Vorador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vorador é unha personaxe secundaria na serie de videoxogos Legacy of Kain. Paul Lukather prestou a súa voz a personaxe, na versión en inglés da serie. Por un curto período de tempo, durante as primeiras etapas do xogo, o nome de Vorador foi cambiado a Infernus pero pronto devolvérono ao Vorador orixinal.

Biografía[editar | editar a fonte]

Vorador tiña a honra de ser o primeiro humano en Nosgoth ao que se lle pasou o don escuro do vampirismo. Indubidabelmente, este feito foi un acto de gratitude polo gran servizo que Vorador xa prestara aos Vampiros. Cando aínda era humano, Vorador forxou unha poderosa espada encargada polos vampiros, que, logo de sufrir unha serie de encantamentos e maxias descoñecidas, converteuse na Blood Reaver. Máis tarde esta espada convértese na Soul Reaver, logo de fundirse co espírito do Raziel o devorador de almas.

Outra das infames proezas de Vorador sucede 500 anos antes de que o primeiro xogo tome lugar. En represalia pola morte de Janos Audron a mans da orde Sarafan, Vorador asaltou a fortaleza Sarafan, onde atopou e asasinou a seis membros do Círculo dos Nove. Antes da súa saída, vence ao Sarafan Malek; xerando grande odio na orde, e conducindo ao inhumano castigo que efectuaron contra os vampiros.

Séculos máis tarde, Vorador guía ao mozo Kain (e a Raziel, nas súas viaxes temporais). Ata se presenta en axuda de Kain e vence a Malek por segunda vez, acabando con el definitivamente. O final da historia de Vorador non é moi glamoroso. A turba cazadora de vampiros, liderada por Moebius, captura a Vorador e execútano mediante decapitación.