Vontade de poder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vontade de poder (Alemán Der Wille zur Macht) é un concepto importante da filosofía de Friedrich Nietzsche.

O término apareceu por primeira vez no fragmento 23 [63] de 1876-1877. "A Vontade de poder" é o título dunha obra que Nietzsche planificou escribir así como un libro de seleccións das súas apuntes (ou Nachlass).

O concepto da vontade de poder no pensamento de Nietzsche cobrou moitas interpretacións, sendo a máis notable a apropiación polo Nazismo como o desexo polo poder e do poder (poder entendido neste caso como o concepto máis limitado de "dominación"). Algúns Nazis como Alfred Bäumler tamén suscitaron unha interpretación biolóxica da Vontade de poder, equiparándoo cunha forma de darwinismo social, malia que Nietzsche criticou a este último nas súas obras.

Esta interpretación foi criticada por Martin Heidegger nos seus cursos de 1930 acerca de Nietzsche. Por Wille zur Macht, Nietzsche non se refería a un poder físico ou político, senón que á "Vontade de poder" como un concepto particular e inédito, a diferenza da unión de dous conceptos por separados: Vontade e poder.

A diferenza da conceptualización biolóxica e voluntaria da Wille zur Macht, Heidegger e Deleuze propuxeron que a Vontade de poder e o eterno retorno deben considerarse en conxunto. Primeiramente, o concepto debe ser contrastado coa "Vontade de vivir" de Schopenhauer e considerar o fondo e críticas de Nietzsche a Schopenhauer.

Schopenhauer suscitaba unha "vontade de vivir", no que as cousas viventes atopábanse motivadas pola sustentación e desenvolvemento das súas propias vidas. En cambio, Nietzsche suscitaba unha vontade de poder na que as cousas viventes non só se atopan motivadas pola mera necesidade de manterse vivas, senón que, en realidade tiñan unha gran necesidade de exercer e utilizar o poder para crecer e expandir as súas fortaleza e posiblemente para someter outras vontades no proceso. Nietzsche vía a "vontade de vivir" como secundaría dunha primaria "vontade de poder" e melloramento ou afirmación da vida. Deste xeito, opoñíase ao darwinismo social na medida en que criticou a validez do concepto de adaptación, que consideraba unha "vontade de vivir" estreita e débil.

Outro punto particular da vontade de poder é que é un proceso de expansión da enerxía creativa que de acordo con Nietzsche era a forza interna fundamental da natureza.