Virus do mosaico do tabaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virus do mosaico do tabaco
Micrografía electrónica de partículas do TMV tinguidas para mellorar a súa visibilidade (aumento de 160.000x)
Micrografía electrónica de partículas do TMV tinguidas para mellorar a súa visibilidade (aumento de 160.000x)
Clasificación científica
Grupo: IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Familia: Virgaviridae
Xénero: 'Tobamovirus'
Especie: ''Tobacco mosaic virus''
Un monómero da cápside da variante longa do TMV

O virus do mosaico do tabaco (VMT), Tobacco mosaic virus ou TMV, é un virus ARN que infecta plantas, especialmente ao tabaco e a outros membros da familia Solanaceae. A infección produce manchas características nas follas (de alí o seu nome).

Foi o primeiro virus descuberto. Desde fins do século XIX sabíase que esta enfermidade infecciosa danaba as colleitas de tabaco, pero ata 1930 non se puido determinar que o axente infeccioso era un virus.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1883, Adolf Mayer fixo a descrición inicial da enfermidade, indicando que podía transferirse entre plantas de maneira similar ás infeccións bacterianas.[1] Dimitri Ivanowski deu a primeira evidencia concreta da súa existencia en 1892. En 1898, Martinus Beijerinck demostrou que un medio de cultivo filtrado e libre de bacterias seguía contendo o axente infeccioso.[1]

En 1935, Wendell Meredith Stanley cristalizou o virus e demostrou que permanece activo logo da cristalización.[1] Por este traballo, compartiu un cuarto do Premio Nobel de Química en 1946,[2] aínda que despois se demostrou que algunhas das súas conclusións (en particular, que os cristais eran proteínas puras, que se ensamblaban por autocatálise) eran incorretas.[3] As primeiras imaxes de microscopio electrónico do VMT foron realizadas en 1939 por Gustav Kausche, Edgar Pfankuch e Helmut Ruska (irmán do gañador do Nobel Ernst Ruska).[4] En 1955, Heinz Fraenkel-Conrat e Robley Williams demostraron que o ARN do VMT e a proteína da súa cápside ensamblan por si mesmos orixinando o virus funcional, indicando que esta é a estrutura máis estable (a que ten a enerxía libre máis baixa), e probablemente o mecanismo natural de ensamblaxe sexa dentro da célula hóspede.

A cristalógrafa Rosalind Franklin traballou para Stanley durante cerca dun mes en Berkeley, e logo deseñou e construíu un modelo do VMT para a Exposición Xeral de primeira categoría de Bruselas (1958). En 1958, ela especulou que o virus era oco, non sólido, e hipotetizou que o ARN do VMT era monocatenario. Esta conxectura comprobouse logo da súa morte, e agora sábese que o seu ARN é unha fibra con sentido positivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 S.D Kung y S. F. Yang (1998). "The Discovery of the Causal Agent of the Tobacco Mosaic Disease". Discoveries in Plant Biology..
  2. Biografía de Stanley no sitio do Premio Nobel.
  3. [1] Kay, L.E. (1986). W. M. Stanley's Crystallization of the Tobacco Mosaic Virus, 1930-1940. Isis 77: 450-472.
  4. G.A. Kausche, E. Pfankuch and H. Ruska (1939), Die Sichtbarmachung von pflanzlichem Virus im Übermikroskop, Naturwissenschaften 27: 292-299.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]