Vito de Lucania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Vito
Vitus CXXVr.jpg

San Vito, imaxe nas Crónicas de Nuremberg, 1493.
Mártir
Biografía
Nacemento c. 290 en Sicilia
Pasamento c. 303 en Lucania, actualmente Basilicata (Italia)
Proceso de canonización
Canonización Anterior á Congregación
Veneración
Venerado/a en Igrexa Católica
Igrexa Ortodoxa
Festividade 15 de xuño
Atributos Representado nun caldeiro, cun galo ou un león
Patrón/a de Actores, comediantes, Checoslovaquia, bailaríns, cans, epilepsia, Mazara del Vallo, Forio, Praga, República Checa, Rijeka, Serbia, Vacha, Zeven, Baixa Saxonia

San Vito, nado en Sicilia a redor do ano 290 e finado en torno ao ano 303 en Lucania (Italia), é un santo católico que viviu durante a persecución aos cristiáns e morreu como mártir da Igrexa a mans dos emperadores Diocleciano e Maximiano. Forma parte do grupo dos Santos Auxiliadores e a súa festividade ten lugar o día 15 de xuño.