Voo 447 de Air France

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 477 de Air France
PKIERZKOWSKI 070328 FGZCP CDG.jpg
O avión accidentado
Resume
Data  1 de xuño de 2009
Causa  Aínda descoñecida
Lugar  Océano Atlántico Sur
Preto de San Pedro e San Paulo
Coordenadas  4°0′0″N 30°0′0″W / 4.00000°N 30.00000°W / 4.00000; -30.00000 (Aproximadamente)
Orixe  Flag of Brazil.svg Río de Xaneiro
Destino  Francia París
Finados  228 (confirmado oficialmente)
Feridos  0
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A330
Operador  Air France
Rexistro  F-GZCP
Pasaxeiros  216
Tripulación  12
Superviventes  0

O voo 447 da compañía Air France, un Airbus A330, con orixe en Río de Xaneiro e destino a París, tivo o 1 de xuño de 2009 un accidente no Océano Atlántico. Estando prevista a súa chegada ó aeroporto Charles de Gaulle ás 11:10, os radares perdéronlle o rastro horas antes.

Desaparición[editar | editar a fonte]

Medios oficiais brasileiros declararon que o avión desaparecera entre o arquipélago de Fernando de Noronha, a 186 millas ó noreste da cidade de Natal, e a Illa do Sal, unha das illas de Cabo Verde. Segundo as súas palabras, tratábase dunha "área enorme do océano Atlántico, tres veces o tamaño de Europa", se ben Douglas Ferreira, o encargado da investigación da Axencia Aeronáutica Civil de Brasil declarou que podería estar preto da costa africana no momento da súa desaparición, tendo en conta a velocidade á que viaxaba[1]. O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy declarou que as posiblidades de atopar superviventes era "ínfimas"[2].

Os labores de rastreo correron a cargo de dous avións Hércules da Forza Aérea do Brasil e tres navíos da Mariña[3]. Na mañá do martes 2 de xuño de 2009, localizáronse os primeiros restos [4].

Vítimas[editar | editar a fonte]

No avión viaxaban 228 persoas, deles 216 pasaxeiros e 12 tripulantes[5], destes últimos once franceses e un brasileño[6]. A maioría son franceses (73), brasileños (58) e alemás (26)[7], dun total de trinta e dúas nacionalidades[8]. Viaxaban tamén dúas persoas de nacionalidade española, unha muller catalana[9] da que non trascendeu información, e o enxeñeiro industrial sevillano Andrés Suárez Montes, de 38 anos de idade, traballador en Brasil da empresa Schlumberger.

O director executivo da Michelin para a América Latina, o brasileiro Luiz Roberto Anastácio, e outro executivo brasileiro da mesma compañía, Antonio Gueiros, eran pasaxeiros deste voo, xuntamente cun traballador de Michelin en Francia identificado como Christine Pieraerts. O administrador da unidade brasileira CSA da empresa produtora de aceiro ThyssenKrupp tamén estaba no avión.

Causas[editar | editar a fonte]

Tratábase dun avión relativamente novo, que entrara en funcionamento en abril de 2005, e que fora posto a punto por última vez o 16 de abril do 2009, segundo Air France[10].

Nun primeiro momento especulouse sobre a posibilidade de que fora alcanzado por un raio, a chuvia, unha xeada ou por mor de turbulencias, aínda que as causas reais aínda se descoñecían[11][12]. Segundo Thomas Anthony, director do programa da Universidade do Sur de California sobre seguridade aeronáutica, "este accidente ocorreu na Zona de Converxencia Intertropical, que é un caldo de cultivo para as tormentas e os ciclóns. Nas imaxes de satélite, pódense ver liñas de tormentas eléctricas que ás veces se estenden durante centos e centos de millas. Podes ver o cumio das tormentas entre o 55.000 e 60.000 pés de altura"[13]. Valorouse tamén a posibilidade dun ataque terrorista, xa que a compañía tivera unha ameaza de bomba en Arxentina unhas semanas antes, que resultara ser falsa[14].

A principios de maio do 2010, o Ministerio de Defensa de Francia comunicou que se localizara a área na que se atopaba a caixa negra[15], se ben advirteu que era posible que non se chegase a recuperar dado o accidentado da orografía.

Finalmente, en xullo de 2012, a Oficina de Investigación e Análise, o organismo estatal francés encargado da seguridade aérea, atribuíu o accidente a fallos na ergonomía do avión e a "accións inapropiadas dos pilotos que estaban sometidos a forte presión"[16].

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Segundo as previsións iniciais das compañías aseguradoras, as indemnizacións previstas poderían facer deste accidente aéreo o máis custoso en términos económicos dende que no ano 2001 un avión se precipitara sobre Queens, Nova York, matando 265 persoas e implicando uns custos de arredor de 600 millóns de dólares[17].

Nacionalidade dos pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Nacionalidade Pasaxeiros Tripulación Total
Flag of France.svg Francia 61 11 72
Flag of Brazil.svg Brasil 58 (57)[18] 1 59
Alemaña Alemaña 26 (28)[19] 26 (28)
Italia Italia, Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 9 9
Checoslovaquia Checoslovaquia 6 6
Reino Unido Reino Unido, Liberia Liberia 5 (4)[20] 5 (4)
Hungría Hungría 4 4
Tunisia Tunisia (4)[21] (4)
Noruega Noruega 3 (4) 3 (4)
Irlanda Irlanda 3 3
Eslovaquia Eslovaquia 3 3
Marrocos Marrocos 2 2
Polonia Polonia 2 2
España España 2 1 3
Estados Unidos de América Estados Unidos 2 2
Flag of Argentina.svg Arxentina 1 (1) 1 (2)
Austria Austria 1 1
Bélxica Bélxica 1 (2) 1 (2)
Flag of Canada.svg Canadá 1 1
Croacia Croacia 1 1
Dinamarca Dinamarca 1 1
Estonia Estonia 1 1
Gabón Gabón 1 1
Islandia Islandia 1 1
Países Baixos Países Baixos 1 (2)[22] 1 (2)
Flag of the Philippines.svg Filipinas 1 1
Romanía Romanía 1 1
Rusia Rusia 1 1
Suecia Suecia 1 (3)[23] 1 (3)
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 1 1
Flag of South Korea.svg Corea do Sur (1) (1)
Turquía Turquía 1[24] 1
Total 216 12 228[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. France and Brazil Press Search for Missing Plane
  2. 228 Feared Dead as Air France Jet Is Lost Off Brazil
  3. "La solidaridad mundial es muy grande"
  4. Brazil Says Debris Found in Ocean Might Be From Plane
  5. Se desvanece posibilidad de encontrar avión de Air France que cubría la ruta Rio de Janeiro - París
  6. Tripulação de avião desaparecido tem 11 franceses e um brasileiro, diz Air France
  7. Un avion d'Air France disparaît au large du Brésil
  8. Nacionalidad de los pasajeros en avión desaparecido de Air France
  9. Dos españoles, entre los 228 ocupantes del avión de Air France desaparecido en el Atlántico
  10. New York Times
  11. Minimal Lightning Strikes Detected Along Flight 447 Path
  12. L'avion a-t-il été victime d'une météo exécrable et de pannes techniques?
  13. Airbus jet leaves few clues before vanishing
  14. AF 447: todas las teorías valen
  15. Francia localiza las cajas negras del Airbus que se estrelló en el Atlántico
  16. “Acciones inapropiadas” de los pilotos provocaron la catástrofe de Air France
  17. Air France Crash May Be Most Expensive Since 2001
  18. Zeisterse in verdwenen Air France vlucht. http://www.rtvutrecht.nl/nieuws/211178
  19. http://www.bild.de/BILD/news/telegramm/news-ticker,rendertext=8584962.html título= Airbus-Absturz: Jetzt 28 Tote
  20. http://www.dagbladet.no/2009/06/03/nyheter/utenriks/air_france-ulykken/flystyrt/6527897/
  21. http://www.airfrance447.com/tag/tunisian-victims/%7Ctítulo=Tunisian victims
  22. Zeisterse in verdwenen Air France vlucht. http://www.rtvutrecht.nl/nieuws/211178 |
  23. "Swedish citizens". Flygplan försvann över Atlanten. http://www.dn.se/nyheter/varlden/flygplan-forsvann-over-atlanten-1.881261 data= 01-06-2009. Dagens Nyheter
  24. The Last Resital in Rio de Janerio. http://www.airfrance447.com/06/05/fatma-ceren-necipoglu-37-turkey-harpist-academic
  25. http://alphasite.airfrance.com/flight-air-france-447-rio-de-janeiro-paris-charles-de-gaulle/press-releases/?L=1%7Ct

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Voo 447 de Air France

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]