Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVoivodato de Serbia e Banato de Temesvar
Woiwodschaft Serbien und Temescher Banat (de) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalTimișoara Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación1849 Editar o valor em Wikidata
Disolución1860 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porImperio Austríaco Editar o valor em Wikidata

O Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar ou Voivodato serbio e Banato de Temesvar, tamén Voivodato serbio e Banato de Tamiš, foi unha provincia (ducado) do Imperio austríaco que existiu entre 1849 e 1860.

Era un territorio da coroa, separado, formado por dúas antigas provincias: a Voivodina serbia e o Banato de Temesvar.

O seu antigo territorio está hoxe dividido entre Serbia, Romanía e Hungría.

O Voivodato deu o seu nome á actual Provincia Autónoma de Voivodina, en Serbia.

Nomes[editar | editar a fonte]

En alemán, o Voivodato coñecíase como Woiwodschaft Serbien und Temescher Banat ou Die serbische Wojwodschaft und das temeser Banat, en serbio como Војводство Србија и Тамишки Банат / Vojvodstvo Srbija i Tamiški Banat ou Српска Војводовина и Тамишки Банат / Srpska Vojvodovina i Tamiški Banat, en húngaro como Szerb Vajdaság és Temesi Bánság, e en romanés como Voivodina Sârbeascǎ şi Banatul Timişoarei.

En varias fontes (tanto serbias como alemás) aparecen dúas variantes do nome do voivodato, unha como Voivodato de Serbia e do Banato de Temesvar e a outra como Voivodina serbia e Banato de Temesvar (como se pode ver arriba).

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa do Voivodato.

O Voivodato foi formado por decisión do emperador austríaco en novembro de 1849, despois das Revolucións de 1848/1849.

Foi formado de acordo cos privilexios concedidos aos serbios polo emperador Habsburgo en 1691, recoñecendo o dereito dos serbios a unha autonomía territorial dentro da Monarquía dos Habsburgo. Consistía nas rexións do Banato, Bačka e os municipios de Ilok e Ruma, do norte de Sirmia (véxase mapa adxunto).

Un gobernador austríaco con sede en Temeswar (Tamiš en serbio, Timişoara en romanés) gobernaba o principado, e o título de voivoda pertenía ao propio emperador. O título completo do emperador era "Gran Voivoda do Voivodato de Serbia" (en alemán: Großwoiwode der Woiwodschaft Serbien). Incluso despois da abolición do Voivodato, o emperador retivo este título até o final da Monarquía Austrohúngara en 1918.

En 1860, o Voivodato de Serbia e Banato de Timisoara foi abolido e a maioría do seu territorio (Banato e Bačka) foi incorporado ao reino de Hungría dos Habsburgo, aínda que o goberno directo húngaro non empezou até 1867, tras o Compromiso Austrohúngaro, cando o reino de Hungría gañou autonomía dentro da nova monarquía dual Austrohúngara.

A diferenza do Banato e Bačka, en 1860 Sirmia foi incorporada ao reino de Eslavonia, outro territorio separado da coroa austrohúngara. O reino de Eslavonia, despois, uniuse ao reino de Croacia para formar o novo reino de Croacia-Eslavonia, que fixo un pacto co reino de Hungría en 1867, converténdose así nunha parte autogobernada do reino de Hungría dentro do Imperio Austrohúngaro

Linguas[editar | editar a fonte]

As dúas linguas oficiais do Voivodato eran o alemán e o ilirio (que despois se convertería no serbocroata).

Grupo étnicos[editar | editar a fonte]

O Voivodato era etnicamente moi diverso, coas partes meridionais de Sirmia, o Banato e Bačka con asentamentos compactos serbios non incluídas nel (formaban parte da Fronteira Militar); mentres no Banato oriental, con maioría romanesa, si estaba incluído.

1846[editar | editar a fonte]

De acordo co censo de 1846, o territorio que formaba o voivodato incluía:[1]

1850/51[editar | editar a fonte]

De acordo co censo de 1850/51, a composición étnica do voivodato era a seguinte:[2]

(*) O número total de ilirios eslavos (serbios, bunjevci, šokci, e croatas) era de 386.906.

De acordo con outra fonte, en 1850/1851, a poboación do voivodato ascendía a 1.426.221 habitantes, incluíndo:[3]

1860[editar | editar a fonte]

En 1860, a poboación do voivodato ascendía a 1.525.523 habitantes, incluíndo:[4]

Relixión[editar | editar a fonte]

1851[editar | editar a fonte]

En 1851, a poboación do voivodato ascendía a 1.426.221 habitantes, que profesaban as seguintes relixións:[1]

1857[editar | editar a fonte]

En 1857, a poboación do voivodato ascendía a 1.526.105 habitantes, que declaraban profesar as seguintes relixións:[1]

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Mapa cos condados húngaros e croatas do Voivodato de Serbia a Banato de Temesvar despois de 1881.

Nun principio, o Voivodato foi dividido en dous distritos:

  1. Bačka-Torontal
  2. Timişoara-Caraş

Máis tarde, en cinco:[5]

  1. Lugoj (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 229.363 habitantes, incluíndo: 197.363 romaneses, 21.179 alemáns, 8.305 búlgaros, 1.505 húngaros e 612 serbios)
  2. Timişoara (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 316.565 habitantes, incluíndo: 159.292 romaneses, 101.339 alemáns, 34.263 serbios, 12.412 húngaros, 3.664 búlgaros, 2.307 šokci e 1.650 eslovacos)
  3. Torontal (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 388.704 habitantes, incluíndo: 126.730 alemáns, 124.111 serbios, 60.781 húngaros, 58.292 romaneses, 11.045 búlgaros, 3.752 croatas, 2.562 eslovacos e 1.421 xudeus)
  4. Novi Sad (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 236.943 habitantes, incluíndo: 100.382 serbios, 45.936 alemáns, 30.450 húngaros, 20.683 eslovacos, 13.665 šokci e 2.098 xudeus)
  5. Sombor

Gobernantes[editar | editar a fonte]

Títulos do emperador dos Habsburgo nun documento histórico de 1851: entre outros títulos, o emperador Francisco Xosé I era tamén Gran Voivoda do Voivodato de Serbia (en alemán: Grosswojwod der Wojwodshaft Serbien).

Grandes Voivodas[editar | editar a fonte]

Nota: o voivodato foi abolido en 1860, pero o emperador Francisco Xosé retivo o título de voivoda até a súa morte en 1916, e o título foi herdado polo último emperador Habsburgo Carlos I.

Gobernadores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lazo M. Kostić, Srpska Vojvodina i njene manjine, Novi Sad, 1999.
  2. Sima M. Ćirković, Srbi među evropskim narodima, Beograd, 2004.
  3. Dejan Mikavica, Srpska Vojvodina u Habsburškoj Monarhiji 1690-1920, Novi Sad, 2005.
  4. Dr Milenko Palić, Srbi u Mađarskoj - Ugarskoj do 1918, Novi Sad, 1995, páxina 285.
  5. Drago Njegovan, Prisajedinjenje Vojvodine Srbiji, Novi Sad, 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Clewing, Konrad: "Die doppelte Begründung der serbischen Wojwodschaft 1848–1851. Ethnopolitik im Habsburgerreich" in Konrad Clewing & Oliver Jens Schmitt (2005): Südosteuropa. Von vormoderner Vielfalt und nationalstaatlicher Vereinheitlichung. München: Verlag Oldenbourg. ISBN 3-486-57888-X

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]