Voo 5022 de Spanair
| Voo 5022 de Spanair | |
|---|---|
|
O avión accidentado
|
|
| Resume | |
| Data | 20 de agosto de 2008 |
| Causa | Flaps e slats non extendidos para despegue |
| Lugar | |
| Orixe | |
| Destino | |
| Finados | 154 |
| Feridos | 18 |
| Aeronave | |
| Tipo de aeronave | McDonnell Douglas MD-82 |
| Operador | Spanair |
| Rexistro | EC-HFP |
| Pasaxeiros | 162 |
| Tripulación | 10 |
| Superviventes | 18 |
O voo JK 5022 da compañía Spanair (voo en código compartido con Lufthansa LH255), un McDonnell Douglas MD-82, con orixe no Aeroporto de Barajas en Madrid e destino o aeroporto das Palmas de Gran Canaria (España) tivo un accidente durante o proceso de despegue o día 20 de agosto de 2008 ás 14:45 hora local (12:45 UTC). A aeronave caeu inmediatamente despois de despegar da pista 36L do Aeroporto de Barajas, converténdose no primeiro accidente con mortes na historia da compañía Spanair. Houbo 154 mortos e 18 feridos (6 deles en estado crítico)[1]. Este foi o accidente máis grave aéreo de España desde 1985[2].
Índice |
Accidente[editar]
As primeiras informacións afirmaban que a aeronave, que transportaba 172 persoas, das cales 162 eran pasaxeiros e 10, tripulantes, sufrira un aborto no primeiro intento por despegar dado que o piloto notara que un sensor daba unha temperatura excesiva nunha das tomas de aire, segundo informou Spanair, provocando un retardo de máis dunha hora na saída[3]. No momento do segundo intento por elevarse, a nave sufriu un incendio no motor dereito. Incapaz de gañar altitude, caeu nunha estrada paralela á pista, quebrándose en dúas partes[4].
Vítimas[editar]
De acordo co comunicado oficial, encontráronse 26 sobreviventes entre os restos do aparello[5][6][7], os cales foron levados a distintos hospitais da rexión; desgraciadamente, seis morreron antes de chegar ao hospital e, outro máis, morreu esa noite no hospital. Moitos dos dezanove sobreviventes estaban en estado crítico. Especúlase que o resto dos pasaxeiros morreron inmediatamente tralo accidente, no incendio posterior.
As primeiras reportaxes indicaron un número variado de vítimas, que foron variando continuamente ao longo do día.
Notas[editar]
- ↑ "Antena3". http://www.antena3noticias.com/PortalA3N/noticia/espana/Aumentan-154-los-fallecidos-accidente-Barajas-morir-una-las-heridas/2291851
- ↑ Pior acidente aéreo na Espanha desde 1985 deixa mais de 100 mortos.
- ↑ "Madrid crash: 'The plane came to a sharp stop. I heard a horrible noise'". The Guardian. 20-08-2008. http://www.guardian.co.uk/world/2008/aug/21/spain1.
- ↑ http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/europe/7572643.stm
- ↑ "More Than 150 Die in Madrid Plane Crash". The New York Times. 20-08-2008. http://www.nytimes.com/2008/08/21/world/europe/21madrid.html?ref=world.
- ↑ "147 killed in plane crash at Madrid airport". Associated Press. http://ap.google.com/article/ALeqM5iZGjqoRsHwCookXNzTtwupigxBRAD92M4MS00.
- ↑ "Death toll climbs in Spanair plane crash". UPI. http://www.upi.com/Top_News/2008/08/20/Spanair_plane_crash_kills_more_than_140/UPI-53011219241083/.