Vista dende a ventá en Le Gras
Vista dende a ventá en Le Gras (en francés, A cour du domaine du Gras) é a fotografía permanente máis antiga que se conserva. Foi tomada por Nicéphore Niépce en 1826, desde unha ventá do terceiro piso da súa casa de campo en Le Gras, Saint-Loup-de-Varennes, Francia.[1]
Niépce capturou a foto cunha cámara escura enfocada nunha folla de 20 × 25 cm tratada con betume de Xudea. Como resultado das 8 horas de exposición, a luz do sol ilumina os edificios de ámbolos dous lados.
Despois dunha viaxe sen éxito a Gran Bretaña para tentar que a Royal Society se interesara no proceso, Niépce deu a foto ó botánico Francis Bauer. Foi exhibida ó público en 1898 por última vez, e posteriormente foi esquecida. Foi adquirida polo coleccionista Helmut Gernsheim, que volveu sacala á luz en 1952 e a Eastman Kodak Company realizou unha copia.
En 1973, a Universidade de Texas adquiriu a colección de Helmut Gernsheim.
Hoxe en día, exhíbese no Harry Ransom Humanities Research Center na Universidade de Texas en Austin.
A revista Life a púxoa na súa lista das "100 fotografías que cambiaron o mundo".[2]