Voivodía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A voivodía ou voivodato (Polaco: województwo) é unha división administrativa propia do leste de Europa e designa o territorio gobernado por un voivoda.
Actualmente, o termo designa as 16 provincias de Polonia. Tamén está relacionado co nome da provincia autónoma de Voivodina, no norte de Serbia.