Voivodato de Smoleńsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do voivodato na República das Dúas Nacións.

O voivodato de Smoleńsk (en polaco: województwo smoleńskie) foi unha división administrativa do Gran Ducado de Lituania creada en 1508 como reorganización do principado homónimo. Entre 1514 e 1611 pertenceu só nominalmente a Lituania, xa que achábase baixo o dominio do Gran Ducado de Moscova; foi recuperado en 1611 mais perdido novamente de xeito definitivo en 1686, aínda que mantívose titularmente até a segunda partición de Polonia en 1793.

O voivodato estaba dividido nos condados de Smoleńsk e Starodub.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]