Volbeat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volbeat (logo).jpeg
Orixe Copenhaguen, Dinamarca, Flag of Denmark.svg
Período 2000-actualidade
Xénero(s) heavy metal, hard rock, groove metal, rockabilly, blues rock, rock and roll
Selo(s) discográfico(s) Rebel Monster Records
Mascot Records
Vertigo Records
Universal Records
Membros Michael Poulsen
Anders Kjølholm
Jon Larsen
Rob Caggiano
Antigos membros Franz Gottschalk
Teddy Vang
Thomas Bredahl
Web oficial http://www.volbeat.dk/

Volbeat é unha banda de rock danesa formada en Copenhaguen. Tocan unha fusión de rock and roll, heavy metal, punk e rockabilly. Están inspirados por lendas do rock 'n' roll clásicas coma Elvis Presley ou Johnny Cash, e por bandas de hard rock, punk rock e heavy metal coma AC/DC, Social Distortion, The Misfits, Napalm Death e Metallica.[1] Os seus membros son o vocalista e guitarrista Michael Poulsen, o guitarrista Rob Caggiano, o baixista Anders Kjølholm e o batería Jon Larsen. A banda asinou co selo holandés Mascot Records e publicou cinco álbums de estudo e un DVD. Todos os seus álbums foron disco de ouro en Dinamarca. A súa segunda publicación Rock the Rebel / Metal the Devil recibiu o disco de platino, e Beyond Hell / Above Heaven, publicado en 2010, recibiu disco dobre de platino en Dinamarca, platino en Finlandia e Alemaña, e ouro en Suecia e Austria. O quinto álbum de Volbeat, Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, foi publicado mundialmente o 9 de abril de 2013.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos (2000-2004)[editar | editar a fonte]

Michael Poulsen comezou no grupo "Dominus", de death metal. No ano 2000, Poulsen fartouse do death metal, feito que remataría coa desaparición de Dominus. No 2001, Poulsen decidiu formar unha nova banda xunto algúns amigos e outros antigos membros de Dominus. Foi o comezo de Volbeat.

O nome da banda, Volbeat, era o nome dunha álbume de Dominus titulado "Vol.Beat".

Despois de vender 1.000 copias da demo "Beat the Meat", Volbeat asinou un contrato de gravación con Rebel Monster Records, unha marca filial de Mascot Records.

The Strength / The Sound / The Songs (2005-2006)[editar | editar a fonte]

Volbeat sacou ao mercado o seu primeiro álbum, The Strength / The Sound / The Songs, en 2005. Os membros da banda por aquel entón eran Michael Poulsen (voz), Jon Larsen (batería), Franz Gottschalk (guitarra) e Anders Kjølholm (baixo). O álbum tivo un gran éxito en Dinamarca, chegando ao número 18 das listas.[2] A crítica sempre foi positiva con respecto a ese álbum. A revista de hard rock alemana RockHard deulles un 10/10 nun dos seus artigos.[3] The Strength / The Sound / The Songs tamén recibiu unha gran cantidade de premios, incluído o de mellor álbum nos "Danish Metal Musik Awards", no ano 2005.[4] Volbeat tamén recibiu moi boas críticas polas súas xiras. O seu concerto no Roskilde Festival de 2006 obtivo 6/6 estrelas nun artigo do periódico danés BT.[5]

Rock the Rebel / Metal the Devil (2007)[editar | editar a fonte]

O baixista Anders Kjølholm nun concerto no ano 2007.

No ano 2007, a banda editou o seu segundo álbum chamado Rock the Rebel / Metal the Devil. A banda tiña os mesmos membros que no primeiro disco. A comezos dese mesmo ano, o álbum debutou no posto número 1 de vendas en Dinamarca.[4]

Volbeat abriu o Roskilde Festival en 2007. Volbeat tamén acompañou a Metallica xunto con Mnemic no seu concerto en Dinamarca o 13 de xullo dese ano. Tamén tocaron xunto a Megadeth en Finlandia e na súa cidade, Copenhague, e nalgúns festivais o verán de 2008. Volbeat contratou a Thomas Bredahl tras a gravación de Rock the Rebel/Metal the Devil para substituír a Gottschalk na guitarra.

Guitar Gangsters & Cadillac Blood (2008-2009)[editar | editar a fonte]

En 2008, saíu á venda o terceiro álbum de Volbeat, co guitarrista Thomas Bredahl, Guitar Gangsters & Cadillac Blood. Este álbum chegou ao máis alto das listas finlandesas despois da súa publicación.[6] En 2009, Volbeat foi o teloneiro de Nightwish no seu tour polos Estados Unidos en maio.[7] O 31 de maio do 2009, tocaron no esceario principal do Pinkpop Festival. Acompañaron tamén a Metallica dende outubro a decembro do 2009, no World Magnetic Tour.[8]

Beyond Hell/Above Heaven (2010-2012)[editar | editar a fonte]

O 10 de setembro de 2010 publicaron Beyond Hell / Above Heaven, e anunciaron tamén unha xira para presentar o seu novo disco.[9] Neste traballo, colaboraron músicos coma Mark Greenway de Napalm Death, Michael Denner de Mercyful Fate ou Miland Petrozza de Kreator.

Ao remate da xira, o 28 de novembro de 2011, Volbeat anunciou a través da súa páxina web a marcha do seu guitarrista Thomas Bredahl,[10] e que os seguintes concertos da xira de 2012 os farían coma trío, ou cun guitarrista novo. En decembro de 2012, Volbeat anunciou que o seu novo álbum ía ser publicado en 2013.

Outlaw Gentlemen & Shady Ladies (2013-presente)[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2013, Volbeat anunciou que o novo álbum levaría como nome Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, e que ía ser publicado na primavera de 2013.

O 4 de febreiro de 2013, anunciouse que Rob Caggiano, antigamente en Anthrax, uniuse oficialmente á banda coma guitarrista. Caggiano produciu e gravou algúns solos de guitarra para o novo álbum, Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, o cal foi publicado o 9 de abril de 2013, antes de que o grupo lle fixera a petición de unirse coma membro oficial.[11]

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais
Antigos membros
  • Franz "Hellboss" Gottschalk - Guitarrista (2002-2006)
  • Teddy Vang - Guitarrista (2001-2002)
  • Thomas Bredahl (2006-2011)
Membros de xira

Liña temporal[editar | editar a fonte]

Rock the Rebel/Metal the Devil foi editado durante a etapa de Bredahl, pero foi gravado con Gottschalk á guitarra.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Single Álbum
2006 I Only Wanna Be With You The Strength / The Sound / The Songs
2007 Sad Man's Tongue Rock the Rebel / Metal the Devil
2007 The Garden's Tale Rock the Rebel / Metal the Devil
2007 Radio Girl Rock the Rebel / Metal the Devil
2008 Maybelenne i Hofteholder Guitar Gangsters & Cadillac Blood
2009 Mary Ann's Place Guitar Gangsters & Cadillac Blood
2010 We Guitar Gangsters & Cadillac Blood
2010 Fallen Beyond Hell / Above Heaven
2010 Heaven nor Hell Beyond Hell / Above Heaven
2011 7 Shots Beyond Hell / Above Heaven
2011 16 Dollars Beyond Hell / Above Heaven
2011 A Warrior's Call Beyond Hell / Above Heaven
2012 Still Counting Guitar Gangsters & Cadillac Blood
2013 Cape of Our Hero Outlaw Gentlemen & Shady Ladies
2013 The Hangman's Body Count Outlaw Gentlemen & Shady Ladies

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

  • Live: Sold Out (2008)
  • Live from Beyond Hell/Above Heaven (2011)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Conversation with Michale Poulsen Of Volbeat - Starpulse Entertainment News". Starpulse.com. 2009-12-07. http://www.starpulse.com/news/index.php/2009/12/07/a_conversation_with_michael_poulson_of_v. Consultado o 2010-02-20. 
  2. "Volbeat - Biography - Metal Storm". MetalStorm.ee. http://www.metalstorm.ee/bands/biography.php?band_id=2788&bandname=Volbeat. Consultado o 2010-2-20. 
  3. "Rock Hard Online rockt das Web". RockHard.de. http://www.rockhard.de/index.php?smod=p209Wz1iMUIfo2qAo2D9pz9wn2uupzDhpzI2nJI3pl5xMKEunJkJnJI3Wzqlo3IjFHD9pzuspzI2nJI3WzAioaEyoaEWEQ00ZQV4AlMmqJAbp3ElnJ5aCKMioTWyLKDz. Consultado o 2010-2-20. 
  4. 4,0 4,1 "Volbeat: Information from Answers.com". Answers.com. http://www.answers.com/topic/volbeat. Consultado o 2010-2-20. 
  5. "Volbeat - Discover music, videos, concerts, & pictures at Last.fm". Last.fm. http://www.last.fm/music/Volbeat. Consultado o 2010-2-20. 
  6. "Suomen virallinen lista". yle.fi. http://yle.fi/lista/listat/tuote.php?id=8898. 
  7. "VOLBEAT To Support NIGHTWISH On Spring 2009 U.S. Tour - Metal from Finland". MetalFromFinland.com. 2008-10-28. http://www.metalfromfinland.com/news/2008-10-28_23:47/volbeat_to_support_nightwish_on_spring_2009_us_tour. Consultado o 2010-2-20. 
  8. "Metallica.com - More Opening Act News". Metallica.com. 2009-07-27. http://www.metallica.com/index.asp?item=602410. Consultado o 2010-2-20. 
  9. "Volbeat". Volbeat.dk. 2010-05-14. http://volbeat.dk/2010/05/14/album-release-and-fall-dates-confirmed/. Consultado o 2010-05-30. 
  10. http://www.volbeat.dk/2/news.php?id=70&lang=en
  11. http://www.volbeat.dk/2/news.php?id=98&lang=en

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]