Vought F-8 Crusader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vought F-8 Crusader
F-8E VMF-212 CVA-34 1965 (cropped).jpg
Tipo caza
Fabricante Vought
Primeiro voo 25 de marzo de 1955
Introducido marzo de 1957
Retirado 1999
Estado retirado
Construídos 1.219

O Vought F-8 Crusader (orixinalmente F8U) foi un avión de superioridade aérea supersónico, mono-motor e embarcado construído por Vought para a Mariña e o Corpo de Marines dos Estados Unidos, substituíndo ao Vought F7U Cutlass. Despois da decepcionante experiencia da mariña co F7U, moitos referíronse ao F8U como a "derradeira oportunidade de Vought" O prijemiro prototipo do modelo estivo listo para o voo en febreiro de 1955, e foi o derradeiro caza estadounidense con canóns com arma principal, sendo usado principalmente na Guerra do Vietnam. O RF-8 Crusader foi un avión de recoñecemento fotográfico que operou durante máis tempo que as versións de caza. O RF-8 xogou un papel crucial na crise dos mísiles de Cuba, proporcionando fotografías tomadas a baixa altura que non podían conseguirse por outros medios. As unidades da Reserva Naval estadounidense continuaron operando o RF-8 ata 1987.