Voitre negro
| Voitre negro | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Aegypius monachus | ||||||||||||
O voitre negro (Aegypius monachus) é unha ave da subfamilia dos voitres do Vello mundo (Aegypiinae), un dos poucos voitres que viven en Europa.
Índice |
Descrición [editar]
Mide ata máis dun metro de longo, cunha envergadura de alas de 250 a 295 cm. é un peso de 7 a 12 kg, o que o fai unha das aves voadoras máis pesadas é a falconiforme de maior tamaño. A plumaxe é uniformemente marrón escura, e ó lonxe parece negra. O pescozo, non moi longo, é rosa-azulado rodeado por plumas escuras. As alas son anchas e a cola ten unha lixeira forma de cuña. Non amosa dimorfismo sexual. Os inmaturos son algo máis escuros cós adultos.
Distribución e status [editar]
Viven no sur de Europa e na Asia central. En Europa encóntranse actualmente na Península Ibérica, en Mallorca, e no sur dos Balcáns. En Asia vive de Oriente próximo e norte da India ata o sur de Siberia, norte de China e Mongolia. Invernan en Sudán, no medio oriente, noroeste da India, Paquistán e Corea. As aves do sur de Europa son sedentarias; en Asia son en xeral as poboacións das zonas máis ó norte as que viaxan ó sur nos invernos fríos. Sobre todo en Europa reduciuse moito ou desapareceu en case tódalas áreas da súa antiga distribución. Xa non vive en Marrocos, Portugal, Italia a ex-Iugoslavia, Albania, Romanía, Moldavia e Israel.
En España a poboación medrou de 200 parellas reprodutoras en 1970 a case 1000 en 1992. En Mallorca hai unha organización para a protección da especie, que intenta tamén restablecela en Macedonia e o sur de Francia, mediante a solta de exemplares novos. En Mallorca había en 1991 uns 51 exemplares. En Grecia habería 16 parellas, unha en Bulgaria, de 3 a 6 na península de Crimea, na Rusia europea ó redor de 50. A situación en Asia é pouco coñecida. O IUCN calcula que a poboación total é de entre 7.200 e 10.000 parellas reprodutoras.
Viven en xeral en montañas e outeiros arborados, pero voan en campo aberto cando procuran alimento. En España prefire áreas de bosque mediterráneo; en Mallorca frecuenta os acantilados. Son máis axiña solitarios.
Alimentación e conduta [editar]
Estas aves carroñeiras aliméntanse de cadáveres de animais de tamaño mediano e grande. En ocasións, sobre todo no verán, cando falta o alimento, capturan lagartos ou tartarugas e nalgunhas ocasións pequenos mamíferos, coma esquíos e coellos. Ó redor dun cadáver é a variedade de voitre dominante. O seu bico forte permítelle comer partes duras coma músculos e coiros, cos que as veces traga osos pequenos.Evitan comer vísceras e expulsan as partes indixeribles en forma de egagrópilas.
Voa planeando, coa cabeza recollida e poucas veces bate as alas.
Reprodución [editar]
Son monógamos e fan os niños nas árbores, utilizan o mesmo niño, que van renovando ata que chega a ter un gran tamaño, varios anos. Non crían cada ano. A femia pon un ovo só, que incuban alternativamente os dous pais durante uns 55 días. Ata que o polo comeza a voar ten sempre a compañía dun adulto no niño.
Onomástica noutras linguas [editar]
- Alemán: Mönchsgeier
- Bielorruso: Chorni grif (Чорны грыф)
- Búlgaro: Cheren lexoiad (Черен лешояд)
- Catalán: Voltor negre
- Inglés: Eurasian Black Vulture
- Italiano: Avvoltoio monaco
- Español: Buitre negro
- Finlandés: Munkkikorppikotka
- Francés:Vautour moine
- Húngaro: Barátkeselyű
- Neerlandél: Monniksgier
- Polaco: Sęp kasztanowaty
- Portugués: Abutre-fusco
Galería [editar]
-
Voitre negro, Saint Louis Zoological Park
Literatura [editar]
- Josep del Hoyo, Andrew Elliot, Jordi Sargatal: Handbook of the birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Lynx Edicions, Barcelona, 1994. ISBN 84-87334-15-6
Ligazóns externas [editar]
- Fauna Ibérica: el buitre negro (en español) Información sobre especies animais da Península Ibérica.
- Fundación para la conservación del Buitre Negro (En español) Fundación para a conservación do voitre negro nas illas Baleares.