Virtuoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un virtuoso (do latín virtus, que significa: virtude, habilidade, excelencia) é unha persoa que posúe unha habilidade fora do común empregando un instrumento musical.[1] Durante a época da música barroca, moitos, se non todos os compositores eran tamén virtuosos nos seus respectivos instrumentos.

Historia[editar | editar a fonte]

O significado de virtuoso ten a súa orixe na Italia dos séculos XVI e XVII, significando un termo honroso reservado ás persoas distinguidas nalgún área intelectual ou artística, sendo outorgado a un gran número de músicos. O termo evolucionou co tempo, alargando e simultaneamente estreitando as interpretacións que tiveron máis ou menos uso. Orixinalmente un músico era honrado coa distinción sendo compositor, teórico ou un famoso director de orquestra, e o máis importante de todo, sendo un artista de grandes cualidades. [2]

Sebastien de Brossard no seu Dictionaire de Musique aborda a palabra virtuoso pola súa orixe latina virtu, enfatizando a formación excepcional, especialmente a parte teórica.[3][4] Esta posición foi tamén defendida por Johann Gottfried Walther en Musicalisches Lexicon (1732), dando máis valor ao teórico que ao intérprete. En Der brauchbare Virtuoso (1720) Johan Matthenson mantén o respecto polo tradicional "theoretische Virtuosen" (virtuoso teórico), mais tamén presta tributo ao "virtuosi prattici" (virtuoso prático).[5]

Mais o énfase ao virtuoso teórico tamén foi defendida por Johann Kuhnau no seu libro Der musikalische Quack-Salber (1700), onde define "músico altamente dotado" ou "virtuoso práctico" como nada máis que unha persoa con gran práctica.

Máis tarde, no século XVIII, o termo comezou a ser empregado para describir ao músico, instrumentista ou vocalista que tiña unha carreira como solista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de virtuoso.
  2. Grove Music Online (14 de marzo de 2006). "Grove Music Online". http://www.grovemusic.com.[Ligazón morta]
  3. Sebastien, de Brossard (1703). Dictionaire de Musique (2ª Edición ed.). Paris: Christophe Ballard.
  4. Joëlle Morton (24 de agosto de 2006). "Brossard". http://www.greatbassviol.com/brossard.html.[Ligazón morta]
  5. edition-tre-fontane.de [Ligazón morta]