Vito Corleone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vito Corleone é un personaxe ficticio, protagonista do primeiro libro e película da saga O Padriño, ademais de semi-protagonista en O Padriño II. Encarna ao xefe da familia Corleone, unha mafia siciliana que se atopa na cidade de Nova York, entre os anos 1940 e 1950. Tamén é coñecido polo alcume máis íntimo de Padriño. Este personaxe é protagonista da novela de Mario Puzo titulada O Padriño e, foi representado no cine por Marlon Brando en O Padriño e por Robert De Niro en O Padriño II entre 1972 e 1974.

Na novela o personaxe ten catro fillos: Santino, Constanzia, Frederico e Michael Corleone, ademais de Tom Hagen, que é adoptado. Na película, ten tamén catro fillos, que son Michael Corleone, Santino Corleone "Sonny", Fredo Corleone e Connie Corleone. Ademais de Tom Hagen, que é adoptado. No transcurso da historia só perde a Santino, que é tiroteado nunha casa de peaxe.

Diferentes mortes[editar | editar a fonte]

  • Na película: morre xogando co seu neto mentres coidaba as súas plantas.
  • No libro: morre cando o seu neto corre cara a el cun "resplandor dourado".