Vitimiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitimiro
Nacementoséculo IIIxuliano
Falecemento376
Ocupaciónmonarca
FillosViderico
editar datos en Wikidata ]

Vitimiro (tamén Withimer) era un membro da familia de Hermanarico e en 375 foi elixido rei dos grutungos (375-376)[1] despois de que Hermanarico se suicidase.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que algúns autores o consideran fillo de Hermanarico, Wolfram é de opinión absolutamente contraria aceptando, en todo caso, que fose membro da súa familia.[2]

Vitimiro foi elixido rei nun momento en que o pobo ostrogodo vivía nunha situación moi precaria e sufriu varias derrotas fronte aos hunos. En 376, os ostrogodos sufriron unha derrota terríbel, onde o propio Vitimiro morreu.[3] Como o fillo de Vitimiro, Viderico, era aínda un neno, dous xenerais experimentados asumiron a rexencia ata que cumprise 21 anos: Alateo e Sáfrax.[4] Tras esta derrota a mans dos hunos, os ostrogodos dirixidos por Sáfrax e Alateo dirixíronse xunto cos visigodos cara ao Dnister, e máis adiante en dirección ao Danubio e o Imperio Romano, mentres que outro grupo importante foi sometido polos hunos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heather, 1996, pp. 98-101
  2. Wolfram (2001), p. 253
  3. Amiano Marcelino, Res gestae, XXXI, 3
  4. Kulikowski (2007), p. 126

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Hermanarico
Rei dos grutungos
375 - 376
Sucesor:
Sáfrax e Alateo como rexentes