Voo 9525 de Germanwings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 9525 de Germanwings
D-AIPX, o avión accidentado
nunha imaxe de maio de 2014.
Resumo
Data  24 de marzo de 2015
Causa  voo deliberadamente controlado
contra o terreo; baixo investigación
Lugar  Prads-Haute-Bléone,
Alpes da Alta Provenza
Coordenadas  Coordenadas: 44°16′48″N 6°26′20″L / 44.280083, 6.43875
Orixe  Aeroporto de Barcelona-El Prat
Destino  Aeroporto de Düsseldorf
Finados  150 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A320-200
Operador  Germanwings
Rexistro  D-AIPX
Pasaxeiros  144
Tripulación  6
Superviventes  0

O voo 9525 de Germanwings (4U9525/GWI18G)[1] foi un voo regular internacional entre o Aeroporto de Barcelona-El Prat e o Aeroporto Internacional de Düsseldorf, operado por Germanwings, filial de baixo custo de Lufthansa.

O día 24 de marzo de 2015 o avión que realizaba a ruta estrelouse nos Alpes Franceses, no departamento dos Alpes da Alta Provenza, tras un descenso constante que comezou un minuto despois do seu derradeiro contacto rutineiro co control aéreo e ao pouco tempo de alcanzar a súa altitude de cruceiro. O fiscal do caso, as autoridades francesas e alemás, e un voceiro de Germanwings afirmaron que o accidente foi intencionado.[2][3][4] O choque matou os 150 ocupantes do aparello, 144 pasaxeiros e 6 tripulantes.

O avión[editar | editar a fonte]

O aparello involucrado no accidente era un Airbus A320 de 24 anos de idade, co número de serie 147 e rexistro D-AIPX. Realizou o seu primeiro voo o 29 de novembro de 1990.[5] Foi entregado a Lufthansa o 5 de febreiro de 1991, compañía coa que voaría ata que foi transferido a Germanwings o 10 de xullo de 2013. Un ano despois, o 22 de xullo de 2004 volvería a Lufthansa co nome de Mannheim, e volvería operar coa súa filial dende o 31 de xaneiro de 2014.[6]

O avión acumulara ao redor de 58.300 horas en 46.700 voos.[7] O tempo de servizo deseñado para ese avión (DSG) era de 60.000 horas ou 48.000 voos. No ano 2012 aprobouse un tempo de servizo estendido (ESG1), levando a súa vida ata as 120.000 horas ou 60.000 voos, a condición de que se realizasen cambios estruturais e de sistemas antes de acadar o DSG.[8] Tras o accidente a aeroliña informou que o aparello fora revisado o día anterior por técnicos de Lufthansa.[9]

Tripulación e pasaxe[editar | editar a fonte]

O piloto ao mando era o Capitán Patrick Sondenheimer, que tiña 10 anos de experiencia (unhas 6.000 horas) voando en A320 de Germanwings, Lufthansa e Condor.[10][11]

O primeiro oficial era Andreas Lubitz, de 27 anos de idade.[12][13] Lubitz deixara por un tempo o seu adestramento de piloto en 2009; un coñecido seu afirmou que foi debido a que sufrira síndrome de Burnout e depresión.[14] Tiña 630 horas de voo de experiencia antes do accidente.[15]

Había dous pilotos, catro tripulantes de cabina e 144 pasaxeiros no avión de polo menos 18 países, principalmente de Alemaña e España. Os primeiros datos foron confusos debido á dobre nacionalidade dalgunhas das persoas que voaban no aparello.[16]

Entre a pasaxe había 16 alumnos e dous profesores do instituto Joseph-König-Gymnasium de Haltern am See, en Renania do Norte-Westfalia. Regresaban a casa tras un intercambio de estudos co instituto Giola en Llinars del Vallès.[17] O baixo-baritono Oleg Bryjak e a contralto Maria Radner, cantantes da Deutsche Oper am Rhein, tamén estaban no voo.[18][19]

O accidente[editar | editar a fonte]

Traxectoria do voo.

O voo 9525 engalou na pista 07R do aeroporto de Barcelona ás 10:01:12 CET (09:01.12 UTC) e agardábase que chegase a Düsseldorf ás 11:39 CET (10:39 UTC).[20][21] A saída prevista do voo era ás 09:35 CET (08:35 UTC).[22]

A Direction Générale de l'Aviation Civile (DGAC), a autoridade civil de aviación francesa, declarou o avión en perigo tras comezar a descender e ao perder o contacto por radio. Segundo a oficina francesa de investigacións de aviación civil, a Bureau d'Enquêtes et d'Analyses pour la Sécurité de l'Aviation Civile (BEA), os pilotos confirmaron as instrucións do control de tráfico francés ás 10:30 CET.

Ás 10:31.02 CET, tras cruzar a costa francesa preto de Toulon, o avión realizou unha leve corrección do rumbo, abandonando a altitude de cruceiro asignada de 38.000 pés (12.000 m) e sen aprobación ningunha comezou un rápido descenso. O radar observou un rango de descenso duns 3.500 pés por minuto (17,8 metros por segundo). Os intentos do control aéreo francés por contactar co avión a través da frecuencia de radio asignada non foron respondidos. O tempo de descenso dende os 38.000 foi duns 10 minutos.[23] Enviouse un Mirage 2000 da Forza Aérea francesa dende a base de Orange para interceptar o avión.[24][25] Segundo a BEA, o contacto por radar perdeuse ás 10:40.47 CET; a esa hora o avión estaba voando a unha altitude de 6.175 pés (1.882 m).[26]

O avión estrelouse no territorio da remota comuna de Prads-Haute-Bléone, a uns 100 quilómetros ao noroeste de Niza.

Investigación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Accident to the Airbus A320-211 registered D-AIPX, flight GWI18G, on 24 March 2015" (en inglés). BEA. 24 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  2. El País (ed.). "El fiscal del caso: “El copiloto tuvo la voluntad de destruir el avión”". Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  3. "Germanwings Plane Crash Investigation". The Guardian (en inglés). 26 de marzo de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  4. "Germanwings Flight 4U9525: Co-pilot put plane into descent, prosecutor says" (en inglés). CBC News. 26 de marzo de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  5. Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  6. Planespotters (ed.). "D-AIPX". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  7. Business Insider (ed.). "A plane with 150 people aboard crashed in France - no survivors expected". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  8. Lufthansa Technik (ed.). "New life for the A320" (PDF). Connection - xullo/agosto 2012 - p. 20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de marzo de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  9. Europa Press (ed.). "Germanwings: El avión descendió durante 8 minutos antes de estrellarse". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  10. The Independent (ed.). "Patrick S: Who was Germanwings captain on crashed flight 9525?". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  11. BBC (ed.). "Alps plane crash: What we know". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  12. The Telegraph (ed.). "Andreas Lubitz: Everything we know about Germanwings plane crash co-pilot". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  13. The Wall Street Journal (ed.). "Mystery Surrounds Possible Motive for Germanwings Co-Pilot Andreas Lubitz". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  14. The Telegraph (ed.). "Andreas Lubitz hid illness: Everything we know on Friday about Germanwings plane crash co-pilot". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  15. BBC News (ed.). "Germanwings crash: Who was co-pilot Andreas Lubitz?". Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  16. AL.com (ed.). "Germanwings Flight 9525 crash: 2 Americans among 150 killed". Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  17. Yahoo! News (ed.). "16 schoolchildren believed to be aboard Germanwings plane that crashed in Alps". Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  18. Deutsche Oper am Rhein (ed.). "Trauer um Oleg Bryjak und Maria Radner". Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  19. Daily Mirror (ed.). "Germanwings Airbus A320 plane crash: First pictures of opera singers Maria Radner and Oleg Bryjak among 150 dead". Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  20. BFM TV (ed.). "Ce que l'on sait du crash de l'Airbus A320 entre Digne et Barcelonnette". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  21. Flight Aware (ed.). "Germanwings (4U) #9525 ✈ 24-Mar-2015 ✈ LEBL / BCN – EDDL / DUS". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  22. Flightstats (ed.). "(4U) Germanwings 9525 Flight Status". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  23. The New York Times (ed.). "What Happened on the Germanwings Flight". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  24. Libération (ed.). "Ce que l'on sait sur le crash de l'A320 dans les Alpes". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  25. The Independent (ed.). "Germanwings plane crash: Airbus A320 glide to destruction 'took 18 minutes not 8'". Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  26. Aviation Safety Network (ed.). "Rolda de prensa da BEA". Consultado o 27 de marzo de 2015.