Virusoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os virusoides son moléculas de ARN circular monocatenario infectivas sen cápsida propia parecidas aos viroides, que para a súa replicación e encapsidación dependen doutro virus de plantas. [1] [2]O seu xenoma está formado por ARN monocatenario circular e é moi pequeno, xa que consta só duns centos de nucleótidos e non codifica proteínas.

Os virusoides son similares aos viroides en tamaño e modo de replicación do ARN (polo mecanismo dos "círculos rodantes"), pero diferéncianse en que os viroides poden replicarse por si sós utilizando encimas do hóspede, polo que non necesitan o acompañamento doutro virus para replicarse, e os virusoides deben infectar xunto con outro virus específico para a súa replicación. O virus do que dependen denomínase virus axudante (helper virus), e tamén os encapsida. Isto é característico de todas as partículas subvirais satélites, das que os virusoides forman parte.

Aínda que os virusoides son estudados pola viroloxía, non son considerados virus, senón partículas subvirais. Como dependen doutro virus para poder infectar clasifícanse dentro do grupo máis amplo dos satélites. Nas clasificacións taxonómicas aparecen clasificados como Satélites/ácidos nucleicos satélites/Subgrupo 3: ARNs satélites circulares. Neste grupo están incluídos todos os satélites sen cápsida e con ARN monocatenario circular, que son os virusoides. Algúns satélites codifican proteínas da cápsida e outros non e poden ter ADN ou ARN segundo a especie (os virusoides son sempre de ARN monocatenario e sen cápsida). Na literatura non sempre se distinguiu ben estre os termos virusoide e satélite, de modo que ás veces virusoide pode aparecer utilizado nun sentido amplo referíndose a todos os satélites, pero en realidade os virusoides son un subgrupo dentro dos satélites.

Exemplos de virusoides son:


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Symons RH. The intriguing viroids and virusoids: what is their information content and how did they evolve? Mol Plant Microbe Interact. 1991 Mar-Apr;4(2):111-21.
  2. Virusoid (Molecular Biology) [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]