Vladimiro I de Kíiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vladímir I de Kiev»)
Vladimiro I
Gran Príncipe de Kíiv
Vladimiro I de Kíiv

Reinado980-1015
Nome completoVladímir Sviatoslavich
Outros títulosPríncipe de Nóvgorod
Nacemento958
Falecemento15 de xullo de 1015
Mosteiro de Bérestovo
PredecesorYaropolk I
SucesorSviatopolk I
ConsorteRogneda de Polatsk
Ana Porfiroxéneta
DescendenciaIziaslav de Pólatsk
Yaroslav I o Sabio
Mstislav de Chernígov
San Borís e San Gleb
María Dobroniega de Kíiv
ProxenitoresSviatoslav I
Malusha

Na rede
WikiTree: Рюриковичи-2 Find a Grave: 66482963 Editar o valor em Wikidata

Vladimiro I de Kíiv, tamén coñecido como Vladimiro I o Grande, así como o Sol Vermello[1] e San Vladimiro,[2] nado como Vladímir Sviatoslavich (en ucraíno: Володимир Святославич; en ruso: Владимир I Святославич, Владимир Красное Солнышко; en eslavo oriental antigo: Володимеръ Святославичь), nado contra 958[3] e finado no Mosteiro de Bérestovo (Kíiv) en 1015, foi príncipe de Nóvgorod (970) e gran príncipe de Kíiv (980-1015).

Foi unha das grandes figuras da Rusia medieval (e de Ucraína), tanto desde un punto de vista político como espiritual.

Nome[editar | editar a fonte]

De acordo coa Crónica de Néstor, a crónica máis antiga da Rus de Kíiv, o seu nome real era Volodímer (en ruso antigo: Володимеръ).

Dependendo do idioma este nome pode ter variacións: en ucraíno moderno Володимир, en ruso moderno Влади́мир, en nórdico antigo Valdamarr e en nórdico moderno Valdemar.

Chegada ao trono[editar | editar a fonte]

Era fillo do príncipe Sviatoslav I e de Malusha,[4] unha escrava descrita nas lendas como profetisa que viviu até os 100 anos e que fora levada ao palacio desde a súa cova para predicir o futuro. O irmán de Malusha, Dobrynya, foi o titor de Vladímir e o seu gran conselleiro.

Sviatoslav designou a Vladímir como gobernante de Nóvgorod, mentres que a Iaropolk, o seu fillo lexítimo, deulle Kíiv. Despois da morte de Sviatoslav no ano 972 desatouse unha guerra entre Iaropolk e o seu irmán máis novo Oleg, rexente de Drevlinia, a terra dos drevlianos.

O ano 977 Vladímir visitou a Haakon Sigurdsson, gobernante de Noruega, e recrutou a maior cantidade de guerreiros viquingos que puido para que o axudasen a recuperar Nóvgorod. Ao ano seguinte, marchou contra Iaropolk. No seu camiño a Kíiv, enviou embaixadores a Rógvolod, príncipe de Polotsk, para pedirlle a man da súa filla Rogneda. A princesa rexeitou casar con el, pero Vladímir atacou Polotsk e tomou a Rogneda á forza.

Polotsk resultou un lugar clave, xunto con Smolensk, para a toma de Kíiv no ano 980. Foi coroado o 11 de xuño dese ano como Príncipe de Nóvgorod. Vladímir acusou a Iaropolk de traizón e, no mesmo ano de 980, despois da súa vitoria sobre a rus sur de Iaropolk,[5] fíxoo asasinar, e violou a súa muller Xulia (quen traería ao mundo pouco tempo despois un fillo, Sviatopolk, oficialmente fillo de Iaropolk, aínda que certas fontes afirman que sería en realidade fillo de Vladímir).

Comezou o seu reinado cunha serie de campañas vitoriosas contra os estados veciños (incluíndo os polacos e os búlgaros do Volga (musulmá) e o 11 de xuño de 980 foi proclamado príncipe da Rus de Kíiv Gran príncipe de Kíiv.

Reinado[editar | editar a fonte]

Xa como rexente do principado, Vladímir continuou expandindo os seus territorios. No ano 981 conquistou numerosas cidades situadas no que hoxe é a Galicia ucraína. E no ano 983 tomou o control da zona que se encontra entre Lituania e Polonia, ademais de construír moitas fortalezas e colonias ao redor do seu reino.

"O Bautismo de San Vladimiro"
por Viktor Vasnetsov.

A pesar de que o cristianismo xa gañara moitos adeptos, Vladímir permaneceu como pagán, chegando a ter até 800 concubinas e numerosas esposas,[6] erixindo estatuas e templos pagáns. Porén, por consello dos seus achegados, enviou varios emisarios a estudar as relixións de varios dos países veciños que lle pediran que se unise ás súas respectivas relixións. Finalmente, no ano 988 converteuse ao cristianismo, e iniciou a cristianización da Rus de Kíiv, debido ao marabillados que quedaron os seus emisarios ao llegar a Constantinopla e ver os festivais que a Igrexa bizantina preparara para eles.

No mesmo ano de 988, negociou a man da irmá do emperador Basilio II, Ana Porfiroxéneta. Foi a primeira voda realizada entre unha princesa grega e un pagán, para o cal Vladímir foi bautizado antes de poder formalizar o matrimonio. O bautizo e o matrimonio producíronlle grandes cambios no seu carácter. Ao seu regreso a Kíiv, derrubou todos os monumentos pagáns e construíu numerosas igrexas, entre elas a Igrexa da Dormición da Virxe. Foi a primeira igrexa de pedra de Kíiv, e ordenou a súa construción entre 989 e 996 por traballadores bizantinos e autóctonos para conmemorar o bautismo da Rus de Kíiv.

Porén, existe outra versión sobre a conversión de Vladímir ao cristianismo. No ano 987, Bardas Skleros o Mozo e Bardas Focas rebeláronse contra o emperador Basilio II. Os dous rebeldes uniron as súas forzas por un tempo, pero pouco despois Bardas Focas autoproclamouse emperador. Basilio pediu á Rus de Kíiv axuda, aínda que nesa época se consideraban inimigos. Vladímir accedeu a cambio da man da súa irmá e aceptou converterse ao cristianismo. Cando os preparativos para a voda terminaron, Vladímir enviou 6.000 efectivos das súas tropas varegas (viquingas) ao Imperio bizantino, que puxeron fin á revolta.[7].

Despois do seu matrimonio con Ana, formou un gran consello cos seus máis próximos conselleiros, ademais de cos seus 11 (ou 12) fillos que tivo coas súas esposas e concubinas.

Vladímir morreu en Beréstovo (Kíiv). Foi enterrado na Igrexa dos Décimos que el edificara. O seu corpo foi despois desmembrado e distribuído entre as súas numerosas fundacións sagradas e venerado como reliquia.

Considerado o principal fundador da Santa Rusia', tamén é un personaxe recorrente nas bilinas (былина) rusas, poemas épicos tradicionais, na poesía heroica dos eslavos orientais da Rus de Kíiv, continuando a tradición en Rusia e Ucraína. Nestes poemas épicos repeséntase xeralmente como soberano xusto e respectado polos seus súbditos, á imaxe das lendas celtas do rei Artur.

Segundo a crónica de Néstor,

Vladímir deixouse levar polo amor das mulleres... porque era vicioso como Salomón

. O bispo alemán Thietmar describiuno como fornicator immensus et crudelis, mentres que os cronistas se refiren aos centenares de concubinas que gardaba no seu palacio de Vishgorod.

Á súa morte, unha guerra de sucesión fratricida (1015-1019) estalou entre o seu sobriño Sviatopolk I e varios dos seus moitos fillos, entre eles Gleb e Iaroslav.

Familia[editar | editar a fonte]

Unións e descendencia[editar | editar a fonte]

Non se coñece o nome exacto dos seus fillos, nin mesmo se algúns deles son realemente seus (varios dos seus fillos teñen así mesmo unha nai suposta).

Vladímir e Rogneda (por Anton Losenko, 1770).

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Rúrik
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Ígor de Kíiv
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Sviatoslav I
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Olga de Kíiv
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Iaropolk I de Kíiv, pai de Vladímir
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Malk Liubechánina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Malusha
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Galerías[editar | editar a fonte]

Galería de retratos[editar | editar a fonte]

Galería de monumentos[editar | editar a fonte]

Galería numismática[editar | editar a fonte]

Galería filatélica[editar | editar a fonte]

San Vladimiro[editar | editar a fonte]

Vladímir foi canonizado, como San Vladimiro, e é venerado na Igrexa católica e na Igrexa ortodoxa. A súa festividade é o 15 de xullo. É o patrón de Rusia e de Ucraína.

Legado e homenaxes[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Iaropolk I
Gran Príncipe da Rus de Kíiv

Rus de Kíiv
Gran Príncipe de Kíiv e Nóvgorod
978 - 1015

Sucesor:
Sviatopolk I

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nas epopeas.
  2. Na Igrexa católica.
  3. As fontes diverxen, pero indican todas unha data de nacemento comprendida entre de 956 e 960.
  4. The New England Historical and Genealogical Register (1846-), Boston, Massachusetts: New England Historic Genealogical Society, 1846-), FHL book 974 B2ne; CD-ROM No 33 Parts 1-9; See FHL., vol. 150 p. 427, 32.
  5. Den hellige Vladimir av Kiev (~956–1015), en Katolske Kirke (en noruegués).
  6. Franklin, S; Shepard, J. (1998). The Emergence of Rus 750-1200 (en inglés). Longman. pp. 190. ISBN 978-0582490918. 
  7. Histoire de Yahya-Ibn-Said d'Antioche Continuateur de Sa'id-Ibn-Bitrik (texto árabe e francés) editado e traducido por I. Kratchkovsky e A. Vasilev, Patrologia orientalis ed. por R. Graffin e F. Nau, XXIII, París, 1932.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dvornik, Francis (1970): "La Russie de Kiev" en Les Slaves histoire, civilisation de l'Antiquité aux débuts de l'Époque contemporaine, París: Seuil, pp. 171-228.
  • Moss, Walter G. (2002): A History of Russia. Volume I: To 1917. 2ª ed. Londres: Anthem Press. ISBN 1-84331-023-6
  • Volkoff, Vladimir (1981): Vladimir, le Soleil rouge. París e Lausanne: Julliard. ISBN 2-260-00268-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]