Vladislav Illich-Svitych

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vladislav Markovich Illich-Svitych, nado en 1934 e finado en 1966, foi un lingüista ruso, considerado como o fundador da lingüística comparativa dos idiomas que forman a superfamilia do Nostrático.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descendente de ucraínos, naceu en Kiev, pero máis tarde pasou a vivir en Moscova. Illich-Svitych resucitou a moi esquecida hipótese do Nostrático, orixinariamente exposta polo lingüista danés Holger Pedersen en 1903, quen cuñara o termo Nostrático. Malfadadamente faleceu, moi novo aínda, antes de poder completar o Dicionario comparativo das linguas nostráticas, ambiciosa obra, que, porén, foi continuada polos seus colegas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]