Voz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O termo voz pode referirse a:
- Voz (fonoloxía): é o son producido polo aparello fonador humano. Hai dous mecanismos básicos de produción de voz, a vibración das cordas vocais que dá lugar a sons "sonoros" (vogais, semivogais, nasais etc.), e as interrupcións (totais ou parciais) no fluxo de aire que sae dos pulmóns que dá lugar aos sons "xordos" (fricativas etc.). Adicionalmente hai combinacións de ambos mecanismos, como as oclusivas sonoras (en galego 'b', 'd' e 'g'). Os sons así producidos matízanse pola configuración do resto do tracto vocal.
- voz (música): en música, as voces humanas organízanse que participan nunha composición polifónica en función de distintas liñas melódicas. Así mesmo, cada unha das liñas melódicas da composición denomínanse voces. As voces poden ser soprano, alto, tenor, barítono e baixo.
- voz (lingüística): en lingüística, a voz expresa o papel semántico de varios referentes que participan na oración. Dependendo de que a oración estea escrita en voz activa ou en voz pasiva, o suxeito será axente ou paciente respectivamente. En galego, a voz pasiva pódese realizar mediante a construción verbal «ser + verbo en participio + por + 'o axente')» por exemplo: «o artigo foi escrito por moita xente» onde «o artigo» é suxeito pasivo e «moita xente» é o axente. Pero é máis común crear unha expresión pasiva coa partícula de pasiva reflexa «se». Doutra banda, emprégase a partícula «se» con valor reflexivo para construír a voz media.
Outros significados:
- Berro, urro, na expresión "dar unha voz".
- Nunha asemblea "ter voz" implica que se ten dereito a expresar opinións. Non implica o dereito de votar ("ter voto"").
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. |