Volcán de fuego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volcán de Fuego (esquerda) e Acatenango (dereita), visíbeis ao lonxe

O Volcán de Fuego é un estratovolcán situado entre os departamentos de Sacatepéquez, Escuintla e Chimaltenango, ao centro-sur de Guatemala.

Características[editar | editar a fonte]

O Volcán de Fuego ten unha altura de 3.763 metros sobre o nivel do mar. Localízase nas coordenadas 14° 25′ 54′&prime de latitude norte e 90° 52′ 54′′ delonxitude oeste. Practicamente está sen vexetación entre os 1.300 e os 3.750 metros sobre o nivel do mar, onde basicamente só se pode encontrar lava. O Volcán de Fuego ten a forma dun cono que se alonga considerabelmente para o sur, formando o pé do monte para a costa sur.

Este é un dos volcáns máis activos da América Central. As súas erupcións son violentas. É probabelmente o volcán máis activo desde a Conquista. Xa o conquistador Pedro de Alvarado puido velo en erupción no ano 1524, segundo testemuños contemporáneos. Entrou en erupción máis de 60 veces desde 1524, a última das cales data do 22 de abril de 2004. Esta condición mantén en constante alerta as comunidades das súas abas.

Durante o 1 e o 6 de xullo do 2004 unhas explosións pequenas no Volcán de Fuego produciron columnas de fume ao redor dun quilómetro sobre o volcán. As avalanchas ocasionais de material volcánico viaxaron baixo os barrancos que flanquean o volcán.