupa unha extensión de 25.000 m2, incluíndo un centro loxístico. Würth ten outro centro loxístico na localidade rioxana de Agoncillo de 41.000 m2 que inclúe oficinas e o Museo Würth La Rioja, onde se expón a Coleción Würth de arte contemporáneo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Würth

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]