Volcán Sakurajima
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 31°35′19″N 130°39′17″E / 31.58861°N 130.65472°E
| Volcán Sakurajima | |
|---|---|
|
Volcán Sakurajima e Kagoshima |
|
| Elevación: | 1.117 m |
| Latitude: | 31°35′ N |
| Lonxitude: | 130°39′ E |
| Localización: | Honshu, |
| Tipo: | Estratovolcán |
| Última erupción: | 2.010 |
| Primeira subida: | 0 por un monxe anónimo |
O Sakurajima (桜島, さくらじま) é un volcán do Xapón situado no sur da illa de Kyūshū. Sitúase na prefectura de Kagoshima. Está localizado na parte da baía de Kagoshima coñecida como baía de Nishikie. O seu punto máis alto está a 1.117 metros por riba do nivel do mar. Até 1914, o Sakurajima era unha illa, pero nese ano, debido a unha grande erupción, a enorme cantidade de lava que soltou solidificouse e uniu a illa coa península de Ōsumi. A actividade volcánica aínda continúa: pois emite grandes coadas de cinza volcánica.