Voice crack
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Voice Crack | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | St. Gallen, Suíza |
| Período | 1972 - 2002 |
| Xénero(s) | Improvisación libre, Improvisación electroacústica, Música electrónica |
| Selo(s) discográfico(s) | Uhlang Produktions, Agaric, Erstwhile records, Grob |
| Membros | Norbert Möslang, Andy Guhl |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.kunstmuseumsg.ch/voicecrack/ |
Voice Crack foi un grupo suizo que tocaba música improvisada usando electrónica.
Formado a finais do 1972 por Andy Guhl e Norbert Möslang, Voice Crack adicáronse inicialmente ao free jazz. Comezaron a incorporar gravacións en cinta magnetofónica e a procesar o son en directo, abandonando no 1973 a instrumentación "normal" polo que eles chamaron "cracked everyday electronics": obxectos mundanos como "radios, pratos xiradiscos, transmisores, dictáfonos" e outros aparatos electrónicos son diseccionados e manipulados para producir "novos sons usando ondas magnéticas e ondas de radio nun sistema complexo controlado por movementos das súas mans e pola luz."[1]
A música resultante -varios zumbidos superpostos, clics, drones e oscilacións- foi descrita como "un arco de ondas magnéticas caendo en cascada a través do ceo mentres tres criaturas tricéfalas corren e remexen flora alieníxena ... ou polo menos sona a iso."[2], e foi comparada a algunha das obras de John Cage.[3]
Voice Crack colaboraron con Borbetomagus, Butch Morris (como parte dun grupo meirande), e foron membros de poire z.
Os membros de Voice Crack decidiron finalizar a súa colaboración no ano 2002 despois de trinta anos.
Discografía [editar]
- Como o dúo Möslang/Guhl
- Deep Voices (LP, FMP 1977)
- Brissugo (cassette, Uhlang Produktion 1980)
- Knack On (LP, Uhlang Produktion 1982)
- Werkstatt Eisen (cassette, Uhlang Produktion 1983)
- Voice Crack (LP, Uhlang Produktion 1984)
- Radio Laboratorium (cassette, Uhlang Produktion 1985)
- Draht (cassette, Verlag Versser 1987)
- Como Voice Crack
- Kick That Habit (LP, Uhlang Produktion 1986)
- Earflash (LP, Uhlang Produktion 1990)
- Below beyond above (CD, Uhlang Produktion 1997)
- Taken & changed (MP3, fals.ch 1998)
- infra_red (CD, Uhlang Produktion 1999)
- shock_late (LP, emm 2000)
- Ballchannel (7", meeuw muzak 2000)
- Colaboracións
- Borbetomagus and Voice Crack - Fish that sparkling bubble (LP, Uhlang Produktion/Agaric 1987)
- Borbetomagus and Voice Crack - Asbestos shake (CD, Uhlang Produktion/Agaric 1991)
- Borbetomaugs and Voice Crack - Concerto for cracked everyday-electronics and chamber orchestra (CD, Uhlang Produktion/Agaric 1994)
- Günter Müller, Voice Crack, Jim O'Rourke - Able chair and hatstand (CD, For4ears 1996)
- Otomo Yoshihide, Voice Crack - Bits, bolts and signs (CD, Erstwhile records 2000)
- Lionel Marchetti, Jérôme Noetinger, Voice Crack - double_wash (CD, Grob 2001)