Vivérridos
| Vivérridos | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Algaria |
|||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Subfamilias | |||||||||||||||||||
|
Véxase o texto |
|||||||||||||||||||
Os vivérridos (Viverridae) son unha familia de mamíferos da orde Carnivora, que inclúe ás xenetas ou algarias e ás civetas. Son de corpo pequeno, maiormente arbóreas; da orde dos carnívoros. Parécense aos gatos, mais teñen o fuciño máis semellante ás mangostas. A súa lonxitude, excluíndo a súa longa cola, vai de 40 a 70 cm, e o seu peso oscila de 1 a 5 kg, con extremo nos manturóns de 13 kg. Coñécense 32 especies.
En Sri Lanka, as especies coñécense como "Kalawedda" pola comunidade de fala Sinhala. Aínda que moitos usan os termos "Uguduwa" e "Kalawedda" intercambiantes, aínda que "Uguduwa" refire á civeta palmeira máis que ao gato civeta. Os vivérridos son nativos dos trópicos do Vello Mundo, toda África, sur do Mediterráneo, Madagascar, e a Península Ibérica. Os seus mellores hábitats: terras inundables, sabanas, montañas e, sobre todo, selvas tropicais. En consecuencia, coa perda do hábitat; están sendo consideradas especies vulnerables.
Clasificación [editar]
- Subfamilia Hemigalinae
- Xénero Chrotogale
- Xénero Cynogale
- Xénero Diplogale
- Xénero Hemigalus
- Subfamilia Paradoxurinae
- Subfamilia Viverrinae
- Xénero Civettictis
- Xénero Genetta
- Xénero Osbornictis
- Xénero Poiana
- Xénero Prionodon
- Xénero Viverra
- Xénero Viverricula